9 nov. 2010

PABLO 3º JUNIOR NO RANKING MUNDIAL DA UCI DE CICLOCROSS


Pablo Rodriguez situase no 3º posto do ranking mundial da UCI de ciclocross na categoria junior.

Na actualización realizada hoxe pola UCI, do ranking de ciclocross , o corredor de Maceda , que acumula un total de 22 puntos situase terceiro no ranking UCI, detras do suizo Lars Foster e do belga Laurens Sweeck. Unha gran noticia para o corredor macedán e toda a xente do CC Maceda, asi como para o ciclocross galego, situarse provisionalmente neste ranking. A elaboración do ranking faise en base o puntos colleitados polos corredores nas diferentes probas puntuables que hai por todo o mundo.

Pablo que esta a realizar un gran comezo de temporada , desprazarase este fin de semán, xunto co resto de integrantes do CC Maceda, a localidade zamorana de Villaralbo, para participar na 1ª proba puntuable para a Copa de España de Ciclocross.


Ranking UCI:

1 comentario:

  1. No es por criticar pero si en el blog pusierais las entradas también en castellano se agradeceria bastante...y sería una visita mucho más agradable por la página.

    Saludos

    ResponderEliminar