30 dic 2013

IVAN FEIJOO CAMPION DE GALICIA CADETE DE CICLOCROSS

SAUL 3º SUB23, RAUL 3º JUNIOR, XIANA 2ª JUNIOR E J. MANUEL 3º M5O TAMEN SUBIRON O PODIUM NO CAMPIONATO DE GALICIA DE CICLOCROSS









Este domingo celebraronse na localidade de Dumbria os campionatos de Galicia de Ciclocross 2013, e a colleita non poido se millor para os nos@s corredores/as, pechando asi un gran ano. Asi en Cadetes, IVAN FEIJOO refrendaba a sua gran tempada, neste seu primeiro ano como cadete, no que leva vencido en todas as carreiras nas que ten participado en Galicia, e gañaba con total autoridade e proclamabase Campión de Galicia. Na mesma categoría, ROMAN SAA , era 6º, nunha xornada na que os nervios o traicionaban, pero que non pode empañar a gran tempada que esta a realizar. En juniors, RAUL GONZALEZ subia o podium , sendo 3º nunha carreira moi disputada e apretada, e na que tivo que pelexar ata o final polo 3º posto. XIANA CONDE, era 2ª , nun dia no que os problemas fisicos a limitaron. Outro dos protagonistas foi SAUL LOPEZ, que finalizaba 3º na dificil categoria de Sub 23 , despois de realizar unha gran carreira, e na que vencia o macedán e actual Campión de España de BTT,  Pablo Rodriguez. O ultimo podium chegaba en M50 con J.MANUEL no 3º posto. Xulio Conde quedaba as portas do podium en M40, rematando 4º e Antonio Saa 17º. Asi pois un gran dia para os nosos corredores...


22 dic 2013

VICTORIA DE IVAN FEIJOO EN CADETES NO CX DE PORRIÑO.


Ivan Feijoo sumaba unha nova victoria esta tempada, as portas dos campionatos de Galicia de Ciclocross , no XXXVII Trofeo de Ciclocross Vila de Louro, en Porriño, na categoria de Cadetes. Roman Saa era 4º na mesma categoria quedando as portas do podium, a mesma posicion que ocupaba Raul Gonzalez en Juniors. Xiana era 2ª junior e 5ª na xeral de Feminas. En Master 40 Xulio era 10º. En Master 50 , Jose Manuel era 4º. A seguinte cita, os campionatos de Galicia en Dumbria o vindeiro fin de semán.

21 dic 2013

VICTORIA DE IVAN FEIJOO E XIANA NO CX DE MARIN. ROMAN 3º CADETE E SAUL 3º EN SUB 23


Este sabado disputouse en Marin o XII TROFEO DE CICLOCROSS RIA DE MARIN, coa victoria de Ivan Feijoo en Cadetes, sumando unha victoria mais esta tempada, e estando acompañado de novo, no podium polo seu compañeiro de equipo Roman Saa , que era 3º . Xiana Conde, tamén se levaba a carreira de Juniors, sendo 3ª absoluta na carreira de feminas. Saul Lopez era 3º en Sub23, no seu primeiro podium da tempada. Raul Gonzalez era 4º en juniors. En Master 40 Xulio era 7º e Antonio Saa 18º. En master 50 , Jose Manuel era 4º.

15 dic 2013

VICTORIAS DE PAULO GONZALEZ E CHUS BARROS NO VI CX CASTELO DE MACEDA






O VI Ciclocross Castelo de Maceda, xa é historia. Este ano a victoria na categoria raiña foi para Paulo Gonzalez ( CC Salvaterra de Miño) no apartado de homes , e para Chus Barros ( Spol) no de Mulleres.
O dia presentouse soleado e o circuito seco e moi rapido, pero ainda asi fixose duro, como manifestaban os participantes o remate da proba. Foron casi 150 os participantes chegados de toda Galicia, Zamora, Asturias e Portugal. No que respecta a actuacion dos nosos, destacar os 6 podiums colleitados, entre os que se atopan as victorias de IVAN FEIJOO, en Cadetes, que conta este ano as suas carreiras en Galicia, por victorias, e de XIANA CONDE en Juniors. Estas victorias sirvenlle para afianzarse como lideres do ranking galego nas suas respectivas categorias. Tamén subiron o podium , RAUL GONZALEZ, en junior, ROMAN SAA en Cadetes , Jose Manuel en M50 e Xulio Conde en M40. Asi pois moi bo balance , na carreira da casa, e diante do noso publico, que como anos anteriores, poido disfrutar de bonitas e intensas carreiras e do xa tradicional chocolate.
Clasificacions completas:
http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/1277_Internet.pdf
Fotos de Luz Maria Iglesias
https://picasaweb.google.com/114831358335341071162/Ciclocross2014Maceda?noredirect=1
Fotos de Jose Ribo
https://plus.google.com/photos/112791761760614773609/albums/5957559497198765265

11 dic 2013

VI CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA


Este sábado, dia 13 de decembro , a partir das 15:00 horas, e nos arredores do Castelo de Maceda, organizamos o VI CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA, proba incluida no calendario galego de Ciclocross. O circuito, será o mesmo que en anos anteriores, con saida e chegada na rua paralela o IESP SAN MAMEDA, e que transcurrira polo entorno do Castelo de Maceda.
Os horarios aproximados das probas son os seguintes:
15:00 : FEMINAS (Todas as categorias) E CADETES
15:45: MASTER 30,40,50
16:30: ELITE/SUB 23 , SENIOR E JUNIOR

O horario de inscripcion será de 13:00 a 14:30 horas, na zona da saída.



9 dic 2013

VICTORIAS DE IVAN EN CADETES E XIANA EN JUNIORS NO CX DE MOSENDE


Este domingo, chegaba a 2ª proba da ponte de ciclocross do calendario galego, con unha das probas de mais tradicion o XXXVII Trofeo Horacio Barros, celebrado en Mosende, na coñecida como a catedral do Ciclocross Galego. Nunha maña moi moi fria, cunha intensa neboa e temperaturas baixo cero, os nosos voltaron a estar a un bo nivel, e asi Ivan Feijoo vencia en Cadetes, e Xiana Conde en Junior. Raul Gonzalez era 4º en Junior ao igual que Xulio en M40. Saul finalizaba 8º na carreira Elite. Roman Saa, era 10º en cadetes, nunha maña na que o frio lle poido.

VICTORIAS DE IVAN EN CADETES E XIANA EN JUNIORS EN BOIRO .RAUL 2º EN JUNIOR


Este venres celebrouse en Boiro unha nova proba do calendario galego de Ciclocross, nun circuito xa clasico no calendario galego, e que transcurre polo paseo maritimo e zona de praia., e que este ano cambio de sentido con respeto a anos anteriores. En cadetes, Ivan sumaba unha nova victoria, con Roman Saa en 4º lugar. En Juniors, Raul Gonzalez era 2º , na mentras que Xiana era 1ª na proba junior, sendo 3ª na xeral absoluta. Saul ,era 10º na carreira de Elite. En M 40 Xulio era 6º, e en M50 , 4º. Asi pois bo balance para @s nos@s

4 dic 2013

XIANA 8ª, IVAN 11º E RAUL 12º NA COPA FEDERACION CX DE NAVIA



O domingo 1, celebrouse en Navia (Asturias) unha nova proba puntuable para a COPA FEDERACION DE CICLOCROSS, no mesmo circuito que o ano pasado se celbraran os Campionatos de Espaaña. De moi boa se pode calificar a actuacion dos corredores/as do ACTYON-MERIDA-ACADEMIA POSTAL, xa que IVAN FEIJOO era o 11º en Cadetes, e ROMAN SAA o 18º. XIANA CONDE era a 8ª en feminas junior e RAUL GONZALEZ o 12º en junior. En M40 Xulio finalizaba o 11º . Asi pois , moi bo nivel para a canteira macedan nunha proba de maximo nivel.

VICTORIA DE IVAN , E PODIUMS DE XIANA E ROMAN NO CX DE DUMBRIA




Este sábado, 30 de novembro, disputouse en Dumbria unha nova proba do calendario galego de Ciclocross, no mesmo circuito , no que a finais de Decembro vanse celebrar os Campionatos de Galicia de Ciclocross. A xornada foi moi boa para os integrantes do ACTYON-MERIDA-ACADEMIA POSTAL, xa que en cadetes vencía IVAN FEIJOO, con ROMAN SAA en 3º lugar despois dun apretado sprint. En juniors, RAUL GONZALEZ , era 5º , nunha chegada tamén ao sprint, na loita pola 3ª posicion. En Feminas junior, XIANA CONDE era 2ª. Destacar a volta a competición de SAUL LOPEZ, que na proba de Elite finalizaba en 8ª posicion, sendo o 3º entre os SuB23, e amosando un bo nivel.  En M50 Jose Manuel finalizaba 2º , e en M40 Xulio Conde era 4º, Antonio Saa era 18º.

26 nov 2013

VICTORIAS DE IVAN FEIJOO (CADETES) E XIANA CONDE (FEM JUNIOR) NO CX DE SANTIAGO


O domingo, 24 celebrouse en Santiago o XII Trofeo de Ciclocross de Santiago , organizado polo CC Compostelano, proba incluida no calendario estatal de Ciclocross. A xornada foi de novo moi positiva para @s integrantes do noso clube, acadando 2 victorias a de IVAN FEIJOO en Cadetes, e a de XIANA CONDE, en Feminas Junior. Ademais, ROMAN SAA foi 3º en Cadetes e RAUL GONZALEZ, 3º en Juniors. Jose Manuel Gonzalez foi 3º en M 50. Asi pois, unha gran xornada para a canteira macedán do ACTYON-MERIDA-ACADEMIA POSTAL, que tan boa tempada esta a facer dentro do calendario galego de ciclocross.

17 nov 2013

VICTORIA DE IVAN FEIJOO, E ROMAN SAA 2º EN CADETES NO CX DE O ROSAL. XIANA 2ª EN JUNIORS


Onte comezou en O Rosal a tempada galega de CX, nunha xornada soleada e primaveral, e na que os nosos tiveron unha actuacion moi destacada. Asi, en Cadetes, IVAN FEIJOO e ROMAN SAA , domiñaban a carreira, estando a un gran nivel , rematando 1º e 2º , e acadando asi , un bonito doblete. XIANA CONDE , era 2ª en Juniors. RAUL GONZALEZ, era 4º en juniors, entrando o sprint con 3º, e realizando tamén unha gran carreira. O ultimo podium da xornada chegaba en Master 40 con Xulio de 2º. Asi pois gran arranque de tempada para o noso clube, en Galicia.

12 nov 2013

IVAN 15º, RAUL 14º E XIANA 7ª EN ELORRIO


Este domingo disputouse en Elorrio, a 4º proba puntuable para a Copa Federacion de Ciclocross. As condicions da carreira foron de autentico ciclocross, con barro e auga, o que endureceron a carreira. Os nosos, estiveron a un bo nivel, asi en Cadetes, IVAN FEIJOO, que tan ben se esta adaptando a esta disciplina no seu primeiro ano, era 15º, nunha carreira accidentada, despois de ter sufrido unha dura caida a poucos metros da saída , que provocou que quedara ultimo e tivera que ir recuperando toda a carreira. Pero non so foi a caida, si non que ademais sufria un pinchazo a metade de carreira. Ao final un meritorio 15º posto. En Juniors RAUL GONZALEZ , tamén realizaba unha boa carreira e finalizaba o 14º. XIANA CONDE era 7ª en Feminas Junior. En Master 40 Xulio Conde era o 19º e en Master 50 Jose Manuel tamén era o 19º.

5 nov 2013

DOBRE CITA DA COPA FEDERACIONES EN LLODIO E MUSKIZ

IVAN FEIJOO 9º EN LLODIO, O  MAIS DESTACABLE.






Este fin de seman, houbo dobre cita da COPA FEDERACIONES DE CX, en terras de Euskadi. O sabado 2, a cita era en Llodio, nun circuito seco, e cun dia soleado e de calor. Ata ala se desprazou unha ampla expedicion do noso clube , entre corredores e familiares. En cadetes, Ivan Feijoo, amosou o ben que se vai adapatando a esta disciplina e na sua segunda carreira de CX, e como cadete, remataba 9º . Roman Saa era o 31º. En juniors , Raul Gonzalez era o 24º, e en feminas junior Xiana Conde era a 8ª. En Master 40 Xulio era 21º e Antonio Saa 43º, na mentras que J. Manuel era o 27º en master 50 . Destacar os casi 400 corredores que tomaron parte nesta proba que foi presenciada por numerosisimo publico.
O domingo 3, a cita foi en Muskiz, organizada polos nosos amigos do Mendiz Mendi. A choiva caida durante a noite, embarrou o circuito. A maña presentouse soleada pero o circuito con barro. En Cadetes Ivan Feijoo voltaba a realizar unha gran carreira, rematando o 17º , despois de ter sufrido un par de caidas cando rodaba o 11º. Roman Saa finalizaba o 40º. En Juniors Raul tamén estaba a un bo nivel e era o 23º. Xiana Conde era a 10ª na categoria de Feminas Junior. En M40 Xulio era o 19º, Antonio Saa o 47º, e en M50 Jose Manuel o 26º.
A vindeira cita, o proximo fin de seman en Elorrio.

24 oct 2013

XIANA 7ª E RAUL 14º NO CX DE VILLARCAYO




Este domingo, 20 de Outubro, celebrouse en Villarcayo unha nova edicion do xa clasico Ciclocross de Villarcayo, unha das millores probas do calendario estatal de ciclocross, e a que acuden os millores especialistas de todo o estado. O dia presentabase sin choiva e o circuito, rapido e seco. Acudiamos con 4 corredores/as . Os resultados , foron bos, dentro do esperado. Asi Xiana Conde, era 7ª entre as feminas junior, realizando unha boa carreira, e millorando con respecto a anterior proba. En juniors, Raul Gonzalez era 14º , realizando tamen unah gran carreira, xa que partia das ultimas posicions... Asi pois bo balance, e a preaparar as seguintes citas, que seran xa en terras vascas, en Llodio e Muskiz, no primeiro fin de seman de novembro.

17 oct 2013

O SABADO 19, TODOS CON JOSE MANUEL JORGE!!!!


Este sábado 19, a partir das 15:30 horas, organizase en Verin , unha Marcha e unha Andaina en apoio ao xoven ciclista JOSE MANUEL JORGE, que sufriu un grave accidente cando iba en Bici , alo no mes de xullo e que se atopa recuperando das graves secuelas sufridas. Jose Manuel , pertenceu durante uns anos ao noso clube, e na actualidade estaba no BTT Chaves. Este evento pretende mostrar o apoio da xente a Jose Manuel e a sua familia nestes momentos tan complicados, tanto moral, como económico, para o que tamen esta aberta unha conta en La Caixa 2100-4148-23-2200113367 . Dende o noso Clube e Escola, animar a todos e todas as que poidan a participar neste evento organizado polo BTT Verin e apadrinado por Ruben Rios.

8 oct 2013

COMEZOU A COPA FEDERACION DE CICLOCROSS EN OVIEDO


Este domingo comezou en Oviedo oficialmente a temporada de Ciclocross, coa primeira proba puntuable para a Copa Federacion de Ciclocross, celebrada nunha maña calurosa na capital asturiana. En canto a nosa participacion, os resultados foron bos, tendo en conta o cambio de categoria de varios dos rapazes. Asi Ivan Feijoo, que corria a sua primeira carreira como Cadete, e tamen a sua primeira carreira de CX, realizaba unha boa carreira finalizando 14º. O seu compañeiro de categoria, Roman Saa , tamén nunha boa carreira , finalizaba 16º. En Juniors Xiana Conde, que tamén estreaba categoria finalizaba a 7ª. Raul Gonzalez era o 17º. En canto os master 40, Xulio era 19º, Antonio Saa o 42º  e en master 50 Jose Manuel Gonzalez o 13º
Clasificacions completas:
http://cxperience.es/2013/wp-content/uploads/2013/10/ClasificacionesMMRCXperience2013.pdf

29º DIA DA BICI DE OURENSE


Bonito detalle por parte dos organizadores do 29º DIA DA BICI de OURENSE de convidar os rapazes e rapazas das Escolas do noso clube , a Escola JA Hermida, e a Escola O Pereiro de Aguiar , para abrir unha marcha polas ruas da capital ourensana, e na que participaron mais de 5.000 persoas. Os mais pequenos do clube,  pasaron un bonito dia, disfrutando da marcha en favor do uso da bicicleta.

1 oct 2013

IVAN E AIDA VENCEN NO MINI BTT DE TUI NA DESPEDIDA DA TEMPORADA DE MINIBTT

 Este fin de seman rematou a temporada 2013 de Mini BTT, coa proba celebrada en Tui e organizada pola Fundacion Oscar Pereiro, nunha xornada marcada pola intensa chuva e vento que houbo durante a proba, pero que non evitou que os mais pequenos disfrutaran... En canto aos resultados, destacar a victoria de IVAN FEIJOO, unha mais esta temporada, coa que  se despedia da categoria infantil, xa que na temporada de Ciclocross que esta a piques de empezar, xa se estrenara como Cadete. En alevins, tamén vencia AIDA GONZALEZ, con NOELA SAA, en 2º lugar. En Principiantes, BREOGAN DIZ, era 2º e MARTIN GONZALEZ, 5º , despois da caida sufrida na segunda manga. En Prebenxamins, HUGO GONZALEZ era 5º. Tamen estiveron a gran nivel, AARON, MANUEL , DAVID e XACOBE en infantis, MARCO en alevins, ALEX en Principiantes, LUCAS, MAURO, UXIO e SARELA en Promesas. Noraboa a tod@s!!!

23 sept 2013

AIDA GONZALEZ, BREOGAN DIZ E IVAN FEIJON VENCEN NO MINI BTT DE MARIN



Onte domingo, e nunha xornada marcada polo intenso calor, no que se superaban os 35º a pesares de estar xa as portas do Outono, os xoves integrantes da Escola JA Hermida tiveron unha destacada actuacion na que sumaron un total de 7 podiums , entre eles 3 victorias, as de IVAN FEIJOO,(Infantis) AIDA GONZALEZ (Alevins) e BREOGAN DIZ (Principiantes) . Destacar tamen os 2º postos de NOELA SAA  (Alevins) MARTIN GONZALEZ (Principiantes) e Xiana Conde (Cadetes) e o 5º de AARON GONZALEZ (Infantis). Asi pois, exitosa xornada para o noso clube, no que todos estiveron a un gran nivel nun dia de moito moito calor.

16 sept 2013

IVAN E AIDA VENCEN NO MINI BTT DE MOS


Este domingo celbrouse un novo MiniBTT, dentro desta tempada 2013, que xa esta a piques de rematar. A proba, celebrada en Mos, e organizada pola Fundacion Oscar Pereiro, contaba cunha importante participacion de rapazes e rapazas, como ven sendo xa habitual en cada proba de MiniBTT. Os nosos corredores , de novo ,tiveron unha destacada actuación colleitando ata 5 podiums, entre eles a victorias de Ivan Feijoo e Aida Gonzalez, o 2º posto de Breogan Diz, e os 3º de Noela Saa e Martin Gonzalez. Unha vez rematada a proba, poidemos disfrutar dunha bonita xornada de praia..

2 sept 2013

HERMIDA BRONCE NOS CAMPIONATOS DO MUNDO DE SUDAFRICA E PABLO 16º SUB 23







JOSE ANTONIO HERMIDA, acadou a medalla de bronce nos Campionatos do Mundo de BTT XC , en Sudafrica, nunha emocionate carreira, na que estivo a loitar en todo momento polo maillot arcoiris. Deste xeito Hermida, volta a un podium nuns campionatos do mundo ,e acrecenta o seu impresionante palmares, no que entre outras victorias conta cos titulos de Campion do Mundo Junior en 1996, o de Sub23 no ano 2000, o de Elite en 2010, ademais da medalla de prata nas Olimpidas de Atenas, bronce nos campionatos do mundo de Livigno, varios campionatos de Europa e de España....... en fin ,un palmares que o situa entre os millores bikers da historia.... Hermida, con 35 anos , vense de convertir no corredor mais veterano en subir a un podium duns campionatos do mundo Elite.
PABLO RODRIGUEZ, finalizaba o 16º , na proba de Sub 23 realizando unha moi boa carreira , e progresando proba a proba, amosando unha gran regularidade nesta sua segunda tempada na categoria de Sub 23.
Dende aca felicitar a ambos corredores.....e para nos un gran orgullo levar o nome de JA Hermida, e que de aca teña saido un corredor como Pablo....

IVAN , AIDA E BREOGAN VENCEN NO MINI BTT DE CAMBRE



No mesmo dia que Jose Antonio Hermida acadaba a medalla de bronce nos campionatos do mundo de Sudafrica, os seus pupilos da Escola JA Hermida, acudian o MINI BTT de Cambre, acadando moi bos resultados. Asi IVAN FEIJOO, vencia con autoridade na proba de infantis, na que AARON LOPEZ, remataba 5º. AIDA GONZALEZ era 1ª en Alevins, con NOELA SAA 3ª. BREOGAN DIZ, vencia en principiantes, con MARTIN GONZALEZ 3º e HUGO GONZALEZ era 2º en prebenxamins. Asi pois moi boa xornada, nunha carreira na que participaron mais de 150 rapazes e rapazas de todas as Escolas galegas.
Clasificacions completas: http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/1231_TOTALES.pdf

26 ago 2013

VICTORIAS DE IVAN E AIDA NO MINIBTT DE MONTEFERRO


O sabado celebrouse en Monteferro unha nova edicion do Mini BTT. A xornada voltou ser moi positiva para os xovenes integrantes da Escola JA Hermida , xa que foron unha veintena de rapazes os que  ata ala se desprazaron, tendo unha moi boa actuacion, destacando as victorias de IVAN FEIJOO en Infantiles, e AIDA GONZALEZ, en Alevins. Ademais NOELA SAA , foi 3ª en Alevins, BREGOAN DIZ, 2º en Principiantes, e MARTIN GONZALEZ, 3º en Principiantes. Os restantes corredores/as estiveron a unha gran altura. A xornada continuo o remate da carreira, en Sanxenxo onde os rapazes/as poideron disfrutar da chegada da Vuelta a España, e tamén da praia.
Clasificacions completas:
http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/1214_Clasificaci%C3%B3n.pdf

23 ago 2013

EVA, CA SELECCION DE GALICIA NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA


A corredora junior, Eva Alvarez, actual campiona galega de Estrada e BTT, asi como Campiona de España de BTT, ven de ser convocada pola seleccion galega para participar este fin de seman, nos campionatos de España de Estrada en Murcia. Eva, que se atopa nun bo momento de forma, acude ca intencion de realizar un bo papel. Dende aca desexarlle toda a sorte!!!

19 ago 2013

VICTORIAS DE IVAN E AIDA NO IX MINI BTT DE MACEDA






Este sabado, celebrouse en Maceda, unha nova edicion do Mini BTT de Maceda, e xa van IX. Este ano, estreabamos nova ubicacion, xa que trasladamonos as instalación municipais das piscinas. E semella que o circuito gustou,  Foron 170 nenos e nenas de toda Galicia os que tomaron parte na proba, constituindo para nos todo un exito, e batindo o record de participantes. Os rapazes e rapazas , a parte das competicións poideron disfrutar dunha bonita xornada de piscina e acampada, nun dia de moita calor. En canto os resultados dos corredores/as da nosa Escola JA Hermida, destacar as victorias de IVAN FEIJOO en Infantis e AIDA GONZALEZ en Alevins. Ademas dos podiums de BREOGAN DIZ, 2º en Promesas, MARTIN GONZALEZ, 3º en Promesas, NOELA SAA 3ª en Alevins e HUGO GONZALEZ, 5º en Prebenxamins. Asi pois a festa foi completa...

Clasificacións completas: 

14 ago 2013

IX MINI BTT DE MACEDA

IX MINI BTT DE MACEDA

17 agosto de 2013
11:00 horas
Categorias: Prebenjamíns, Promesas, Principiantes, Alevins e Infantis
Circuito: Nas piscinas municipais de Maceda..
Ao remate poderan disfrutar dunha xornada de piscina, acampada,.... 
A diferencia do ano pasado, non organizamos o xantar, pero si que se habilitara carpa, mesas e cadeiras.... para os que queiran xantar , levando cada un a sua propia comida.



11 ago 2013

VICTORIAS DE IVAN E AIDA NO MINI BTT DE VIVEIRO




Onte sabado 10, e coincidindo cas Festas de Maceda, celebrouse en Viveiro unha nova proba do calendario galego de MiniBTT e ata ala se desprazaron os integrantes da nosa de Ciclismo Escola JA HERMIDA. O balance non poido ser millor para os mais pequenos e pequenas do clube, xa que voltaron a casa con un total de 5 podiums. Asi en Infantis, vencia Ivan Feijoo, e Manuel Soto era 6º. En alevins , Aida Gonzalez era 1ª e Noela Saa 2ª. En Principiantes Breogan Diz era 2º e Martin Gonzalez 4º. En Promesas Marian era 17º e en Prebenxamins, Hugo Gonzalez era 3º. Asi pois , un bo dia....

4 ago 2013

EVA ALVAREZ CAMPIONA DE GALICIA JUNIOR DE ESTRADA


Este fin de seman, Eva Alvarez vencia no Campionato de Galicia de Estrada Junior en Carballo. Eva, que tan gran temporada esta a realizar, despois de ter gañado o galego e o de España de BTT XC, acadaba un titulo mais para unha gran tempada. A sua seguinte cita importante van ser os campionatos de España de Estrada en Murcia, pero antes participara en probas do calendario galego de Estrada

27 jul 2013

EVA 17 NA COPA DO MUNDO DE VALLNORD



A corredora junior e flamante campiona de España de BTT XC , ven de participar coa seleccion española na Copa do Mundo de Vallnord (Andorra), o que constituia a sua primeira participacion nunha proba deste nivel. Eva , que realizaba unha boa carreira remataba a 17º na sua primeira experiencia internacional.