29 ago 2021

SAUL LOPEZ 12º ABSOLUTO NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE XCM

 




Saul Lopez finalizaba 12º nos Campionatos de España de XCM celebrados en Lalin, nun duro percorrido de 90 km . Saul completaba unha excelente carreira rematando moi perto do top ten nos campionatos de España. 

27 ago 2021

VISITA DO PRESIDENTE DA DEPUTACION DE OURENSE AS NOSAS INSTALACIONS

 






O Presidente da Deputacion de Ourense, José Manuel Baltar, visitaba este venres as instalacións do BICI PARQUE , asi como o circuito do Castelo . José Manuel Baltar comprometiase a realizar unha serie de reformas na nave, o cambio da cuberta actual, asi como a impulsar o circuito do Castelo, creando un parque de Habilidade e disfrute da bicicleta. 

23 ago 2021

VISITA DE LARRINAGA O BICI PARQUE




Este xoves recibiamos a visita de JAVIER RUIZ DE LARRINAGA , ex ciclocrossman, as nosas instalacións de O BICI PARQUE. 

Larrinaga, atopabase estes dias por Baños de Molgas, participando no Campus de Ciclocross, organizado pola Federacion Galega de Ciclismo , aproveitando para visitar cos rapazes e rapazas participantes neste campus, as nosas instalacións. 

MINI BTT DE O CARBALLIÑO







Os rapazes e rapazas da Escola desprabanse este domingo , ate o Carballliño para tomar parte na proba de Mini BTT, organizada polo CC Carballiño. Disfrutaban dunha bonita xornada de bici e voltaban a casa con moi bos resultados. 


SAUL LOPEZ VENCE NA IX RUTA DO LACON - COPA GALICIA XCM

 


Saul Lopez, vencia este domingo, na proba puntuable para a Copa Galicia de XCM, na que era a sua primeira participacion nesta tempada nunha proba de este tipo, previa o Campionato de España de XCM . 

Gran carreira de Saul , que partindo dunha posicion retrasada na grella de saida, remontaba e era quen de gañar a carreira diante de Alejandro Trasbasch e Daniel Garcia. 

16 ago 2021

E O MINI BTT DE MACEDA VOLVEU A CELEBRARSE







 



MINI BTT DE MACEDA - COPA DEPUTACION DE OURENSE
Este domingo, mais de 250 nenos e nenas de toda Galicia, Portugal, e ata Mallorca e Castellon , tomaban parte no XVI Mini BTT de Maceda, que voltaba a celebrarse despois dun ano sin poder facelo a causa da pandemia de Covid. A actividade de Escola voltaba a Maceda, con limitacions, xa que non se podian celebrar a festa que rodeaba esta carreira en edicións anteriores, pero ao menos os rapazes e rapazas podian disfrutar dunha bonita xornada de bici, non so na carreira si non tamen nas instalacións de O BICI PARQUE. 

13 ago 2021

CARLOS CANAL, DENDE O CC MACEDA A LA VUELTA DE 2021, UNHA HISTORIA DE ENSOÑO


Esta a breve e intensa historia dun rapaz de Xinzo de Limia .  que alo por Agosto de 2014 , ainda en categoria Infantil, chegaba a nosa Escola para iniciarse no mundo do ciclismo , e saia en Setembro de 2019 cara o mundo do profesionalismo , cara o equipo BURGOS BH,  equipo profesional de estrada,  co que maña , vai tomar parte na sua primeira VUELTA A ESPAÑA , que arranca en Burgos e finaliza en Santiago de Compostela. 

Era Agosto de 2014 empezaba a andaina de Carlos Canal Blanco, un rapaz de Xinzo de Limia , no mundo do Ciclismo. Era infantil, e de man do seu pai, Manolo, entraba a formar parte da nosa Escola de Ciclismo JA Hermida. A sua primeira carreira, era en casa, en Maceda, no Mini BTT de Maceda.  Ese ano xa tamen tanteaba algunha proba de CX como infantil, vencendo na proba de Maceda en promocion.

No ano 2015 , segundo ano de infantil , empezou xa dende primeira proba da tempada a colleitar victorias, asi no Mini BTT de Arteixo, chegaba a sua primeira victoria en BTT 

Comezaba a si unha traxectoria, sobre todo intensa, marcada polo seu caracter pelexon e de gañador nato. En Infantis contaba as suas participacions por victorias. En Outubro , xa como cadete, inciabase no mundo do ciclocross, e en Alcobendas, colleitaba xa a sua primeira victoria a nivel Estatal ,vencendo nesta proba da Copa de España. 

Ese mesmo ano , colleitaba o seu primerio titulo autonomico en CX , proclamandose Campion Galego Cadete. 


Arrancaba o ano 2016 , ao remate da tempada de CX, a sua primeira tempada como Cadete en BTT, e ise mesmo ano proclamabase Subcampion de España en Merida, unha carreira que lidereba ata a ultima volta, pero un golpe de calor, impedia a sua victoria.


Ese ano , proclamabase Campion Galego de BTT , como Cadete.


No inverno de 2016 comenzaba unha nova tempada de CX como Cadete de 2º ano , e acadaba un novo Campionato Galego e un Subcampionato de España en Valencia.


En BTT , no seu segundo ano como cadete, e nos Campionatos de España, escapabaselle por unha dobre averia o Campionato de España , unha temporada , na que dominou todas as probas nas que participou. Pero esa proba , que a bo seguro non esquezera  marcaba un punto de inflexion na sua curta carreira. Lideraba a proba con un amplo marxe, casi 4 min ,e casi a falta dunha volta perdia toda esa diferencia e mais , para entrar en meta con unha biela soa , e 10º . Pelexou por rematar a carreira , fose como fose, e no posto que fose. Amosou que sendo un gañador nato, tamen sabia encaixar os malos momentos, e superalos con mais forza si cabe. 

Como anecdota ese ano corria a sua unica carreira de Estrada, o Campionato Galego de Contrarreloxo, en Baños de Molgas, vencendo enriba dunha bici de Ciclocross.

En outubro , xa entraba como junior en Ciclocross, e arrancaba con forza, colleitando esa temporada xa o seu primeiro titulo a nivel estatal, proclamandose Campion de España Junior en Legazpi, en Xaneiro de 2018.


Dias despois , era chamado pola Seleccion Española para tomar parte nos Campionatos do Mundo que se celebraban en Valkenburg (Holanda) . Antes participaba na sua primeria Copa do Mundo ,en Francia donde era 10º e deixaba entrever que se sabia mover ben a nivel mundial. Nos Campioantos do Mundo, facia unha saida espectacular , situandose 5º , pero sufrindo unha avaria que o apartaba da loita pola carreira.

En 2018 , en BTT, entraba en categoria Junior, e no Campionato de España , celebrado en Moralzarzal finalizaba 2º. 



En Setembro tomaba parte nos XOGOS OLIMPICOS DA XUVENTUDE , en  ARXENTINA, onde era 12º nun combinado de probas de BTT e Estrada. A sua primeira experiencia Olimpica.

En inverno ,arrancaba unha nova temporada de Ciclocross, xa como junior de 2º ano, unha temporada , na que o seu salto cualitativo iba se importante. Arrancaba unha temporada, na que os seus exitos iban chegar xa a nivel internacional, colleitando importantisimos resultados .

Ademais do Campionato de Galicia , proclamabase Campion de España Junior, nuns campionatos celebrados en Pontevedra. 


Así empezaba Xaneiro de 2019, un mes para enmarcar. Viaxabamos a Copa do Mundo de Pont Chateaux, en Francia, e na primeira volta, dende boxes, vimos chegar a un rapaz de Xinzo, encabezando a proba, increible. 


Pero non quedaba ahi, e loitaba ata o final pola victoria . en meta era 3º , o su primeiro podium nunha Copa do Mundo !!! Por diante, o fillo dun tal Sven Nys.


Unha seman despois ,viaxabamos a Hoogerheide (Holanda), o pobo natal de Van der Poel, e de novo ,Carlos Canal, estaba na loita pola carreira. O de Pont Chateaux, non fora un espexismo. Loitaba ata o ultimo metro pola victoria , e finalizaba 2º !!! 


Chegaban os Campionatos do Mundo en Dinamarca, e Carlos Canal partia con toda a ilusion e a intencion de colleitar algo bonito. Arrancaba a carreira cos de cabeza , pero unha caida na primeira volta mandabao a posicions retrasadas, pero sobrepuñase, e non tiraba a carreira. Sabia que o podium iba a ser xa imposible , pero amosaba o seu caracter de superación , e volta a volta iba remontando , marcando os millores tempos por momentos e entrando en meta como 7º !!

Sin apenas tempo de asimililo, empezaba una nova temporada de BTT , xa como junior de 2º ano, cas cores da nosa Escola e o apoio do equipo de Carlos Coloma


Na UCI JUNIOR SERIES de Banyoles, o equivalente a Copa do Mundo Junior,  e gañaba, na sua primeira victoria a nivel internacional en BTT . Era un suma e sigue.... 


Chegaba a segunda proba en Marsella  (Francia), unha nova UCI JUNIORS SERIES e vencia de novo con autoridade. 


Viaxabamos a Alemania, a Copa do Mundo de Albstad, e finalizaba 4º !! depois viña Nove Mesto (Republica Checa )... 20º


Ese ano sumaba un novo titulo a nivel Estatal , era Campion de España Junior en BTT en Arguedas, despedindose asi da nosa Escola con un novo titulo, un mais , despois de habernos dado tanto.


En Setembro tomaba una decision importante na sua vida, deixaba o BTT e o CX, e apostaba por Estrada, entrando directamente dende a categoria junior, no mundo profesional, no equipo BURGOS BH. Era setembro de 2019, e en Xaneiro de 2020 empezaba unha nova andaina, nun mundo totalmente novo para el e sin ter corrido apenas nada en estrada. Pero , en apenas un ano ,amosou que a sua arriscada decision, foi acertada, e que vai polo bo camiño. 



Dar o salto como junior a profesional directamente e algo que non se ve apenas, e mais sin correr nunca antes es estrada. Pero que ademais, con apenas 20 anos estrearse xa na VUELTA A ESPAÑA, despois de ter amosado moi boas cousas neste ano no equipo, fai preveer que Carlos Canal vai darnos moitas alegrias, e sera un corredor a seguir, un corredor, non esquezamos ainda en formación e en aprenidaxe , no dificil mundo do profesionalismo.  Aptitudes e actitud non lle faltan . 



SORTE CARLOS !!!

 


10 ago 2021

XVI MINI BTT DE MACEDA - COPA DEPUTACION DE OURENSE



Este domingo , dia 15 de agosto, a partires das 10:00 horas celebrase en Maceda o XVI Mini BTT de Maceda - COPA DEPUTACION DE OURENSE. Despois dun ano sin poder celebrarse a causa da pandemia do COVID. Volve unha das principales actividades do Clube, na que se agardan entorno os 250 participantes chegados de toda Galicia. 

A proba  contará con un protocolo Covid, que todos os participantes e acompañantes deberán cumprir, e disputarase nos arredores do Castelo de Maceda.



9 ago 2021

II MINI BTT DE MOLGAS - ESTACIONS VIVAS



Este domingo celebrouse en Baños de Molgas e organizado pola Fundación ADO Moure Pro Deporte, a segunda edición do Mini BTT de Molgas, e no que tomaron parte 16 rapazes e rapazas da nosa Escola. Para alguns deles foi a sua primeira participación nunha proba deste tipo, e o seu inicio no mundo da competición. 

1 ago 2021

COPA GALICIA XCO RIBADUMIA





Este sabado celebrabase a ultima proba da  Copa Galicia de XCO en Ribadumia, e na categoria Elite vencia Saul Lopez Alvarez. En canto os resultados dos demais corredores e corredoras do noso equipo , 

JUNIOR

4º Hugo Alvarez

5º Martin Gonzalez

FEMINAS CADETE

4ª Sarela Conde

CADETE

7º Uxio Atrio

19º Gabriel Alvarez

Con estes resultados, Saul Lopez era 2º na xeral final Elite da Copa de Galicia, e Noela Saa vencia na Categoria Sub23 de Feminas