13 ene 2020

SAUL LOPEZ 6º ELITE NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CX EN PONTEVEDRA








Saul Lopez puña nos Campionatos de España de Ciclocross de  Pontevedra o colofón a unha gran temporada, con un extraordinario 6º posto pelexado ata o final con nada menos que David Valero. Gran carreira de Saul, que despois dunha non moi boa saída remontaba ata finalizar 6º.
En Feminas Junior, _Noela Saa ,que corria mermada fisicamente por enfermidade, era 7ª na mentras que Aida Gonzalez era 17ª.
Entre os rapazes Juniors,  moi ben Martín González que finalizaba 13º cando partia casi dende o final da grella de saída. Marco Nube era 26º , tamén nunha moi boa carreira , na que un par de percances mecánicos impedironlle entrar nun top 15. Ben tamén Brais Fernández que finalizaba 42º.
En Cadetes , Sarela Conde era 18º, nunha moi interesante carreira na que tomaban parte 50 corredoras , o que e unha moi boa sinal para un deporte como o Ciclocross, que conta cada vez con participacións mais elevadas nas grellas femeninas.
Hugo Álvarez era 47º en Cadetes e Breogan Pérez o 90º.

8 ene 2020

CINCO DOS NOSOS/AS CORREDORES/AS CONVOCADOS POLA SELECCION GALEGA PARA OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CX


Ata un total de 5 dos nosos corredores e corredoras formaran parte da Seleccion Galega que tomara parte os vindeiros 11 e 12 de xaneiro nos Campionatos de España de Ciclocross que se celebran en Pontevedra. Os/as convodados/as son:
- Saul Lopez (Elite)
- Andrea Garcia (Femina Sub23)
- Noela Saa (Femina Junior)
- Aida Gonzalez (Femina Junior)
- Sarela Conde (Feminas Cadete)
Ademais dos/as convocados/as , tomaran parte nos Campionatos, formando parte do noso equipo, os restantes corredores
- Martin Gonzalez , Brais Fernandez e Marco Nube (Juniors)
- Hugo Alvarez e Breogan Perez (Cadetes)

6 ene 2020

SAUL LOPEZ GAÑA A XERAL DA COPA GALICIA DE CICLOCROSS EN MACEDA - COPA DEPUTACION DE OURENSE







Este domingo celebrabase en Maceda ,en casa , a proba que puña peche a Copa Galicia de Ciclocross, e que contaba con un total de 250 participantes.
Saul Lopez vencia na categoria Elite, sumando asi unha nova victoria , que lle valia para facerse ca Xeral final da Copa Galicia refrendando asi a sua gran tempada. Nesa carreira o vencedor era o excorredor local, Ivan Feijoo (Sub23) e agora nas filas do equipo asturiano, NESTA. Bonita carreira , con máximo nivel competitivo, xa que contaba ca presencia de tres grandes corredores como son Ivan Feijoo, Saul Lopez e Carlos Canal, que finalizaba 2º Sub23 e 3º absoluto.
En Feminas Junior a victoria era para Noela Saa. Andrea Garcia era 3ª en Sub23. Marco Nube era 2º entre os rapazes , nunha gran carreira con Martin Gonzalez 4º as portas do podium. Brais Fernandez, finalizaba 6º.
En Feminas Cadete pena da averia para Sarela Conde cando marchaba 3ª. Entrre os rapazes Hugo Alvarez era 9º.

4 ene 2020

VICTORIAS DE SAUL LOPEZ (ELITE) E NOELA SAA (FEMINA JUNIOR) NA COPA GALICIA DE CICLOCROSS DE VERIN




Saul Lopez e Noela Saa vencian nas súas respectivas categorias na proba da Copa Galicia de Ciclocross celebrada en Verin. Con esta victoria Saul Lopez , situase de novo como lider da Copa Galicia , a falta da proba que se disputará maña domingo en Maceda
En Feminas Cadete, Sarela Conde era 4ª .

2 ene 2020

XII CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA - COPA DEPUTACION DE OURENSE - COPA GALICIA CX



Este domingo  5 de Xaneiro , a partir das 10:00 celebrarase o XII CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA , proba da COPA DEPUTACION DE OURENSE, e proba final da COPA GALICIA DE CX, proba que inicialmente estaba calendada parao pasado 22 de decembro e que por orden da XUNA DE GALICIA ,  debido a alarma por temporal, nos vimos obrigados a trasladar o 5 de xaneiro. 
A proba celebrarase nos arredores do Castelo de Maceda , no circuito xa clásico e nel tomaran parte mais de 300 corredores pertencentes a 60 equipos.