15 ene 2013

CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CICLOCROSS NAVIA




Este fin de semán , tiveron lugar en Navia os CAMPIONATOS DE ESPAÑA de Ciclocross. Foi un fin de semán, pasado por auga e intenso, no que disputaron un total de 9 carreiras, e no que o noso clube tivo representación en 5 de elas. O que se preveia un fin de semán de disfrute e traballo, viuse, finalmente marcado pola nova que recibiamos na maña do sábado, da morte inesperada do pai do noso corredor SAUL LOPEZ, co que o campionato pasaba a un segundo plano.
Os campionatos abrianse , o venres coa carreira de Team Relay, na que Galicia era a 4ª , e na que vencían os anfitrions, a selección asturiana. Na maña do sabado tocaballe o turno os Master e as feminas.
A circuito estaba resbaladizo , polas choivas caidas en dias anteriores , pero non chegaba a estar embarrado. Na carreira de Master 40, Xulio era o 20 e Antonio Saa o 39. Na de M 50 , Jose Manuel remataba o 37. Chegaba a continuacion a carreira de feminas. A nosa representante , era a Femina Cadete, XIANA CONDE, que desta vez participaba ca selección galega. Partia ca intención de situarse entre as 5 millores , pero o final tivo que conformarse co 10º posto. Na tarde do sábado, na que a choiva xa fixo presencia , e as condicións do circuito cambiaron totalmente, correronse as carreiras de M30 e Sub23, sin representacion  macedana. A xornada do domingo, abriase coa carreira de Cadetes, con ROMAN SAA , na grella de saida. O circuito presentabase moi embarrado. Roman, que participaba por primeira vez nuns campionatos de España , era o 49. Seguia a carreira de juniors con RAUL GONZALEZ, que sufria pinchazo e tiña que facer a pe medio circuito, entrando en meta o 26. Os campionatos pechabanse ca disputa da carreira do Elite, na que vencia o vasco, Aitor Hernadez.
Ponse asi punto e final a temporada de Ciclocross 2012-13 , no que se refiere a participación do noso clube en carreiras.
Este foi o cuadro de honra destes campionatos:




8 ene 2013

XIANA CONVOCADA POLA SELECCION GALEGA PARA OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CICLOCROSS


A corredora cadete do noso clube, Xiana Conde, ven de ser convocada pola selección de Galicia, para participar este fin de semán nos campionatos de España de Ciclocross, que se celebraran na localidade asturiana de Navia. Asi pois, o noso clube , unha vez máis aportará corredores a selección galega.
A proba de feminas Cadete, correraseo sabado 12, a partir das 12:30 horas.
Ademais de Xiana , participaran nestes campionatos, mais corredores formando parte do noso equipo ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA.

7 ene 2013

XI MEMORIAL ANDRES MENDEZ DE CICLOCROSS, NAVIA


Este domingo, celebrouse en Navia, o XI Memorial de Ciclocross Andres Mendez, no mesmo circuito, que dentro dunha semán albergara os Campionatos de España de Ciclocross, polo que a presencia e o nivel de corredores/as foi importante, xa que era unha boa oportunidade para poder coñecer o circuito de cara a os proximos campionatos de España. O circuito modificouse totalmente, con respecto aos anos anteriores, sendo o novo , un circuito moi rápido.
Os corredores do noso equipo , o ACADEMIA POSTAL-ACTYON participaron na proba, sendo Xiana Conde 6ª en Feminas Cadetes, Roman Saa o 12º entre os cadetes, Raul Fernandez o 14º en Juniors, Xulio Conde o 10º en M40 , Antonio Saa 22º en M40 e J. Manuel Gonzalez 11º en M50.

1 ene 2013

XIANA 3ª NOS CAMPIONATOS GALEGOS DE CICLOCROSS


Este domingo celebrouse en Moaña, o Campioanto de Galicia de Ciclocross , nun circuito marcado pola dureza e pola sua vistosidade , ao estar situado nunha campa, cunhas vistas realemente espectaculares sobre a ría de Vigo.
Nun circuito , moi pesado e con moito barro, os corredores e corredoras macedáns do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, voltaron a casa , cun podium colleitado pola cadete femina , Xiana Conde, quen remataba no terceiro posto. O resto de corredores , estiveron a un bo nivel. Asi Roman Saa , era o 10º na categoria de Cadetes, Raul Gonzalez ,era o 6º entre os juniors, nunha gran carreira. Completaban a actuación os Master, con Xulio 10º entre os M40

Clasificacións completas:
http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/1087_CLS_CAMPIONATO_GALEGO_CX.pdf

Fotos de Luz M. Iglesias:
https://plus.google.com/u/0/photos/114831358335341071162/albums/5827821280779967569