31 may 2013

PRESENTACION DA ESCOLA DE CICLISMO O PEREIRO


Este xoves, presentouse a nova Escola de Ciclismo de O Pereiro de Aguiar, escola integrada dentro do CC Maceda conxuntamente ca Escola JA Hermida de Maceda. Esta Escola nace xa con 30 nenos e nenas, o que constitue xa de por si , unha gran ledicia. Esta dirixida e impulsada por Pablo Atrio, monitor , que dende hai tempo xa ven colaborando coa Escola JA Hermida. E un proxecto que nace con gañas de permanecer durante anos, e ca idea fundamental de achegar o deporte da bicicleta a os nenos e nenas de o concello de O Pereiro de Aguiar e arrededores. Agradecer o apoio de Ciclos Moure e o Concello de O Pereiro a este novo proxecto.
 Destacar , tamén , que o acto asistiu o biker macedán Pablo Rodriguez, que este ano esta a correr co BH SUNTOUR, e que se formou na canteira do noso clube, e que hoxe por hoxe, e un dos millores bikers españois.

28 may 2013

EVA ALVAREZ 10ª JUNIOR NA COPA DE ESPAÑA FEMENINA DE ESTRADA


A corredora junior Eva Alvarez, do ACTYON-ACADEMIA POSTAL-MERIDA , remataba 10ª junior, na primeira proba puntuable para a Copa de España Femenina de Estrada disputada na localidade palentina de Cervera de Pisuerga. Eva realizaba unha gran carreira ,estando moi activa durante toda a proba, rematando 21ª na xeral, e 10ª entre as juniors. A corredora junior esta a simultanear a sua participación en probas de BTT e Estrada, con moi bos resultados en ambas especialidades. A sua proxima cita sera este fin de semán na Copa de España de BTT, en Valladolid.

19 may 2013

IVAN FEIJOO VENCE NO MINI BTT DE CORUXO

A Escola JA HERMIDA, suma 6 podiums








Este domingo, nos montes de Coruxo, e nunha maña fresca, celebrabase unha edicion mais do MINI BTT de Coruxo, cunha participacion record de 211 rapaces e rapazas repartidos nas diferentes categorias. A nosa escola desprazaba a 17 corredores/as e tiña de novo unha actuacion destacada, asi IVAN FEIJOO vencia en Infantiles. Tamen colleitaba a victoria , AIDA GONZALEZ, en Alevins Feminas, con NOELA SAA ,4ª na mesma categoria. BREOGAN DIZ, era 3º en Principiantes con MARTIN GONZALEZ 4º. HUGO GONZALEZ era 3º en Prebenxamins. Pero non so estes corredores/as, se non que todos/as os que acudian a proba, AARON, MANUEL, XACOBE,BREIXO,ALFREDO,ANTIA,MANUEL,ALEXANDRE,UXIO,TRISTAN, MAURO, estaban a un gran nivel, realizando boas carreiras e disfrutando dunha bonita xornada de BTT.

Clasificacions completas:

18 may 2013

EVA ALVAREZ VENCE EN FEMINAS E SAUL LOPEZ 3º EN ELITE, NO BTT DE ARTEIXO

Marcos Villar vence en Juniors e Roman Saa consigue e seu primer podium en Cadetes

















Cunha tarde pasada por auga, celebrabase unha nova edicion do BTT de Arteixo, nun circuito tecnico. De novo ,os corredores macedán voltaron a ter unha actuacion destacada, sumando ata 6 podiums. Asi Saul Lopez, era 3º na categoría de Elite, voltando de novo a pisar un podium. Eva Alvarez vencia en Feminas, e situabase como lider do Open de Galicia. En Juniors, Marcos Villar vencia, colleitando a sua segunda victoria da temporada, e o seu compañeiro Raul Gonzalez era 3º. En Cadetes, Roman Saa subia a un podium por primeira vez nesta categoria, sendo 2º. O ultimo podium chegaba en M50, no que Jose Manuel era 3º. Asi pois gran xornada para o noso equipo o ACTYON-ACADEMIA POSTAL-MERIDA

17 may 2013

XIANA CONDE REMATA 12º NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA CADETES DE BTT EN LORCA


A corredora femina cadete, Xiana Conde, acudia este fin de seman a localidade murciana de Lorca, ca Seleccion Galega, para participar nos Campionatos de España Escolares de BTT, categoria Cadete. A proba discurria nas instalacions deportivas de La Torrecilla, nun circuito pouco técnico e para rodadores. Xiana , facia unha boa carreira, e entraba na meta no 12º lugar dun total de 33 feminas, que tomaban a saida. A corredora macedán , sufria un pequeno percance na saída, saindo de ultima e tendo que remontar, para entrar en meta no 12º lugar.

MARTIN GONZALEZ , PLATA EN BENXAMINES NO CAMPIONATO GALEGO DE DUATLON


O corredor Benxamin, Martin Gonzalez, colleitaba o subcampionato galego , na categoria de Benxamins, na disciplina de Duatlon, nos campionatos, celebrados na localidade de O Carballiño. Na mesma categoria, o seu compañeiro de equipo, Alexandre, pero que en Duatlon compite ca Escola de Triatlon de Beariz, era 3ª. Tamen completaban unha boa actuacion o resto de corredores desprazados a proba, Noela Saa, Breixo Atrio e Xacobe. Tamen se estreaban na proba os corredores da Escola de Ciclismo de O Pereiro de Aguiar.

13 may 2013

ATA 8 PODIUMS NO MINIBTT E BTT DE DUMBRIA

VICTORIAS DE EVA ,IVAN,AIDA, E HUGO







Este sabado, 11 de maio, celebrouse na localidade coruñesa , unha proba , na que coincidian MINI BTT e BTT. A xornada comezaba as 16:00, e o noso clube, presentaba nas grellas de saida, ata 28 participantes, repartidos nas diferentes categorias, que iban dende principiantes ata os Master 50. Foi unha xornada intensa, dado o numero de carreiras, que remababa alo polas 20:30 horas. En canto os resultados, destacar que ata 8 corredores do noso clube pisaron o podium.
No MINI BTT,  o pequeno do grupo, HUGO GONZALEZ, vencia na categoria de Prebenxamins, ao igual que tamen o facia , a sua irma AIDA GONZALEZ, en Alevins Feminas, e IVAN FEIJOO en infantis. BREOGAN DIZ, era 2º en Promesas.
No BTT, EVA ALVAREZ, vencia na carreira de feminas, na mentras que RAUL GONZALEZ era 2º en juniors, nunha carreira na que Marcos Villar marchaba en cabeza, ata que unha rotura do sillin o retirou da carreira. XIANA CONDE, era 3º en Feminas Cadete e Jose Manuel 3º en Master 50.
A clasificacion do resto dos corredores/as do noso clube foi a seguinte:

PREBENXAMINS
1º Hugo Gonzalez                  Escola JA Hermida

PROMESAS
14º Tristan Atrio                    Escola JA Hermida
17º Lucas Piñeiro                  Escola JA Hermida
24º Mauro Pedras                 Escola JA Hermida

PRINCIPIANTES
2º Breogan Diz                      Escola JA Hermida
7º Martin Gonzalez                Escola JA Hermida
20º Alexandre Alvarez           Escola JA Hermida
22º Hugo Gonzalez                Escola JA Hermida
31º Noe Gonzalez                  Escola JA Hermida

ALEVINS FEMINAS
4ª Aixa Gonzalez                    Escola JA Hermida

ALEVINS
10º Breixo Atrio                      Escola JA Hermida

ALEVINS FEMINAS
1ª Aida Gonzalez                    Escola JA Hermida
6ª Noela Saa                          Escola JA Hermida

INFANTIS
1º Ivan Feijoo                       Escola JA Hermida
7º Aaron Lopez                     Escola JA Hermida
8º Manuel Souto                    Escola JA Hermida

CADETES
7º Roman Saa                       ACTYON-MERIDA

CADETES FEMINA
3ª Xiana Conde                    ACTYON-MERIDA

JUNIORS
2º Raul Gonzalez                   ACTYON-MERIDA
5º Sergio Movilla                   ACTYON-MERIDA

FEMINAS
1ª Eva Alvarez                      ACTYON-MERIDA

ELITE
4º Saul Lopez                       ACTYON-MERIDA

MASTER 30
13º Felix Borrajo

MASTER 40
6º Xulio Conde
11º Ramon Feijoo
16º Antonio Saa

MASTER50
3º J.M. Gonzalez

6 may 2013

IVAN FEIJOO VENCE E AIDA GONZALEZ E BREOGAN DIZ SUBEN O PODIUM NO MINI BTT DE ARTEIXO





Onte, domingo 5 de maio, e día da Nai, comezaba en Arteixo a tempada galega de Mini BTT. Nunha proba na que participaron 150 nenos e nenas das diferentes escolas de ciclismo galegas, os rapazes e rapazas da nosa Escola JA Hermida, tiveron unha actuacién destacada o subir 3 de eles o podium. Asi , Ivan Feijoo, vencía con autoridade na proba de Infantis, proba que este ano cambia de formato, celebrandose a unha soa manga de 25 min. Nesa categoria, ata tres corredores macedáns entaban entre os 10 primerios, xa que Aaron Lopez era 7º e Manuel Souto 10º. En Alevins, Aida Gonzalez, que se estreaba na categoría era 2ª, con Noela Saa 4ª entre as rapazas, a pesares de ter sufrido unha caida. En principiantes, con 44 corredores na grella de saída, Breogan Diz, era 2º, e polo tanto subia o podium, con Martin Gonzalez 6º, e Alexandre Alvarez, que se estreaba nunha competicion de Mini Btt, 26º. En promesas, Lucas Piñeiro, era 13º, e Mauro  Pedras 17º, na súa primeira experiencia nunha carreira. Asi pois moi bo balance nesta primeira xornada.

3 may 2013

XXV TROFEO VILA DO LOURO PORRIÑO


Este mercores, dia 1, alguns dos nosos corredores/as acudiron a participar na proba de estrada para Escolas celebrada nas pistas de Torneiros , en Porriño. Para eles era a primeira vez que participaban nunha proba de estrada, e a verdade e que se defenderon bastante ben.
Asi Breixo , quedou cerca de clasificarse para a manga final de Alevíns. E as feminas, Aida e Noela, tamén en Alevins, e na proba para feminas, remataron 5º e 8º respectivamente.