29 mar 2010

OPEN DE ESPAÑA DE HUELVA


Onte domingo disputouse a 2ª proba do Open de España de BTT , no parque Moret, na capital andaluza de Huelva, nun dia soleado e de calor, nun circuito moi complicado técnicamente, con continuas subidas moi cortas pero duras e baixadas , algunha delas moi complicada. Non foi o millor dia para os corredores de Maceda. En cadetes, Marcos Villar tivo unha gran actuación e solo unha averia privouno de rematar entre os 10 primeiros, xa que cando rodaba 9º entre os cadetes , un problema coa cadea obrigouno a parar e asi perdeu posición rematando finalmente 15º. Na mesma categoria de cadetes, David Rodriguez foi 19. En Master 40 Xulio foi 12º. En juniors Iago Garcia, rematou 28º despois de ter tomado a saída con máis de 5 min de retraso con respecto ao resto de corredores da súa categoría.

A vindeira cita terá lugar en Aviles, dentro dun par de semáns na 3ª proba do Open de España de BTT

21 mar 2010

COMEZA A TEMPADA GALEGA DE BTT EN MONTEFERRO


Onte comezou en Monteferro a tempada galega de BTT , con unha proba na que participaron máis de 150 corredores , de Galicia e Portugal, contando coa participación da selección Portuguesa de BTT, ademais de corredores chegados doutras comunidades. Nunha tarde , humeda, pero na que a choiva respetou a carreira, nun circuito moi técnico e con barro, os corredores de Maceda tiveron unha destacada actuación conquerindo varias posición nos pódiums das diferentes categorías.
Na categoría Junior, o CC Maceda , acadou un doblete no pódium , con PABLO RODRIGUEZ , en 1ª posición e IAGO GARCIA 3º, gañandolle a partida aos corredores da selección portuguesa. Na mesma carreira, J.RAMON , acadou a 7ª posición.
En Cadetes, MARCOS VILLAR, foi 6º , 2º galego, nunha carreira dominada polos corredores lusos.
Outras categorías, nas que os corredores de Maceda subirón o pódium, foi en féminas, con LAURA SANCHEZ 3ª, en senior, con DIEGO RODRIGUEZ , 3º, e en Master 40 con XULIO CONDE 3º.
Polo tanto os corredores de Maceda non poideron ter millor comezo na tempada galega ,nunha proba clásica do calendario galego, como e a proba de Monteferro, e con unha importante participación.
O vindeiro fin de semán os corredores de Maceda partirán cara terras andaluzas , para participar o domingo , en HUELVA, na 2ª proba do OPEN DE ESPAÑA DE BTT.

15 mar 2010

COMEZA A TEMPADA DE BTT EN BANYOLE


O CC Maceda estreose na tempada 2010 de BTT , na primeira proba do Open de España , na localidade catalan de Banyoles. Nunha proba , de caracter internacional, que contou con unha numerosisima participación, e nunha xornada marcada polo bo tempo, despois das intensas nevadas que cairan dias atras , na zona, os corredores de Maceda obtiveron uns bos resultados.

En juniors , tanto Pablo como Iago, realizaron unha gran carreira, rodando sempre nas en posicions de cabeza , e tan so un baixon na ultima volta, levounos a rematar de 19 e 21 respectivamente , nunha proba no que o vencedor foi o frances Gruget Marvin. En cadetes Marcos Villar foi 26, mentras que David, non conseguiu rematar. E en master 40 Xulio rematou o 16. Foron máis de 500 os corredores e corredoras que participaron na proba.

Destacar tamén que Hermida rematou de 5º en Elite, proba na que a victoria foi para J.Absalon.

12 mar 2010

CLASES ESCOLA JA HERMIDA


Dende fai uns dias , comezaron xa as clases de ciclismo , que dende a Escola de Ciclismo JA Hermida se imparten para os maís pequenos e pequenas do clube, de cara a nova tempada , que comezará alo polo mes de maio con OPEN GALEGO DE MINI BTT.

As clases, son os xoves , a partires das 18 horas e os sábados, a partires das 16:30 , no lugar que habitualmente xa se viñan facendo, no arredores do Castelo de Maceda.

COMEZA UNHA TEMPADA DE BTT


Este fin de semán o CC Maceda , desprázase a localidade catalana de Banyoles, para participar na primeria proba do Open de España de BTT; con esta proba , que contará coa participación dos mellores especialistas de BTT , entre os que estarán Hermida, Absalon, ... comeza unha temporada intensa, na que o CC Maceda ten programada a súa participación en todas as probas do Open de España (Banyoles, Huelva, Vall de lord, Aviles, Cantabria, Berriz) ademais das probas do calendario galego, campionatos de España e algunha proba da Taça de Portugal.

Acudirán a Banyoles, os juniors Pablo e Iago, os cadetes Marcos e David e o master 40 Xulio.

Nesta proba faran a presentación da nova equipación , coa inclusion de novos patrocinadores.

3 mar 2010

PABLO CONVOCADO POLA SELECCION ESPAÑOLA BTT



O corredor do CC Maceda, Pablo Rodriguez, acudirá de novo a unha convocatoría da selección española de BTT , que se celebrara este fin de semán en Serra Nevada (Granada).