26 dic 2016

VICTORIAS DE IVAN FEIJOO , NOELA SAA E CARLOS CANAL NO IX CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA






Na maña do 24 de nadal, disputabase en Maceda , a ulitma proba puntuable para a Copa Galicia de Ciclocross , Copa Deputacion de Ourense. Ivan Feijoo vencia con autoridade na proba de Juniors, amosando o seu bo estado de forma despois do 9º posto na ultima proba da Copa do Mundo en Namur. En terceiro lugar entraba Abel Franco, quen tamen realizaba unha gran carreira. En Cadetes, dominaba Carlos Canal, con mais de 2 minutos sobre o 2º clasificado. Hugo Vaquez era 5º. E Marco Nube , que sufria pinchazo ,entraba e meta no posto 10º. En feminas cadete a victoria era para Noela Saa, que deste xeito levabase a Xeral da Copa Galicia. Aida Gonzalez era 3ª. En Elite Sub 23, Roman Saa era 3º Sub23, entrando en meta 8º da xeral. Raul Gonzalez era 6º Sub23, 12º na Xeral. En Feminas Elite, Xiana Conde era 5ª.

21 dic 2016

CARLOS CANAL 2º E NOELA SAA 3ª NA COPA GALICIA DE PORRIÑO




Carlos Canal era 2º na penultima proba da Copa Galicia de Ciclocross de Porriño , na mentras que Noela Saa era 3ª en Feminas Cadete, complicandoselle a ambos a victoria final na Copa, ao perder o liderato, nunha tempada intensa.
En cadetes, ademais do podium de Carlos, Marco Nube era 7º e Hugo 9º , completando ambos boas carreiras. En feminas cadete, Antia Martinez era 4ª e Aida Gonzalez 5ª.
En Sub 23 Raul Gonzalez era 5º na mentras que Roman Saa 6º.
A vinderia cita, será en Maceda, o 24 de decembro, pondo punto e final a Copa Galicia de Ciclocross.

20 dic 2016

IVAN FEIJOO 9º NA COPA DO MUNDO DE NAMUR



Ivan Feijoo conseguia este domingo , un valioso Top Ten na Copa do Mundo de Namur, ao finalizar 9º, nunha extraordinaria carreira. Ivan que partia dende a segunda fila, na posicion 13º, enseguida se situaba en cabeza da proba. Na primeira volta pasaba co grupo de cabeza. A partir de ahi , e no resto das voltas , mantiñase nun grupo que iba perdendo unidades, e do que se destacaba o corredor ingles Thomas Pidcock, que a postre entraria vencedor da proba. Por atras, o grupo no que iba Ivan , ibase a disputar os postos do 2º o 9º. A falta de volta e media, Ivan sufria un pinchazo, descolgandose do grupo, ao ter que entrar en box a cambiar de bici, e vendose apartado da loita polo podium. Ivan entraba en metar 9º, contento por acadar ese top ten , que a bo seguro vaille valer de motivacion extra de cara as seguintes copas do Mundo, e as vindeiras citas importantes que se aproximan.

12 dic 2016

IVAN FEIJOO E CARLOS CANAL 2º NA COPA DE ESPAÑA DE ELORRIO






Na penultima proba puntuable para a Copa de España de Ciclocross, a disputada este sabado la localidade vasca de Elorrio ,o  ACADEMIA POSTAL -ACTYON-MMR, voltaba a sumar 2 podiums.
Asi , Carlos Canal era 2º en Cadetes. Na mesma categoria, Marco Nube era o 19º. En juniors, Ivan Feijoo, era 2, sendo so superado por o catalan Jofre Cullel. En feminas cadete, Noela Saa entraba en meta 4ª e Antia Martinez era 5ª, na mentras Aida Gonzalez era 8ª. Asi pois moi bo balance nunha proba do prestixio como a de Elorrio, na que as parrillas de saida eran moi numerosas.  En cadets , por exemplo tomaban a saida ata 65 corredores.

Clasificacions:
http://www.rfec.com/sites/rfec.com/files/Clasificaciones%20CE%20CX%20Loter%C3%ADas%20Elorrio.pdf

CARLOS CANAL, NOELA SAA E ROMAN SAA NO PODIUM NA COPA GALICIA DE PONTEVEDRA





O xoves, dia 8, celebrabase no hipodromo de Campañó, unha nova proba puntuable para a Copa de Galicia de Ciclocross, e de novo os nosos corredores e corredoras tiñan unha destacada actuación, na que sumaban ata tres podiums. Asi Noela Saa era 2ª na proba de Feminas Cadete e Aida Gonzalez 4ª. Entre os rapazes, Carlos Canal, era 2º, na mentras que Hugo Vazquez entraba en meta 9º e Marco Nube 10º . En Juniors, Abel Franco , quedaba as portas do podium, o entrar en meta 4º. En Elite Sub 23, Roman Saa completaba unha gran carreira ao ser 3º Sub23 , 9º na xeral , na mentras Raul Gonzalez , que sufria varias averias ,entraba en meta 5º Sub23, 15º na xeral.

7 dic 2016

VICTORIAS DE IVAN FEIJOO, NOELA SAA E CARLOS CANAL NA COPA GALICIA DE BOIRO





Nunha maña soleada e sin apenas frio, e iso que estamos en decembro, celebrabase unah nova proba da Copa Galicia de Ciclocross en Boiro. E de novo destacada actuacion dos nosos corredores e corredoras, con un total de 5 podiums, entre eles as victorias de Ivan Feijoo en Juniors, categoria, na que ademais, Abel Franco era 3º. En Feminas cadete, habia doblete, con victoria de Noela Saa e segundo posto para Antia Martinez. Entre os rapazes cadetes, nova victoria para Carlos Canal, con moi boas carreiras tamen de Marco , que entraba 6º , e de Hugo Vazquez, que entraba en meta o 9º . En Elite Sub23, nunha carreira na que non podia participar Roman Saa por enfermidade, Raul Gonzalez era 14º , o 5º entre os Sub23. Con estes resultados, Antia Martinez e Carlos Canal, siguen como lideres da Copa de Galicia a falta de 3 probas.

29 nov 2016

ABEL FRANCO 2º EN JUNIORS NA TAÇA DE PORTUGAL DE CICLOCROSS


Abel Franco participaba este domingo na proba da Taça de Portugal,  onde lograba entrar en meta 2º na categoria junior, completando asi unha gran carreira e situandose 2º na xeral junior da Taça e pechando un gran fin de seman para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MMR, que  sumaba ata 7 podiums nun mesmo fin de seman.

VICTORIA DE CARLOS CANAL NA COPA DE ESPAÑA DE CICLOCROSS DE MANLLEU E 4 PODIUMS




Este domingo disputabase unha nova da proba da Copa de España de Ciclocross en terras catalanas, en concreto na localidade catalana de Manlleu , a onde chegamos despois dun longo viaxe, e onde nos agardaba un bonito circuito, resbaladizo despois das choivas caidas na tarde do sabado.  E os nosos , non defraudaban e completaban grandes carreiras. Asi en feminas cadete, Noela Saa era 2º na mentras que Aida Gonzalez era 3ª , subindo ambas o podium. En Cadetes, Carlos Canal, lograba unha importante victoria, que o manten na loita polo maillot de lider da Copa. Destacar tamén a gran carreira de Marco Nube, que entraba por primeira vez no top ten, sendo 7º. En juniors ,viviamos unha bonita carreira, cunha loita intensa entre Ivan Feijoo, Jofre Cullel e Xavier Murias. Ao final, victoria para Murias, con un Ivan Feijoo, que entraba en meta como 3º.

ROMAN SAA 3º SUB23 E ANTIA MARTINEZ 3ª CADETE NA COPA GALICIA DE DUMBRIA



Este sabado chegaba unha nova cita da Copa Galicia de Ciclocross, esta vez na localidade de Dumbria. nun circuito millorado con respecto a anos anteriores. En Elite Sub 23, Roman Saa completaba unha gran carreira, ao entrar en meta como 3 Sub23 e facer top ten na carreira absoluta. Raul Gonzalez era 5º Sub23. En Feminas Cadete, Antia Martinez era 3ª , mantendo o liderato da Copa . Entre os cadetes, Hugo Gonzalez era 8º.

24 nov 2016

SUSPENDIDA A COPA DO MUNDO DE KOKSIJDE POLO TEMPORAL



Ivan Feijoo acudia este fin de seman para participar na proba da Copa do Mundo de Koksijde, en Belxica, unha das probas clasicas , na miticas dunas de Koksijde , que xa teñen acollido varios Campionatos do Mundo. Ivan , despois dos punto sumados, partia da posición 10, e segunda fila. Pero, cando apenas restaban 20 min para o comezo da proba, a UCI, comunicaba que as probas eran suspendidas debido ao forte temporal de vento, que neses momentos azotaba a Koksijde, facendose notar sobre todo na zona de saida e meta, onde moi dificil manterse en pe. Non so se suspendia a carreira de juniors, si non que todas as carreiras programadas para a xornada. Unha magoa, despois dun viaxe longo....

22 nov 2016

VICTORIAS DE ANTIA MARTINEZ E CARLOS CANAL NA COPA GALICIA DE MARIN




Nun dia marcado pola abundante choiva , os nosos cadetes voltaban ter unha destacada actuacion na Copa Galicia de Ciclocross. Asi Antia Martinez, vencia , diante da sua compañeira de equipo, Noela Saa, e deste xeito recuperaba o liderato da Copa . Aida , que sufria averia era 4ª . Entre os rapazes, Carlos Canal, voltaba a vencer  con autoridades , afianzandose como lider . Hugo Vazquez, nunha gran carreira , quedaba as portas do podium, sendo 4º. Marco Nube, era 8º. En Elite Sub 23,  Roman Saa 15º (5º sub23)  e Raul Gonzalez o 23º (7º sub23) nunha carreira na que ambos eran victimas dos percanzes .

CARLOS CANAL E NOELA SAA VENCEN EN CADETES NA COPA GALICIA DE CICLOCROSS DE O ROSAL




Carlos Canal ,sumaba una victoria mais esta temporada , na Copa Galicia de Ciclocross, esta vez no circuito de O Rosal, un circuito que este ano foi modificado con respecto a anos anteriores , millorando. Carlos Canal con esta victoria afianza a sua posición de lider da Copa en Cadetes. Destacar tamen o 5º posto de Marco Nube, e o 8º de Hugo Vazquez. En feminas Cadete, Noela Saa , vencia e situabase como lider da Copa . Terceira era Antia Martinez, situandose tamen no podium. Na mentras que Aida era 6ª , nunha carreira con percanzes. En Feminas Elite, Xiana Conde era 6º , sendo 3ª entre as sub23. En Junior, Abel Franco era  6º. En elite, Raul Gonzalez era 12 º (4º sub23) e Roman Saa 14º (4º sub23).

14 nov 2016

IVAN FEIJOO LIDER DA COPA DE ESPAÑA JUNIOR DESPOIS DO 2º POSTO NO CICLOCROSS DE LES FRANQUESES. CARLOS CANAL E AIDA GONZALEZ TAMEN SUBIAN O PODIUM






Ivan Feijoo , situase como lider da Copa de España de Ciclocross , despois de ter finalizado este domingo 2º na proba celebrada na localidade catalana de Les Franqueses. Ivan , conqueria un importante resultado , que lle vale para situarse como lider, a pesares de ter sufrido un pinchazo na segunda das voltas que tiña que da o circuito de Les Franqueses. En Cadetes , Carlos Canal, era 2º , en dura pelexa con Iguanzo, como ven sendo tonica habitual nas probas da Copa de España, dende que comezou a temporada. Marco Nube, completaba unha gran carreira e quedaba as portas do top ten, o ser 11º, En feminas cadete, de novo gran carreira de Aida Gonzalez, que se metia de novo en podium, ao ser 3ª, nunha carreira valiente. Noela Saa, era 5ª e Antia Martinez 7ª estando tamen a moi bo nivel.

7 nov 2016

TRIPLE VICTORIA NA COPA DE ESPAÑA DE CICLOCROSS DE KARRANTZA!!






Nunha xornada historica para o Ciclocross macedán, os rapazes e rapazas do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MMR acadaban ata 3 victorias en medio do barrizal non que se convertiu o circuito de Karrantza. En juniors, Ivan Feijoo, selaba unha grandisima carreira, vencendo ao catalan Jofre Cullel. Ivan que sufria un percanze ao pouco da saida, perdendo posicions, e tendo que remontar. E remontaba, e de que xeito, volta a volta recortando segundos a cabeza de carreira, e dando caza a Cullel na ulitma volta, eso si, favorecido por unha averia del catalan.  Ivan marcaba volta rapida en cada paso por meta. En Cadetes, Carlos Canal , acadaba unha importante victoria, e lograba superar por primeira vez, o actual campión de España , Gonzalo Iguanzo. Carlos ,adaptabase perfectamente o barro de Karrantza , e impuñase nunha emocionante carreira. En feminas cadete, a que se adaptaba as mil maravillas era Aida, que con gran soltura enriba da bici, iba remontando posicions, ata situarse como primeira e levarse unha bonita victoria. Noela Saa , era 5ª ,e Antia Martinez 7ª, situandose as 3 entre as 7 primeiras.
Destacar tamen os cadetes  Marco Nube, 15º , sumando o seu primeiro punto na Copa, e Hugo Vazquez o 28º . Xiana Conde era a 26º entre as feminas, e Roman Saa tiña que abandonar por pinchazo. Asi pois unha xornada para enmarcar e lembrar a vivida en terras do val de Karrantza.

4 nov 2016

VICTORIAS E LIDERATO DE CARLOS CANAL E ANTIA MARTINEZ NA COPA GALICIA DE SANTIAGO




Este martes chegaba a terceira proba da Copa Galicia, esta vez en Santiago, no circuito de San Lazaro. De novo os nosos rapazes e rapazas destacaban nas  categorias inferiores, asi Carlos Canal vencia con autoridade en Cadetes, afianzando a sua posicion de lider da Copa. Marco Nube, era 5º.  En feminas cadete, vencia Antia Martinez, situándose como lider do Open. Noela Saa entraba en meta 2ª despois de ter sufrido un pinchazo. En Sub 23, Raul Gonzalez , subia ao podium no terceiro caixon. Roman Saa , debia abandonar despois de ter sufrido sendo percanzes, cando marchaba en posicions de podium.

31 oct 2016

VICTORIA DE NOELA SAA NA COPA DE ESPAÑA DE MUSKIZ E LIDERATO. CARLOS CANAL SEGUNDO.




Este domingo, chegaba a segunda cita puntuable para a Copa de España de Ciclocross , esta vez en Muskiz. E de novo bos resultados. Noela Saa vencia en Feminas Cadete, acadando asi a victoria nunha gran cita, e situandose asi como lider da Copa. Noela realizaba unha gran carreira, ao igual que as suas compañeiras. Asi Aida Gonzalez era 4ª e Antia Martinez era 6ª , situandose as 3 entre as 6 primeiras. 
En Cadetes, Carlos Canal voltaba a ser segundo repetindose practicamente a pelicula da carreira do dia anterior en Llodio, e decidindose de novo casi o sprint. Marco Nube realizaba tamen unha gran carreira entrando en meta o 17º dun total de 75 cadetes. En Junios, Ivan Feijoo, sufria unha caida na primeria curva , quedando practicamente o ulitmo ,e a partir de ahi ter que remontar. E remontaba , e de que xeito, ata situarse finalmente 5º , nun circuito dificil para adiantar. Xiana era a 24 en feminas Elite, na mentras que Hugo Vazquez e Roman Saa debian retirarse por caidas. 

IVAN FEIJOO (JUNIORS ) CARLOS CANAL E NOELA SAA (CADETES) NA COPA DE ESPAÑA DE LLODIO






Este sabado comezaba a Copa de España de Ciclocross , ca proba de Laudio, e os nosos rapazes e rapazas acadaban ata tres podiuns en diferentes categorias. Asi Ivan Feijoo era 2º en junior, a pesares da averia que sufria no freo cando iba en cabeza,  xunto con Murias. Ivan perdia algun posto , e tiña que remontar . Ao final 2º. En cadetes , Carlos Canal , tamen entraba en meta como 2º, despois de manter unha intensa loita con Iguanzo, e disputarse a victoria nos ulimos metros. Nesta categoria , Marco Nube era o 18º e Hugo Vazquez o 23º selando unhas boas carreiras. En Feminas Cadete, Noela Saa era 2º, despois de comandar a carreira casi ata o final ,cando a falta de media volta sufria unha caida , o que lle facia perder os mais de 30 segundos que levaba de marxe, para entrar en meta como 2ª. Aida Gonzalez, nunha gran carreira era 9ª e Antia Martinez a 12ª .

25 oct 2016

IVAN FEIJOO 35º NA COPA DO MUNDO JUNIOR DE CICLOCROSS EN VALKENBURG


Ivan Feijoo finalizaba este domingo o 35º na primeira proba da Copa do Mundo de Ciclocross, categoria junior, disputada na localidade holandesa de Valkenburg. Ivan , partia en liña de saída no posto 36º. Nunha saida, non moi acertada, por mor dun atasco nas primeira curvas, perdia ainda mais posicions, retrasandose ata ultimas posicions. A partir, a tarefa era dificil, xa que tocaba adiantar e ramontar , nun circuito , que anque se preveia duro , finalmente faciase moi rapido. Nun ritmo de carreira moi alto, remontou ata a posicion 35º. Asi pois, primeira experiencia internacional de maximo nivel nesta tempada. A seguinte cita, en Copa do Mundo, será dentro dun mes en Koksijde. Antes, Copa de España, este fin de seman en Llodio e Muskiz.

VICTORIAS DE ANTIA MARTINEZ E CARLOS CANAL NO TROFEO DE CICLOCROSS DE FERROL




Este domingo celebrouse a segunda proba da Copa Galicia de Ciclocross, esta vez en Ferrol, en medio dun diluvio, o que provocou que o circuito estivese embarrado. Nestas duras condicions, os nosos rapazes e rapazas voltaron a ter una actuacion destacada. Asi , Carlos Canal voltaba a vencer en cadetes, mantendo asi o maillot de lider. Tamen subia o podium, o seu primeiro podium como cadete, Marco Nube, que acaba de dar o salto a esta categoria. Hugo Vazquez, era 6º.
En feminas cadete, esta vez , a vitoria era para Antia Martinez, diante da sua compañeira de equipo, Noela Saa, nun bonito duelo. Aida Gonzalez ,era 4ª. Noela Saa , mantiña asi o maillot de lider da Copa.
En Sub 23, Roman Saa voltaba a subir o podium, entrando 3º , e sendo 11º , na xeral Elite Sub23. Raul Gonzalez era o 4º.

VICTORIAS DE NOELA SAA E CARLOS CANAL NA PRIMEIRA PROBA DA COPA GALICIA EN NARON




Bo arranque da Copa Galicia de Ciclocross dos nosos rapazes e rapazas , na proba celebrada en Naron, ao acadar 2 victorias e varios podiums nas mesmas. Asi Carlos Canal vencia en Cadetes, na mentras que Noela Saa o facia entre as rapazas cadetes. Segunda era Aida, e terceira era Antia Martinez, En Cadetes , tamen completaban unha gran carreira, Hugo  Vazquez, que era 4º, e Marco Nube 6º.
En Sub 23 , Roman Saa, que se estrea na categoria, subia a podium ao entrar en meta 3º, despois dunha gran carreira.
En Promocion, Martin Gonzalez era 2º.
Con estes resultados, Carlos Canal e  Noela Saa, vestianse de lideres do Open

17 oct 2016

GRAN ACTUACION DO EQUIPO NO CICLOCROSS DE VILLARCAYO CON VICTORIA DE IVAN EN JUNIORS






O domingo era a cita en Villarcayo, noutra das probas clasicas do calendario de Ciclocross , neste comezo de temporada, e o noso equipo, casi calcaba os resultados obtidos o dia anterior en Medina . De novo,  Ivan Feijoo vencia con autoridade na proba de junior, completando asi un gran fin de seman. En Cadetes , Carlos Canal, voltaba a quedar 2º, sendo batido ao sprint polo vixente campion de España Cadete. Hugo Vazquez milloraba o resultado do dia anterior, e entraba en meta 15º. Marcos Nube era 17º, con caida incluida. Estos excelentes postos, valian , para que de novo , o equipo cadete se levara a victoria por equipos. En feminas cadete, esta vez era Antia Martinez a que entraba 2ª en meta, na mentras que Aida Gonzalez era 5ª e Noela Saa 6º, tamen con caida incluida cando estaba no grupo de cabeza. Excelente o rendimento das tres corredoras cadetes. En Femias Elite , Xiana Conde entraba a meta a 18º , nunha boa carreira. En Elite Sub 23, Roman Saa, que estaba completando unha extraordinaria carreira , non podia finalizar a proba por pinchazo ao pouco de rematar a proba, cando estaba realizando unha extraodinaria carreira e marchaba o 4º sub23, e sobre o 25º da xeral.
Asi pois gran actuacion de novo , esta vez en Villarcayo, e gran balance para o primerio fin de seman da temporada de CX

Fotos de Luz Maria Iglesias
https://photos.google.com/share/AF1QipOlh2ua5t_BUWYoD8hlDEv26yChqpDISorwaFnsubRRAVOivTW1WMCLgQ5_gA3T_w?key=OC1QUEhsV2dzSWE1VDVVSXUtTlFPaUpwN1otMWp3