31 oct. 2016

IVAN FEIJOO (JUNIORS ) CARLOS CANAL E NOELA SAA (CADETES) NA COPA DE ESPAÑA DE LLODIO






Este sabado comezaba a Copa de España de Ciclocross , ca proba de Laudio, e os nosos rapazes e rapazas acadaban ata tres podiuns en diferentes categorias. Asi Ivan Feijoo era 2º en junior, a pesares da averia que sufria no freo cando iba en cabeza,  xunto con Murias. Ivan perdia algun posto , e tiña que remontar . Ao final 2º. En cadetes , Carlos Canal , tamen entraba en meta como 2º, despois de manter unha intensa loita con Iguanzo, e disputarse a victoria nos ulimos metros. Nesta categoria , Marco Nube era o 18º e Hugo Vazquez o 23º selando unhas boas carreiras. En Feminas Cadete, Noela Saa era 2º, despois de comandar a carreira casi ata o final ,cando a falta de media volta sufria unha caida , o que lle facia perder os mais de 30 segundos que levaba de marxe, para entrar en meta como 2ª. Aida Gonzalez, nunha gran carreira era 9ª e Antia Martinez a 12ª .

No hay comentarios:

Publicar un comentario