20 ago 2014

I MINI BTT BEMBRIVE: ABEL FRANCO 3º CADETES, E VICTORIA DE AIDA EN ALEVINS



Este mercores, o CC Vigues, organizaba en Bembrive o seu primeiro Mini BTT, que a pesares de ser nun dia laborable contou cunha participación moi numerosa. Dos nosos destacar , o primeiro podium para Abel Franco, na categoria de Cadetes, rematando 3º na proba. En infantis, Carlos Blanco obtiña un 7º posto, e Antia, era 5ª entre as feminas. En alevins, Aida vencia entre as feminas, con Noela 4ª. Marco Nube era 4º entre os rapazes, e Martin Gonzalez 11º. En prebenxamins, Artai foi 3º, Saul 4º  e Iago Cruz 7º. Foron un total de 20 rapazes e rapazas da nosa escola os que participaron na proba, estando tod@s a un gran nivel. Noraboa a tod@s!!!

18 ago 2014

X MINI BTT DE MACEDA: A GRAN FESTA!!!



Fin de semán moi intenso o que nos tocou vivir este fin de semán en Maceda, ao coincidir o VI BTT e o X MINI BTT de Maceda, o que convirtui as instalacións das Piscinas Municipais, onde se celebraban ambas probas, nunha gran festa con actividades durante toda a ponte, e con acampada incluida. No Mini BTT foron case que 170 os nenos e nenas que participaron. Dos nosos destacar o victoria de Aida en Alevins e os podiums de Antia, Noela, Marco, Hugo e Saul. Pero sobre todo, destacar o gran ambiente festivo vivido, a acampada, a estrea do novo local, o xantar, a proxeccion de peliculas......en fin , un fin de seman para lembrar e repetir. Grazas a tod@s por participar e vir....

SAUL LOPEZ 2º NO VI BTT DE MACEDA NO PECHE DE TEMPORADA







A temporada galega de BTT , pechabase este venres ca proba de Maceda, o VI BTT de Maceda. E non lle poido ir mellor aos nosos e nosas, que sumaron ata un total de 4 victorias e 2 podiums. Asi Saul Lopez, o dominador do calendario galego de BTT, nunha gran carreira era 2º na proba raiña, a dos Elite, sendo so superado por un dos millores Sub 23 a nivel Mundial, o macedan do MMR Pablo Rodriguez. En feminas , a mais rápida, e vencedora, era Xiana Conde , na sua volta a competición despois de varios meses fora dela por lesion. En Juniors, o actual campión galego, Raul Gonzalez, vencia en casa, ao igual que en Cadetes, o imbatido en Galicia, esta tempada, Ivan Feijoo. Destacar tamén o 4º posto de Aaron e o 5º de Abel Franco, nesta mesma categoria. En Master 40 tamén había victoria con Xulio Conde. E en Master 50 Jose Manuel era 2º. A nota triste da xornada foi a lesion de Román Saa, que lle obrigou a pasar por quirofano. Desesarlle unha pronta recuperacion. E reseñar por ultimo o gran ambiente festivo vivido nesta proba e en todo o fin de seman en Maceda, nunha ponte, na que coincidiron o BTT e o Mini BTT de Maceda.....

9 ago 2014

GP ALBARIÑO: DOBLETE DE AIDA E NOELA EN ALEVINS





Este domingo tocou asistira a proba para estrada do GP Albaiño en Cambados, e os nosos, a pesar de estar en plenas festas de Maceda, parace que se adapataron ben. Asi Aida e Noela eran 1ª e 2ª entre as chicas na categoria de Alevins. En rapazes, Breo , acadaba un meritorio 5º posto. Para algun deles supuña a sua estrea nunha proba de estrada. Asi era o caso de Antia que era 6ª entre as rapazas infantis, e de Raul Gonzalez, que participaba en Junior rematando o 19º dentro do peloton.

3 ago 2014

MINI BTT PONTEAREAS: DOBLETE DE AIDA E NOELA EN ALEVINS


Este fin de seman, celebrouse unha nova edicion do Mini BTT de Ponteareas, proba na que participaron casi que 200 nenos e nenas, no xa tradicional circuito do parque da Visoureira. Dos nosos destacar a victoria de Aida Gonzalez en Alevins con Noela Saa 2ª . O 4º posto de Artai en Prebenxamins, o 6º posto de Hugo Fernandez en Promesas, o 4º e 5º posto de Breogan e Marco en Alevins e a gran actuacion de todos os demais nenos que acudiron .

2 ago 2014

EVA ALVAREZ SUBCAMPIONA DE ESPAÑA BTT XC SUB23. SAUL LOPEZ 5º EN SUB23




De gran balance podemos calificar a participación dos corredores e corredoras no noso clube nos Campionatos de España de BTT XC celebrados este fin de semán na localidade de Panticosa. EVA ALVAREZ proclamabase, nada menos e nada mais que subcampiona de España Sub23!!!, realizando unha gran carreira. Asi no seu primeiro ano na categoría, Eva subía ao podium nun campionato de España despois de ter sido o ano pasado campiona de España Junior, tamén en Panticosa.  Na carreira de chicos , vencía o macedan do MMR BIKE PRO TEAM, Pablo Rodriguez, e o noso corredor , SAUL LOPEZ, realizando tamén  unja gran carreira entraba en meta nun extraordinario 5º posto. En Juniors RAUL GONZALEZ era 20º, realizando tamen unha boa carreira. Na tarde do venres, celebrabase a proba por seleccions autonómicas , participando co combinado galego Raul Gonzalez , xunto con Pablo Rodriguez, Lucia Vazquez e Mauro Gonzalez, que entraron en meta en 5º posto despois do pinchazo sufrido por Mauro, na primeira volta e que os privou de loitar polas medallas.
Destacar tamen a victoria do noso Jose Antonio Hermida, na proba de Elite.
Asi pois gran balance nos campionatos de España de BTT XC...