27 ago 2012

AIDA GONZALEZ 1ª E IVAN FEIJOO 2º PODIUMS NO MINIBTT DE MONTEFERRO


Este pasado sábado celebrouse en Nigran , unha nova edición do MINI BTT de Monteferro, no clasico circuito do parque de Monteferro, con máis de 150 participantes, entre eles 16 corredores e corredoras do noso clube. Destacar a actuación, unha vez máis de Ivan Feijoo, en Infantis, sendo 2º e de Aida Gonzalez, que vencia unha vez máis en principiantes feminas. Ainda que estes foron os unicos corredores/as en subir ao podium, reseñar que o resto de corredores/as da Escola JA Hermida, estiveron a un gran nivel, con Breogan Diz 6º, Martin 12º e Pablo 22º en Principiantes. Noela Saa, quedou as portas do podium , sendo 4ª. Aron Lopez foi 8º en Infantis, con Roman 13º e Manuel 14º. Os restantes , Uxio, Hugo, Tristan, David, Antia e Xacobe tamen completaron boas carreiras. A seguinte cita tera lugar o vindeiro sábado , en Cambre.

20 ago 2012

IVAN FEIJOO E AIDA GLEZ , VENCEN NA CASA , NO VIII MINI BTT CASTELO DE MACEDA


Este sábado tocou organizar e correr na casa , no VIII MINIBTT CASTELO DE MACEDA,  e a verdade a valoración , para nos , non pode ser máis que positiva, tanto polos resultados, no que respeta aos rapazes e rapazas da nosa Escola de Ciclismo, como pola elevada participación, xa que foron 140 os rapazes e rapazas de toda Galicia , que se achegaron a Maceda para participar na proba, o que constitue un exito.
A xornada comezou de maña, as 11 horas, xa con moito calor, nos arredores do Castelo de Maceda. Abriuse ca carreira de Prebenxamins, para continuar despois ,con todas as categorias, promesas, principiantes, alevíns e infantis. Moito foi tamén o publico que presenciou a proba en directo. No que respeta aos resultados d@s corredores e corredoras locais, destacar a victoria de Ivan Feijoo na categoria de Infantis, e de Aida Gonzalez en Principiantes, asi como os podiums de Noela e Aixa. 
Pero a xornada, non remataba cas carreiras, xa que o remate das mesmas, a "festa" trasladabase as instalación municipais das Piscinas, onde se celebraba a III FESTA DO MINI BTT GALEGO, e na que participan máis de 200 persoas, disfrutando dun xantar e dunha xornada de lecer nas piscinas, para rematar con unha acampada. 
Asi pois xornada completa ,nun día non que o calor apretou.

16 ago 2012

ESTE SABADO AS 11 VIII MINI BTT CASTELO DE MACEDA


Este sábado a partires das 11 horas , e nos arredores do Castelo de Maceda, o CC Maceda e a súa Escola de Ciclismo JA HERMIDA, organizan o VIII Mini BTT CASTELO DE MACEDA, e no que se agarde que participen máis dun centenar de rapazes e rapazas das diferentes Escolas de Ciclismo de Galicia, con idades  de entre os 5 e os 14 anos. Ao remate do mesmo, e xa nas instalacións das piscinas tod@s @s participantes, poderán participar na III Festa do MINI BTTT GALEGO, e  que consistira nunha xantar colectivo e unha tarde de convivio con xogos na piscina, para rematar con unha acamapada.

12 ago 2012

HERMIDA 4º NAS OLIMPIADAS DE LONDRES


Finalmente Hermida foi 4º nas Olimpiadas de Londres, nunha carreira emocionante na que estivo loitando toda a carreira por unha medalla, e na que un percance ca sua cadea, posiblemente , lle impedira subir o podium. Pero ainda asi, demostrou a sua gran condición e a sua garra, nunha carreira dura , intensa e moi moi emocionate. Hoxe , o unico que podemos decir, e que neste clube ,estamos MOI ORGULLOSOS de que a nosa  ESCOLA DE CICLISMO leve o teu nome: JOSE ANTONIO HERMIDA.....