16 ene 2024

SARELA CONDE E ALEJANDRO GARCIA AS PORTAS DO TOP TEN, NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA CX AMURRIO










SUB23 FEMENINAS

Sarela Conde, quedaba as portas do top ten o rematar como 11ª Sub23, na proba disputada o domingo pola maña sobre o duro circuito de Amurrio. Sarela completaba asi unha gran carreira no seu primeiro Campionato como Sub23.

JUNIORS

Alejandro Garcia  11º , na proba de juniors , nunha carreira na que saia dende 6ª fila, e remontaba rozando o Top ten. Nestor Frias , pola sua parte era o 49º.

CADETES

Martin Lopez, finalizaba o 47º ,dun total de 151 corredores, na sua primeira experiencia nun Campionato de España 

TEAM RELAY

Alejandro tomaba parte o venres de tarde na proba de Team Relay ,con Galicia , finalizando 6º por equipos.



11 ene 2024

SARELA CONDE (SUB 23) E ALEJANDRO GARCIA (JUNIOR) CONVOCADOS POR GALICIA PARA OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE AMURRIO



Sarela Conde e Alejandro Garcia veñen de ser convocados pola Federacion Galega para acudir formando parte da Seleccion de Galicia, os Campionatos de España que se celebran este fin de seman , na localidade vasca de Amurrio. 
O venres , Alejandro , tomara parte con Galicia , na proba por equipos. 
O sabado de tarde, Alejandro competira na proba de Juniors, na mentras que Sarela, farao o domingo de maña. 

10 ene 2024

O ACADEMIA POSTAL - A BANCA MACEDA MILLOR EQUIPO DA COPA GALICIA DE CICLOCROSS




O noso equipo o ACADEMIA POSTAL -A BANCA ven de gañar a COPA DE GALICIA POR EQUIPOS, un exito mais neste gran ano 2023 , no que , xa gañara a COPA DE GALICIA POR EQUPOR EN BTT XCO.

Para nos constitue un exito importante e bonito , acadar esta victoria, xa que supon o exito de cada un e todos os  corredores e corredoras que forman parte do equipo, asi como da xente que cada carreira esta a traballar a prol do equipo, e dos rapazes , xente sin a que nada seria posible. E por todos eles polos que esta clasificación ten tanta importancia para nos. 


8 ene 2024

SAUL LOPEZ (ELITE) E ALEJANDRO GARCIA (JUNIOR) CAMPIONS GALEGOS CICLOCROSS




Este domingo disputabanse en Cambre , organizada polo CC Cambre , os Campionatos de Galicia de Ciclocross, e SAUL LOPEZ, na categoria Elite, e ALEJANDRO GARCIA, en junior, acadaban sendos titulos para o noso equipo, o ACADEMIA POSTAL - A BANCA . 

Reseñar que ambos corredores , lograban deste xeito , no mesmo ano, ser Campions Galegos tanto en BTT XCO como en Ciclocross , nas suas categorias. Alejandro ademais ,foi Campion Galego de XCM e Campion de España de XCO, todo elo no seu primeiro ano de Junior. 

Gran actuación de todos os integrantes do noso clube, que ademais destes titulos sumaban varios postos nos top ten das suas categorias. 

Resultados

ELITE 

1º Saul Lopez

15º Raul Gonzalez

SUB23

7º Brais Fernandez

JUNIOR

1º Alejandro Garcia

7º Nestor Frias

11º Miguel Sotelo

FEM JUNIOR

4ª Iris Fernandez

CADETE

8º Martin Lopez

26º Daniel Rodrigues

MASTER 60

3º Jose Manuel Gonzalez


Fotos : Luz Maria Iglesias

4 ene 2024

SARELA CONDE , BRAIS FERNANDEZ E IRIS FERNANDEZ GANADORES FINAIS DA COPA GALCIA



Despois da ultima proba puntuable da COPA GALICIA CICLOCROSS 2024, celebrada en Nigran , Sarela Conde, en Sub23 Fem, Brais Fernandez, en Sub 23 e Iris Fernandez , en Junior, acadaban a victoria na xeral da Copa nas suas respectivas categorias. Asi pois , triple victoria individual na Copa.

1 ene 2024

TRIPLE VICTORIA NA COPA GALICIA CX DE NIGRAN






Sarela Conde (Sub23) Iris Fernandez (Junior) e Alejandro Garcia (Junior) acadaban a victoria na ultima proba da Copa de Galicia, disputada en Nigran e organizada polo CC Coruxo, nunha xornada exitosa, para o noso equipo que ademais veia como Brais Fernandez subia o podium como 3º Sub23 . 


SUB 23 

3º Brais Fernandez

SUB23 FEM

1ª Sarela Conde

JUNIOR

1º Alejandro Garcia

13º Nestor Frias

JUNIOR FEM

1ª Iris Fernandez

CADETES

7º Miguel Lopez

24º Daniel Rodrigues