25 abr 2013

MARCOS VILLAR VENCE EN JUNIOR NO BTT DE SAMIEIRA



Despois de 2 duros anos, o corredor junior , Marcos Villar , voltaba a subir o mais alto dun podium, o acadar a victoria na 3ª proba puntuable para o Open Galego de BTT, en Samieira (Poio) .Marcos vencia, na proba, na que o ACTYON-ACADEMIA POSTAL-MERIDA, acadaba o dobrete, xa que Raul Gonzalez, despois dunha extraordinaria carreira era 2º. Asi pois , dominio dos juniors macedáns con Marcos Villar 1º e Raul Gonzalez 2º.  O outro podium , chegaba na categoria de Femina Cadete, na que Xiana Conde, era 2ª, perdendo deste xeito o maillot de lider, que tiña acadado na proba anterior. O clube macedán desprazou ata un total de 9 corredores/as a proba de Poio. Roman Saa era 7º en Cadetes, Felix Borrajo o 25º en M-30, Xulio Conde 4º en M-40 e J. Manuel Gonzalez 5º en M-50.

24 abr 2013

VIII DUATLON ESCOLAR DE MACEDA






Este sabado organizamos en Maceda o VIII Duatlon Escolar de Maceda, nunha tarde soleada e con unha boa participacion de rapazes e rapazas chegados de Carballiño, O Pereiro de Aguiar, ademais dos peques da Escola JA Hermida de Maceda. A xornada, permitiu que moitos deles se estrearan nunha disciplina como e o Duatlon, xa que para os integrantes da Escola de Ciclismo O Pereiro , era seu primer contacto co mundo da competición. Ademais das probas "oficiais" houbo tamen carreiras para os mais pequenos. Os resultados das diferentes categorias foron os seguintes:

Cadetes Feminas:
1ªAndrea Marquina    Escola de Triatlon Maside

Infantil Masc:
1º Ivan Feijoo             Esc. JA Hermida-Maceda
2º Manuel Souto         Esc. JA Hermida-Maceda
3º Jose Benito Silva     Escola de Triatlon Maside

Alevin Masc:
1º Breixo Atrio           Esc. JA Hermida-Maceda

Alevin Femenino:

1º Nayeli Iglesias        Escola de Triatlon Maside
2º Noela Saa             Esc. JA Hermida-Maceda
3º Aida Gonzalez       Esc. JA Hermida-Maceda


Benxamin Masc:
1º Breogan Diz           Esc. JA Hermida-Maceda
2º Alexandre Alvarez  Escola de Triatlon Maside
3º Martín Gonzalez     Esc. JA Hermida-Maceda

Benxamin Fem:
1ª Genma Dominguez Esc. O Pereiro de Aguiar
2ª Alejandra Silvani    Esc. O Pereiro de Aguiar
3ª Xiana Sanchez       Esc. O Pereiro de Aguiar

17 abr 2013

VIII DUATLON ESCOLAR DE MACEDA


Este sábado, día 20, a partir das 16 horas, e nos arredores do Campo de Futbol de Maceda, organizamos o VIII DUATLON ESCOLAR DE MACEDA, para nenos e nenas nados entre os anos 2004 e 1997. A proba e a final provincial de Duatlon, e polo tanto clasificatoria para a Final Galega de Duatlón Escolar. As categorias son as seguintes, benxamins, alevins , infantis e cadetes. A parte das probas "oficias" e o remate das mesmas , habera un miniduatlon para os mais pequenos, para os nenos e nenas nados con posterioridade o 2004.

16 abr 2013

DUATLON ESCOLAR DE MASIDE




Este sábado celebrouse o Duatlon escolar de Maside, clasificatorio para o provincial, que nos toca organizar o vindeiro sabado , día 20 de abril. Nunha xornada soleada, os nosos pequenos e pequenas puideron disfrutar dunha bonita xornada deportiva, nunha especialidade, que ainda que non e a deles, tamen colleritan bos resultados.
Cadetes: 1º Roman Saa
Cadetes Femina: 1ª Xiana Conde
Infatiles: 1º Ivan Feijoo 2º Manuel Souto
Alevin Femino: 1º Aida Gonzalez
Benxamin : 2º Breogan Diz 3º Martin Gonzalez

8 abr 2013

EVA ALVAREZ 2ª NO OPEN DE ESPAÑA COFIDIS BTT XC DE JEREZ


A corredora junior do ACTYON-ACADEMIA POSTAL-MERIDA, acadou onte un gran 2º posto na carreira do Open de España Cofididis de BTT-XC , na localidade andaluza de Jerez e nun circuito tecnico con moito repecho corto e baixadas de moita pendente, e no que habia algo de barro polas choivas caidas nas últimas semans en Andalucia. Eva, nunha gran carreira, so era superada pola corredora da seleccion rusa, Olga Talentyeva. Eva , sumase asi a xa un bo numero de corredores do noso clube que colleitan un podium nunha proba do Open de España de BTT. O resto da xornada para o noso clube , deparou bos resultados , asi en Feminas Cadete, Xiana Conde, era 6º. En juniors Raul Gonzalez era o 33 e Saul Lopez o 46 na carreira de Elite Sub23. Saul , saia dende as ultimas posicions, e despois de ter remontado ata o posto 30 , pagaba o esforzo nas ultimas voltas perdendo algunhas posicions.

4 abr 2013

ESTE DOMINGO NOVA CITA DO OPEN DE ESPAÑA DE BTT EN JEREZ DE LA FRONTERA


Este fin de semán a cita para os integrantes do ACTYON-ACADEMIA POSTAL-MERIDA, será en Jerez de la Frontera, a onde se desprazarán para participar no GP Ciudad de Jerez, nunha nova cita puntuable para o OPEN DE ESPAÑA COFIDIS de BTT XC, e que se disputara na maña do domingo, no parque las Aguilillas da capital andaluza.
A cita terá lugar, como e habitual, na matinal do domingo, en duas mangas, as 10 sairan Feminas, Master e Cadetes ; as 12 serán os junior e os Elite Sub23. Seran un total de 6 os corredores macedans que se despracen a cita para participar nas categorias de Feminas, Junior, Master e Elite Sub 23.
A intencion e pelexar por entrar nalgun podium , sobre todo na categoria de Feminas, que e a categoria onde mais opcións se ten. Xa na primeira carreira, en Sangüesa (Navarra) tanto Eva como Xiana estiveron pelexando por elo, ata que sendos percances obrigaronnas a retirarse da carreira.

2 abr 2013

XIII TROFEO LA VEGUILLA BENAVENTE


Este sabado, 30, celebrouse na localidade de Benavente o XIII Trofeo BTT La Veguilla, proba puntable para o Open Galego de Castilla e Leon, e puntuable para o ranking da RFEC. Nun circuito rapido, e seco, a pesares da choiva caida nos dias anteriores, os corredores/as do ACTYON-ACADEMIA POSTAL-MERIDA, non tiveron demasiada sorte, xa que na carreira de Elite, Saul Lopez, rompia a cadea, impedindolle loitar por posicions de cabeza. En Juniors, Marcos Villar , debia retirarse por un pinchazo cando loitaba por entrar dentro das posicions de podium. Raul Gonzalez, na mesma categoria, realizaba unha gran carreira e remataba 5º. Sergio Movilla era 8º. En Feminas, Eva Alvarez, resentiase da caida sufrida en Sangüesa e debia retirarse por molestias nunha perna. A cadete, Xiana Conde, que competia cas Elite, finalizaba nun meritorio 6º posto. O unico podium , chegaba en M-40, onde Xulio Conde era 3º