4 abr. 2013

ESTE DOMINGO NOVA CITA DO OPEN DE ESPAÑA DE BTT EN JEREZ DE LA FRONTERA


Este fin de semán a cita para os integrantes do ACTYON-ACADEMIA POSTAL-MERIDA, será en Jerez de la Frontera, a onde se desprazarán para participar no GP Ciudad de Jerez, nunha nova cita puntuable para o OPEN DE ESPAÑA COFIDIS de BTT XC, e que se disputara na maña do domingo, no parque las Aguilillas da capital andaluza.
A cita terá lugar, como e habitual, na matinal do domingo, en duas mangas, as 10 sairan Feminas, Master e Cadetes ; as 12 serán os junior e os Elite Sub23. Seran un total de 6 os corredores macedans que se despracen a cita para participar nas categorias de Feminas, Junior, Master e Elite Sub 23.
A intencion e pelexar por entrar nalgun podium , sobre todo na categoria de Feminas, que e a categoria onde mais opcións se ten. Xa na primeira carreira, en Sangüesa (Navarra) tanto Eva como Xiana estiveron pelexando por elo, ata que sendos percances obrigaronnas a retirarse da carreira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario