19 ago 2019

MINI BTT MACEDA , A FESTA DO MINI BTT GALEGO - COPA DEPUTACION DE OURENSE











Fin de seman de festa total para os rapazes e rapazas do Mini BTT de Galicia, o vivido durante estes dias en Maceda, con multiples actividades.
Dende o xoves 15, mais de un millar de persoas permanecian acampadas nas instalacións das piscinas municipais de Maceda, e daban un ambiente festivo e de convivencia.
O Sabado desprazabamonos todos ata Xunqueira de Espadanedo para tomar parte no I MINI DH de Xunqueira, organizado pola nosa xente do DH XUNQUEIRA.  Xa ese mesmo dia pola noite, chegaba a III MARCHA DAS VAGALUMES, que saia das piscinas , e levabanos ata o Castelo , iluminando e enchendo de bicis todas as ruas de Maceda. A festa continuaba o domingo ca celebración do XV MINI BTT de Maceda . E para pechar a festa, actuación de DANI BARREIRO & FRIENDS .

18 ago 2019

ANE SANTESTEBAN CHOCA DO ANO


A ciclista profesional Ane Santesteban recibía no transcurso do Mini BTT de Maceda , a Choca que a a acredita como CHOCA DO ANO do CC Maceda, recoñecemento a unha traxectoria espectacualar que a ten situado como unha das millores ciclistas do Estado Español, e tamén das millores escaladoras a nivel mundial.
Ane, se une xa numeroso plantel de ciclistas que teñen recibido do noso clube este premio. Entre os galardonados estan Miguel Indurain, Oscar Pereiro, Ezequiel Mosquera, Marcos Serrano, José Antonio Hermida, Chechu Rubiera,  Gustavo Cesar Veloso e Pablo Rodriguez.

14 ago 2019

XV MINI BTT DE MACEDA - COPA DEPUTACION DE OURENSE


Este fin de seman , presentase intenso para o noso CLUBE , xa que chega un dos grandes eventos do ano, a grande FESTA DO MINI BTT  , que este ano inclue a celebracion do XV MINI BTT DE MACEDA, proba da COPA DEPUTACION DE OURENSE,  que se celebrará o domingo 18 de agosto a partir das 11:00 horas. 
Pero o fin de semana deparará mais actividades , xa que o 17 de Agosto , a partir das 21:30 horas celebrarase o III PASEO DAS VAGALUMES, marcha que partira ao porse o dia das instalacions das piscinas percorrendo Maceda e voltando ao lugar de partida. Ademais, nestes 3 dias habera concertos, Pump Track , saidas en bici, e moita convivencia para os 400 nenos e nenas das diferentes Escolas de Ciclismo que encheran Maceda, acampando na zona das piscinas.