31 dic 2010

CIRCUITO CAMPIONATO ESPAÑA CICLOCROSS

Algunhas fotos dos preparativos do circuito onde se van a celebrar os vindeiros campionatos de España de Ciclocross.

http://picasaweb.google.com/ccmaceda/CIRCUITOCAMPIONATOSESPANAZAMORA#

27 dic 2010

PABLO , CAMPIÓN GALEGO JUNIOR DE CICLOCROSS


Onte celebraronse en Negreira os Campionatos Galegos de Ciclocross, nunha maña moi fria, con temperaturas baixo cero. O clube macedán acudia con varias baixas como consecuencia das gripes. Comezou a xornada coa carreira de Cadetes, na que o corredor macedán Marcos Villar partía con serias opcións de podium tras proclamarse brillante vencedor da Copa de España, pero o frio pasoulle factura e o final foi 4º clasificado. Na mesma carreira Ivan Conde eran 7º . A continuación deuse a saída a carreira de Juniors e Master. En juniors Pablo Rodriguez non fallaba e vencia con absoluta autoridade, proclamandose asi campión galego, e conseguindo un titulo máis nesta tempada. En master Xulio era 9º.

Este fin de semán , a cita sera en Maceda, o domingo 2 de xanerio, na última proba do calendario galego, e como previa aos campionatos de España que se celebran o 7,8 e 9 de xaneiro en Zamora.

19 dic 2010

PABLO RODRIGUEZ 16º EN KALMTHOUT


Pablo Rodriguez ven de repetir o 16º lugar que xa acadara na anterior proba da copa do Mundo de CX, pero esta vez na localidade Belga de Kalmthout, nun circuito totalamente nevado, e con xeo que lembraba ao mundia do ano pasado en Tabor. Pablo realizou unha gran carreira , xa que tan so 14'' o separaron do top ten , e 53'' do vencedor e actual lider da copa do Mundo , o belga Sweeck, que repetía victoria. Pablo , adaptouse perfectamente as condicións do circuito, a pesar de non ter corrido apenas nestas condicións, sempre rodando no segundo grupo, o que iba do 8º ao 17º. O tempo marcou a carreira, xa que as continuas nevadas, e as temperaturas baixo cero marcaron a carreira. Pero tal é a pasión que o ciclocross levanta en Belxica, que apesar de elo, o circuito estaba cheo de público, sendo miles de persoas as que presenciaron a proba Elite despois de ter que pagar 15 € de entrada ,e no medio dunha intensa nevada.

Deste xeito Pablo volta a Maceda satisfeito polo resultado acadado , que lle permite seguir entre os primeiros da Copa do Mundo. O outro corredor español, que toma presencia na proba junior era o cantabro , Kevin Suarez, que remataba 41º.

ROIS E PORRIÑO: IAGO 7º EN ROIS, E DAVID 3º EN PORRIÑO

Xornada doble para o ciclocross galego este fin de semán , nas portas da celebración do campionato galego, que terá lugar o vindeiro fin de semán. O sábado tocaballe o turno a proba de Rois. En cadetes, Rubén García acadaba un meritorio 6º lugar; na proba de Juniors , David Rodriguez tan so podia ser 15º. Na proba de Elite, Iago García realizaba a súa millor carreira e remataba 7º, sendo o 3º Sub 23.
Na maña do domingo, tocaballe o turno a proba do Velodromo de Porriño. En cadetes, Rubén repetía o magnífico 6º lugar do sabado. Na proba de Juniors, David acadaba o seu primer podium , en ciclocross, sendo 3º. David, que carreira a carreira foi millorando, acadaba por fin o premio o seu gran traballo , subindo por primeira vez aun podium. En Elite, Iago , que acusaba o esforzo da xornada anterior ,remataba 13º. Destacar tamén que Marcos era baixa nas dúas probas despois duns problemas na sua mán , que non lle impediran estar no Campionato Galego.

16 dic 2010

ESTE FIN DE SEMAN, COPA DO MUNDO, ROIS E PORRIÑO


Este fin de semán a actividade para o CC Maceda voltará a ser intensa, xa que estará presente en tres probas. Por unha parte, PABLO RGUEZ, acudirá a participar de novo a unha proba da Copa do Mundo de Ciclocross, na categoria junior, na localidade belga de Kalmthout, onde se prevee un frio intenso. A carreira comezará as 9:30 horas da maña do domingo. Está será a segunda proba puntuable para a Copa do Mundo , e ata ali se desprazará o clube macedán. Pablo, que nestes momento figura 6º no ranking da UCI, e 16º na clasificación xeral da Copa do Mundo, e ven de proclamarse gañador da Copa de España de Ciclocross, tentará achegarse aun posto entre os 15 primeiros.

O resto de corredores acudirán as probas do calendario galego, asi o sábado , a cita será na localidade coruñesa de Rois, e o domingo no velodromo de Porriño. A dobre cita acudirán os cadetes MARCOS VILLAR, recentemente gañador da Copa de España, IVAN CONDE e RUBEN GARCÍA, o junior DAVID RODRIGUEZ , e o SUB 23 IAGO GARCIA.

PABLO , MILLOR DEPORTISTA BASE NOS PREMIOS + DEPORTE




Onte o xornal La Región , celebrou a súa gala anual de premios + Deporte, os mellores deportistas ourensáns. Se fai anos, fora a nosa Escola de Ciclismo a que recibira o premio como mellor Equipo Base, onte foi Pablo Rodriguez o que foi recoñecido como MILLOR DEPORTISTA BASE OURENSAN 2010, pola súa traxectoria e logros ao longo desta tempada 2010.

13 dic 2010

MARCOS E PABLO VENCEN NA COPA DE ESPAÑA DE CICLOCROSS


O clube ciclista Maceda, acada un feito historico ao conquistar a victoria na Xeral final da Copa de España de ciclocross en duas categorias , cadete e Junior. Marcos Villar, que chegaba a ultima proba 3º na xeral , acadaba a victoria na proba de Alcobendas e con elo a victoria final na xeral da copa; Marcos dominou a carreira dende a primeira volta e foi aumentando a sua ventaxa en cada volta para entrar en meta con 28 seg no segundo clasificado. na mesma carreira, Ivan Conde rematou de 15º e Ruben García 18º. Marcos , completaba asi unha gran Copa ao acadar tres podiums en tres da catro probas da Copa e 1 victoria. Na cateriria junior , Pablo chegaba como lider da xeral, con certo marxe para acadar a victoria. Ainda asi saiu a pola carreira dende a primeria volta, escapandose practicamente dende o inicio , e chegando a meta con 40´' sobre o seg , o vasco Jonathan Lastra , gran rival de Pablo. Con esta victoria, Pablo confirmaba a súa victoria na xeral coa victoria na proba final. Na mesma proba, David Rodriguez acadaba un meritorio 22º , no seu primer ano na categoria. Na proba que remataba a xornada, a Elite-Sub 23, chegaba 13º Sub-23.
Deste xeito o clube Macedán , confirma o seu traballo coa canteira, e acada a victoria en duas categorias tan significativas como son Cadetes e Juniors, convertindose no unico clube , que acada nesta tempada 2 maillots de lider.

7 dic 2010

PABLO, VICTORIA EN ASTEASU E 6º NO RANKING UCI


Intensa actividade para o CC Maceda nesta ponte de decembro. Marcos Villar acudiu coa seleccion galega a participar na proba de Igorre, en Euskadi, previa a Copa do Mundo, rematando 11º , un meritorio posto despois dos diversos problemas que tivo no transcurso da proba. O luns, os juniors Pablo e David Rodriguez acudiron ao ciclocross internacional de Asteasu, e s sua actuación non poido ser máis destacada , xa que Pablo acadaba unha victoria mási nesta temporada , e sobor de todo nunha proba de caracter internacional. Tamén destaca o 14º lugar de David neste seu primerio ano na categoria junior e que carreira a carreira vai millorando os sues resultados. O domingo Xulio foi 4º na carreira de Ames.

Despois desta victoria , Pablo recupera posición no ranking UCI e situase 6º

4 dic 2010

CARREIRAS NESTA PONTE

Este fin de semán teremos presencia en varias probas. Asi Marcos participará coa selección Galega en Igorre este domingo. O luns Pablo e David participarán na proba internacional de Asteasu , en Euskadi. O resto acudirán as probas galegas de Ames, Boiro e Porriño.