19 dic 2010

ROIS E PORRIÑO: IAGO 7º EN ROIS, E DAVID 3º EN PORRIÑO

Xornada doble para o ciclocross galego este fin de semán , nas portas da celebración do campionato galego, que terá lugar o vindeiro fin de semán. O sábado tocaballe o turno a proba de Rois. En cadetes, Rubén García acadaba un meritorio 6º lugar; na proba de Juniors , David Rodriguez tan so podia ser 15º. Na proba de Elite, Iago García realizaba a súa millor carreira e remataba 7º, sendo o 3º Sub 23.
Na maña do domingo, tocaballe o turno a proba do Velodromo de Porriño. En cadetes, Rubén repetía o magnífico 6º lugar do sabado. Na proba de Juniors, David acadaba o seu primer podium , en ciclocross, sendo 3º. David, que carreira a carreira foi millorando, acadaba por fin o premio o seu gran traballo , subindo por primeira vez aun podium. En Elite, Iago , que acusaba o esforzo da xornada anterior ,remataba 13º. Destacar tamén que Marcos era baixa nas dúas probas despois duns problemas na sua mán , que non lle impediran estar no Campionato Galego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario