27 dic 2010

PABLO , CAMPIÓN GALEGO JUNIOR DE CICLOCROSS


Onte celebraronse en Negreira os Campionatos Galegos de Ciclocross, nunha maña moi fria, con temperaturas baixo cero. O clube macedán acudia con varias baixas como consecuencia das gripes. Comezou a xornada coa carreira de Cadetes, na que o corredor macedán Marcos Villar partía con serias opcións de podium tras proclamarse brillante vencedor da Copa de España, pero o frio pasoulle factura e o final foi 4º clasificado. Na mesma carreira Ivan Conde eran 7º . A continuación deuse a saída a carreira de Juniors e Master. En juniors Pablo Rodriguez non fallaba e vencia con absoluta autoridade, proclamandose asi campión galego, e conseguindo un titulo máis nesta tempada. En master Xulio era 9º.

Este fin de semán , a cita sera en Maceda, o domingo 2 de xanerio, na última proba do calendario galego, e como previa aos campionatos de España que se celebran o 7,8 e 9 de xaneiro en Zamora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario