26 jun 2017

DESTACA ACTUACION DE ABEL FRANCO NA VUELTA AL BESAYA CO EQUIPO BATHCO, DONDE FINALIZA 8º NA XERAL



Abel Franco  completaba unha extraordinaria actuación este fin de semán, na Vuelta al Besaya, carreira na que tomaba parte , cedido, co equipo cantabro do BATHCO, finalizando 8º na xeral final, dunha proba tan importante e de tanto nivel como é a Vuelta al Besaya.
Na etapa do venres, Abel , entraba en meta 2º, co tempo do vencedor, despois de chegar  a meta os dous escapados. Na segunda das etapas, a crono por equipos, o seu  equipo finalizaba 4º , o que lle valia a Abel para situarse como lider provisional da proba. Na terceira dos sectores , Abel , perdía 39 " , ao verse cortado por unha caída cerca de meta. Esto provocaba que se situara como 3º na xeral provisional. Na última das etapas, a do domingo, a etapa raiña, Abel, metiase na pelexa, pero ao final cedía nos ultimos metros do último dos portos. Ao final entraba en meta con algo de tempo perdido, rematando como 8º na xeral final, o que hai que considerar como una grandisimo resultado , para un corredor como Abel, que apenas tiña disputado probas de carretera, e chegaba con pouca experiencia nesta especialidade, na que segun semella , tense adaptado moi ben. Este top ten, e estar sempre entre os primeiros, en todas as etapas, dan conta das boas cualidades de Abel, un corredor , que disfruta da carretera e do ciclismo como poucos , e o que lel auguramos un moi bo futuro na sua nova etapa como corredor de carretera.... gañas e ilusion non lle vna a faltar. Grande Abel!!!!

VICTORIA DE IVAN FEIJOO E CARLOS CANAL NO SUPERPRESTIGIO MTB DE MORALZARZAL



Ivan Feijoo , en Juniors, e Carlos Canal en Cadetes, conseguían un importante doblete este domingo , na última proba puntuable para o Superprestigio MTB, e disputada na localidade da serra madrileña, de Moralzarzal. Ivan , lograba unha boa renda sobre o segundo clasificado, o corredor do Pirmaflor, David Campos, ao que lle sacaba 1min e 44 segundos. Ivan dominaba a carreira, dende a segunda volta, e volta a volta aumentaba a renda. En Cadetes, Carlos Canal, tamén dominaba con claridade, e chegaba a meta con 4 min sobre o segundo clasificado, o catalán  Pau Costa. Asi pois excelente resultado para ambos nesta proba de Moralzarzal.

VICTORIA DE NOELA SAA E VARIOS PODIUMS NO OPEN DE GALICIA XCO DE CARBALLIÑO





Nun precioso circuito diseñado pola ADC Os Mosqueteiros de O Carballiño, no parque da citada localidade, os nosos rapazes e rapazas do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MMR , tiveron unha actuación destacada, sumando ata un total de  podiums, coa victoria de Noela Saa en Feminas Cadete.  En Sub 23, Roman Saa era 2º na mentras que Raul González era 3º. En Juniors, Aaron López, estreabase no podium, sendo 2º. En Cadetes , Marco Nube , era 2º, na mentras que en Feminas Cadete, Noela Saa , lograba a victoria, con Aida González como 3ª e Antía Martinez, 4ª.
Con estes resultados, tanto Raul Gonzalez , como Noela Saa siguen lideres do Open nas súas respectivas categorias.

20 jun 2017

ABEL FRANCO 5º NA RUTA DO ALBARIÑO PARA JUNIORS, CEDIDO NO CC PONTEAREAS



O noso corredor Junior, Abel Franco ,tomaba parte este fin de seman na challengue de 3 probas , Ruta do Albariño, proba de Estrada para Juniors, correndo cedido co equipo CC Ponteareas. Abel, completaba unha gran actuación, xa que na súa primeira experiencia nunha proba por etapas, finalizaba 5º da xeral, sendo segundo galego , nunha proba na que vencia o corredor puerto riqueño do Cicdade de Lugo, Alejandro Abner González.

BREOGAN DIZ 2º NA PROBA DE ESCOLAS DE CANGAS E PODIUMS NO MINI BTT DE POIO




Sábado intenso para as Escolas de Ciclismo, con competición de Mini BTT en Poio, proba na que participaban máis de 20 rapazas e rapazas da Escola, e na que tres deles subían o podium. Asi Breogan Perez era 4º en Alevins, acadando o seu primeiro poidum. En Principiantes subían o podium , Sara Álvarez e Iris Fernández.

VICTORIA DE IVAN FEIJOO NO OPEN GALEGO XCO DE OROSO, E PODIUMS PARA SAUL, RAUL , AIDA, E NOELA





Ivan Feijoo vencía na categoría junior , na proba do Open de Galicia XCO de Oroso, nunha xornada marcada pola moita calor. Ademais de Ivan, o ACADEMIA POSTAL -ACTYON-MMR , sumaba varios podiums, con Saul López, que era 3º en Elite, Raul Gonzalez , 2º en Sub23,  Aida Gonzalez 2ª en Feminas Cadete, e Noela Saa 3ª na mesma categoría. Con ester resultados , tanto Raul Gonzalez e Noela Saa continuan de lideres nas súas respectivas categorías.

18 jun 2017

VICTORIA DE CARLOS CANAL, EN CADETES , NA TAÇA DE PORTUGAL XCO DE JAMOR


Carlos Canal sumaba este domingo unha victoria máis na Taça de Portugal, na proba de Jamor, en Lisboa. Carlos, nun dia extremadamente caluroso, acadaba unha boa renda na liña de meta, superando e 2:21 o segundo corredor cadete. Con esta victoria, Carlos , continua lider da xeral da Taça de Portugal , na categoría cadete a falta dunha proba. Lembrar que Carlos leva sumado 4 victorias en 4 probas.

13 jun 2017

SABADO DE ESCOLAS CO MINI BTT EN MARIN E ESTRADA EN VIVEIRO.


Sabado de Escolas, con carreira de Mini BTT en Marin e de Estrada en Viveiro. En Marin, casi unha veintena de rapazes e rapazas do Escola tomaron parte na proba. Tanto Breogan Perez, como Sarela Conde quedaron as portas do podium nas suas respectivas categorias. Destacar o bo nivel de todos eles.
En Viveiro, o mais destacable foi o 8º posto de Martin Gonzalez . Breogan Diz, moi batallador durante a carreira, cedia o final e entraba en meta 11º.

IVAN FEIJOO NON TIÑA O SEU MILLOR DIA NA UCI JUNIOR SERIES DE GRÄNICHEN (SUIZA)



Ivan Feijoo, acudía este fin de semán a localidade Suiza de Gränichen, para participar na proba da UCI Junior Series. E non lle foi ben a Ivan , quen nunha xornada moi calurosa, e nun circuito duro, Ivan non tiña o seu millor día, e xa dende o principio transmitia que as sensacións non eran nada boas. Notouselle a dura semán de selectivo. Ivan remataba no posto 69, mi lonxe dos postos nos que acostuma a estar, na extraordinaria temporada que esta a realizar.
Unha vez , xa acabado o curso académico, agora, tocalle proseguir a preparación de cara as vindeiras citas importantes , como son os Campionatos de España, que estan xa a un mes vista.

12 jun 2017

VICTORIAS DE CARLOS CANAL E NOELA SAA, EN CADETES, NO OPEN DE GALICIA XCO DE MARIN





Carlos Canal e Noela Saa, ambos en cadetes, sumaban unha victoria mais nesta  exitosa temporada, na proba do Open de Galicia XCO en Marin. En categoria cadete, ademais de Carlos , Marco Nube, subia ao podium como 3º clasificado. Na mentras , que Hugo Vazquez era 4º. En feminas, Aida Gonzalez acompañaba no podium a Noela Saa, como 3ª, e Antia Martinez era 4ª . En juniors, Abel Franco era 2º, ao igual que Raul Gonzalez en Sub23. Con estes resultados, tanto Noela Saa (Cadetes) como Raul Gonzalez (Sub23) siguen como lideres do Open de Galicia
Fotos: Luz Maria Iglesias

5 jun 2017

PODIUMS PARA MARTIN GONZALEZ E SARA ALVAREZ NO MINI BTT DE CAMBADOS



Un total de 25 rapazes e rapazas da Escola JA Hermida, desprazaronse ata Cambados para participar no Mini BTT, organizado polo CC Corbelo. Nunha xornada de festa na que participaron mais de 200 nenos e nenas, os nosos sumaron algun podium, con Martin Gonzalez como 3º en Infantil e Sara Alvarez, 2ª en Principiantes. 

VICTORIAS DE IVAN FEIJOO, RAUL GONZALEZ, CARLOS CANAL E NOELA SAA NO OPEN DE GALICIA XCO DE LEDOÑO







Poker de victorias as conseguidas polo Academia Postal -Actyon- MMR de Maceda, na proba do Open de Galicia XCO de Ledoño, onde, Ivan Feijoo, vencia con autoridade na categoria de Juniors, o mesmo que Carlos Canal, na categoria de Cadetes. Carlos , estaba acompañado no podium por Hugo Vazquez , que entraba en meta 3º. En Sub 23, a victoria era para Raul González. En Feminas cadete, victoria para Noela Saa, con Aida Gonzalez, como 3ª e Antia Martinez 4ª. En Elite, Saul Lopez, era 2º, o mesmo que Xiana Conde en Feminas Elite.
Asi pois, moi bo balance para o noso equipo, nunha nova proba do Open de Galicia de BTT XCO.