5 jun 2017

VICTORIAS DE IVAN FEIJOO, RAUL GONZALEZ, CARLOS CANAL E NOELA SAA NO OPEN DE GALICIA XCO DE LEDOÑO







Poker de victorias as conseguidas polo Academia Postal -Actyon- MMR de Maceda, na proba do Open de Galicia XCO de Ledoño, onde, Ivan Feijoo, vencia con autoridade na categoria de Juniors, o mesmo que Carlos Canal, na categoria de Cadetes. Carlos , estaba acompañado no podium por Hugo Vazquez , que entraba en meta 3º. En Sub 23, a victoria era para Raul González. En Feminas cadete, victoria para Noela Saa, con Aida Gonzalez, como 3ª e Antia Martinez 4ª. En Elite, Saul Lopez, era 2º, o mesmo que Xiana Conde en Feminas Elite.
Asi pois, moi bo balance para o noso equipo, nunha nova proba do Open de Galicia de BTT XCO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario