Ivan Feijoo , en Juniors, e Carlos Canal en Cadetes, conseguían un importante doblete este domingo , na última proba puntuable para o Superprestigio MTB, e disputada na localidade da serra madrileña, de Moralzarzal. Ivan , lograba unha boa renda sobre o segundo clasificado, o corredor do Pirmaflor, David Campos, ao que lle sacaba 1min e 44 segundos. Ivan dominaba a carreira, dende a segunda volta, e volta a volta aumentaba a renda. En Cadetes, Carlos Canal, tamén dominaba con claridade, e chegaba a meta con 4 min sobre o segundo clasificado, o catalán Pau Costa. Asi pois excelente resultado para ambos nesta proba de Moralzarzal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario