29 ene 2011

NON POIDO SER


Pena de carreira; Pablo que chegaba na millores das condicións para de tratar de acadar un posto entre os 10 millores, non poido acadar o seu obxectivo , xa que non poido rematar a carreira. Despois dunha boa saída, Pablo pronto sufriu unha caida, que o relegou as últimas posicións; pero non foi a única, xa que a mediada que ia remontando , sufriu máis caidas, que o final fixeron que tivera que abandonar a carreira. O circuito , presentabase , resbaladizo polas baixas temperaturas con que amanecia o dia, que rondaban os 6 grados baixo cero. Esto fixo que foran moitas as caidas que sufriron os corredores. Ao final , a mala sorte cebouse , na carreira máis importante do ano, pero eso non quita mérito a gran temporada que ven de realizar o corredor macedán, na que acadou o titulo da Copa de España, Campionato Galego e de España ademais de moi bos postos nas probas da Copa do Mundo a os que acudiu.Pero non so foi Pablo o que foi victima das caidas ,xa que numerosos favoritos quedaron fora da loita polas primeiras posicións.
A carreira foi dominada polos frances, xa que acadaron as tres primeiras posicións, sendo vencedor Clement Venturi, seguido de Fabien Doubey e Loic Doubey.
Agora, xa rematada a tempada de ciclocross, toca descanso, e comezar unha nova tempada de Mountain Bike.

25 ene 2011

E ESTE SABADO, MUNDIAL DE CICLOCROSS


Xa falta pouco para rematar a temporada 2010-11 de Ciclocross, pero aínda queda a cita maís importante de todas, os Campionatos do Mundo de Sankt Wendel. Este ano, de novo un corredor do clube estará presente. Pablo acudirá coa selección española , e alí estarán 25 macedáns para animalo. Despois de ter realizado unha gran temporada, (Copa de España, Campionato de España, Campionato Galego,...) e de terse medido cos millores especilistas do mundo na categoria junior na Copa do Mundo, Pablo Rodriguez, parte maña cara Alemania coa intención de facer a súa das millores carreiras e intentar un top ten, sen descartar nada. Ala atopará frio ,pero parece que non haberá neve , como no mundial do ano pasado na Republica Checa. Dende aca so nos queda desexarlle a millor das sortes, xa que o resto o vai por él.

23 ene 2011

PABLO 13º NA COPA DO MUNDO DE HOOGERHEIDE


Hoxe pola maña ,celebrouse na localidade Holandesa de Hoogerheide, a última proba puntuable para a Copa do Mundo de Ciclocross. Nunha maña fria, pero na que a choiva respetou, e nun circuito resbaladizo e con barro, e ante numeroso público, o corredor macedán acadou o seu millor posto nunha proba da Copa do Mundo, ao rematar na 13º posición a 1:15 do vencedor e lider da copa do Mundo , o belga Laurens Sweeck. Tomarón a saida 70 corredores, dun total de 15 seleccións. Hai que destacar , que nesta proba , que se celebraou a unha semán dos Campionatos do Mundo de Sankt Wendel (Alemania), o nivel era máximo, xa que practicamente estaban presentes todas os corredores e seleccións que van acudir o mundial.

Pablo, saía no posto 18º , e logrou manter este posto , nos primeiros compases da carreira, a partir de ahi foi remontando posicións, ata acadar o 13º posto. Pablo manifestaba ao remate da mesma que o circuito lle gustara moito, xa que presentaba zonas de barro, o que endurecia a carreira ,e as curvas estaban resbaladizas, o que aumentaba a dificultade técnica do mesmo. Foron un total de 6 as voltas que tiveron que dar a un circuito de 2.700 m.

Agora, Pablo ,chega en boas condicións a proba máis importante da temporada, os Campionatos do Mundo, nos que agarda intentar entrar entre os 10 primeiros ,e asi pechar unha gran temporada.

19 ene 2011

HOOGERHEIDE, ULTIMA CITA DA COPA DO MUNDO


Este fin de semán Pablo acudirá a ultima proba puntuable para a Copa do Mundo de CX, na localidade holandesa de Hoogerheide. A proba celebrase nun circuito no que fai dous anos disputaronse os Campionatos do Mundo. A intención de Pablo e de loitar por un posto entre os 15 primeiros; neste momento Pablo figura no 21º na clasificación da Copa do Mundo, non tendo disputado todas as probas, e 9º no ranking da UCI, polo que saira dende a terceira liña. A lista de inscritos e de 70 corredores, e daranse cita os millores corredores, xa que hai que ter en conta que é a ultima proba antes dos Campionatos do Mundo, e todas as seleccións acudirán cos seus millores corredores.

18 ene 2011

PABLO CONVOCADO POLA SELECCION ESPAÑOLA PARA O MUNDIAL


Onte a Federación Española de Ciclismo fixo pública a lista da convocatoria da selección española que acudirá o mundial de Ciclocross , na localidade alemana de Sankt Wendel; entre os convocados atópase o corredor junior macedán Pablo Rodriguez, actual campión de España da especialidade, e vencedor da Copa de España de Ciclocross. Asi pois, Pablo , repite e acudira por segundo ano consecutivo a cita mundialista de ciclocross. Destacar tamén que entre os convocados , atópase o Campión do Mundo de BTT, José Antonio Hermida, promotor da Escola de Ciclismo do Clube Macedán e na que se formou Pablo.

17 ene 2011

PABLO, 20º NA COPA DO MUNDO DE PONT CHATEAU


O corredor junior macedán Pablo Rodriguez , rematou unha vez máis unha proba da Copa do Mundo de Ciclocross , entre os 20 primeiros. Esta vez , a cita foi na localidade da bretaña francesa, de Pont Chateau. Nun circuito rapido e esixente fisicamente, sin apenas dificultade técnica e con moito público presenciando as probas, entre brétemas, Pablo , que partía dende a terceira liña na grella de saída, realizou unha boa carreira, na que tivo que ir remontado volta a volta os postos que perdeu na saída. Nunha competición , na que as forzas estén igualadas entre todos os participantes, e na que se fai moi dificil remontar, Pablo , logro superar a saída, e rematar finalmente no posto 20. O corredor macedán manifestaba o remate da proba, que a carreira fora dura pola velocidade a que se foi dende a saída , e que se atopara ben fisicamente, como asi se constatou nos tempos que marcou nalgunha das voltas , nas que marcou incluso millor tempo que a cabeza de carreira.

Apenas quedan 2 semáns para os Campionatos do Mundo de Sant Wendel, e Pablo semella estar en boa forma, quedando por medio ainda a última proba da Copa do Mundo en Hoogerhide (Holanda).

13 ene 2011

AGORA TOCA A COPA DO MUNDO: PONT CHATEAU


A temporada de ciclocross continúa ,e siguen a chegar as citas importantes. Este fin de semán Pablo, recente Campión de España e gañador da Copa de España ,acudirá a participar na penultima proba da Copa do Mundo , na localidade francesa de Pont Chateau, situada na Bretaña. Nas anteriores probas rematou 16º , tanto en Kokjside como en Kalmonth. A proba terá lugar na matinal do domingo. Pablo , atópase na actualidade situado na posición 23º da xeral da Copa do Mundo, despois de non ter participado na ultima proba celebrada por coincidir cos Campionatos Galegos, na mentras que no rankin UCI situase no posto 16º. A intención do corredor macedán e intentar situarse entre os 10 primeiros, con fin de garantir unha boa posición de saída nos campionatos do Mundo, que terán lugar o ultimo fin de semán na localidade alemana de Sant Wendel.

12 ene 2011

VIDEO DOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA

Pedaleo.com publicou o video das carreiras de Cadetes e Juniors dos Campionatos de España de Ciclocross celebrados este fin de semán en Zamora.
Podese ver no seguinte enlace:
http://http://www.youtube.com/watch?v=JprDTZUbI1c

9 ene 2011

PABLO CAMPION DE ESPAÑA JUNIOR E MARCOS SUBCAMPION CADETES

Un dia inesquecible e que pasará a historia do noso clube. Eran os Campionatos de España de CX, no parque Valorio da capital zamorana. A maña comezaba coa carreira de Cadetes, e Marcos partia con opcions de medalla; e non fallou ,tivo que correr toda a carreira remontado posto a posto, despois dunha saída dificil, e o final foi segundo.Marcos moveuse a perfeción nun circuito técnico e resbaladizo, animado polos numerosos siareiros chegados dende Maceda en coches e bus. Curva a curva foi superando a cada un dos seus rivais, e so o madrileño Victor, pudo superalo. Marcos ponlle a guinda a unha gran temporada, na que tamen gañou a Copa de España. A seguinte carreira era a de Pablo , e Pablo non fallou; dende a saída marcou un ritmo forte que ningun rival deu seguido. Tan so o vasco Jonathan Lastra poido seguilo nas primeiras voltas. Pero era o día de Pablo e Pablo entrou na meta con 1:14 sobre Jonathan. Pablo , acada a victoria e na mesma tempada tamén gañaba a Copa de España. Agora , so quedan duas copas do mundo e o mundial. Pero en Zamora, houbo maís medallas , xa que na xornada do venres , Pablo conqueria a prata na carreira do Team Relay formando parte do combinado galego. E na carreira de Elite, o "noso" Hermida era 2º despois , de por un erro dos xuizes ,creer que ainda lle restaba unha volta. Gran carreira tamén foi a de Iago García na dificil categoria de Sub 23 no seu primer ano, na que remataba 15º. Xulio Conde tamén era 15º en master 40 e Ivan Conde 38 en Cadetes.

Foto:Adrian Martinez

2 ene 2011

MARCOS E PABLO VENCEN EN CASA


A terceira edicion do CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA, celebrado na maña do domingo puxo punto final a temporada galega de Ciclocross, con duas victorias para o clube organizador , o Clube Ciclista Maceda-Academia Postal-Actyon; Marcos Villar, recente vencedor da Copa de España en cadetes , vencia na primeira carreira da xornada, a de Cadetes; na mesma categoria Ivan Conde remataba 5º e Ruben Garcia 8º.
Pablo Rodriguez confirmaba o seu gran momento de forma e vencia con total autoridade na proba de juniors, na mentras que o seu irman David Rodriguez era 10º.En Master 40 , chegaba o terceiro podium da xornada para o CC Maceda, con Xulio Conde era 2º. En master 30 Jose Manuer Ramos foi 12º. En Elite Iago Garcia acadaba un meritorio 7º posto.
Foi case un centenar os corredores e corredoras que participaron na proba de Maceda,que se consolida no calendario galego de ciclocross, nunha maña soleada, e casi primaveral.

E o vindeiro fin de semán , tocan os campionatos de España en Zamora.
Clasificacións completas: