O corredor junior macedán Pablo Rodriguez , rematou unha vez máis unha proba da Copa do Mundo de Ciclocross , entre os 20 primeiros. Esta vez , a cita foi na localidade da bretaña francesa, de Pont Chateau. Nun circuito rapido e esixente fisicamente, sin apenas dificultade técnica e con moito público presenciando as probas, entre brétemas, Pablo , que partía dende a terceira liña na grella de saída, realizou unha boa carreira, na que tivo que ir remontado volta a volta os postos que perdeu na saída. Nunha competición , na que as forzas estén igualadas entre todos os participantes, e na que se fai moi dificil remontar, Pablo , logro superar a saída, e rematar finalmente no posto 20. O corredor macedán manifestaba o remate da proba, que a carreira fora dura pola velocidade a que se foi dende a saída , e que se atopara ben fisicamente, como asi se constatou nos tempos que marcou nalgunha das voltas , nas que marcou incluso millor tempo que a cabeza de carreira.
Apenas quedan 2 semáns para os Campionatos do Mundo de Sant Wendel, e Pablo semella estar en boa forma, quedando por medio ainda a última proba da Copa do Mundo en Hoogerhide (Holanda).
No hay comentarios:
Publicar un comentario