9 ene 2011

PABLO CAMPION DE ESPAÑA JUNIOR E MARCOS SUBCAMPION CADETES

Un dia inesquecible e que pasará a historia do noso clube. Eran os Campionatos de España de CX, no parque Valorio da capital zamorana. A maña comezaba coa carreira de Cadetes, e Marcos partia con opcions de medalla; e non fallou ,tivo que correr toda a carreira remontado posto a posto, despois dunha saída dificil, e o final foi segundo.Marcos moveuse a perfeción nun circuito técnico e resbaladizo, animado polos numerosos siareiros chegados dende Maceda en coches e bus. Curva a curva foi superando a cada un dos seus rivais, e so o madrileño Victor, pudo superalo. Marcos ponlle a guinda a unha gran temporada, na que tamen gañou a Copa de España. A seguinte carreira era a de Pablo , e Pablo non fallou; dende a saída marcou un ritmo forte que ningun rival deu seguido. Tan so o vasco Jonathan Lastra poido seguilo nas primeiras voltas. Pero era o día de Pablo e Pablo entrou na meta con 1:14 sobre Jonathan. Pablo , acada a victoria e na mesma tempada tamén gañaba a Copa de España. Agora , so quedan duas copas do mundo e o mundial. Pero en Zamora, houbo maís medallas , xa que na xornada do venres , Pablo conqueria a prata na carreira do Team Relay formando parte do combinado galego. E na carreira de Elite, o "noso" Hermida era 2º despois , de por un erro dos xuizes ,creer que ainda lle restaba unha volta. Gran carreira tamén foi a de Iago García na dificil categoria de Sub 23 no seu primer ano, na que remataba 15º. Xulio Conde tamén era 15º en master 40 e Ivan Conde 38 en Cadetes.

Foto:Adrian Martinez

No hay comentarios:

Publicar un comentario