30 dic 2019

SAUL LOPEZ E NOELA SAA CAMPIONS GALEGOS DE CICLOCROSS






Saul López conseguia a victoria no Campionato Galego de Ciclocross na categoria Elite, renovando asi o titulo que xa obtivera o pasado ano. Saul domiñaba a carreira xa dende casi a primeira volta, na que decidia marcar o seu ritmo, entrnado en meta con unha ventaxe clara sobre o segundo clasificado.
Noela Saa , tamén se proclamaba Campiona Galega, na categoria junior, na que a sua compañeira de equipo, Aida González subia tamén o podium finalizando 3ª.
Andrea García acadaba o Subcampionato na categoria de Sub23 e Sarela Conde acadaba a medalla de bronce na Categoria Feminas Cadete. Asi pois, moi bo balance para o ACADEMIA POSTAL-MACEDA con dou Campionatos, un Subcampionato e dous bronces , nos Campionatos Galegos de Ciclocross 2019-20.

20 dic 2019

APLAZADO POR ALARMA DE TEMPORAL O XII CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA - COPA DA DEPUTACION DE OURENSE - COPA GALICIA CX

Vemonos na obriga de aprazar a proba XII CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA - COPA DEPUTACION DE OURENSE - COPA GALICIA CX , debido a Alarma Laranxa , decretada pola XUNTA DE GALCIA para este sábado e domingo, o cal imposibilita a celebración da proba.
Dita proba trasladase para o vindeiro 5 DE XANEIRO DE 2020.
Sentimos as molestias ocasionadas.

18 dic 2019

XII CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA - COPA DEPUTACION DE OURENSE - COPA GALICIA CX


O vindeiro 22 de decembro, celebrase en MACEDA , a partir das 10:00 horas o XII CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA , proba da COPA DEPUTACION DE OURENSE , e ultima proba puntuable para a COPA GALICIA DE CX. Na proba que se celebra nos xa clásico circuito do Castelo de Maceda, agardase a participacion de 300 corredores e corredoras pertencentes aos mais de 60 equipos que se agarda que se acheguen a Maceda.

16 dic 2019

SAUL LOPEZ 2º NA COPA GALICIA DE BETANZOS E TRES VICTORIAS PARA O NOSO EQUIPO







Gran xornada para os nosos rapazes e rapazas do ACADEMIA POSTAL-A ABANCA , na matinal do domingo, con Saul Lopez finalizando 2º absoluto, nunha moi boa carreira, nun circuito complicado e con moito barro. Pero non so Saul completaba unha gran carreira, xa que Andrea García pelexaba casi ata o final pola victoria absoluta en Feminas , entrando en meta como primeira Sub23, e completando asi un moi bo fin de seman.
En juniors ,gran victoria de Braís Fernandez, que acadaba así a súa primeira victoria na súa carreira deportiva, e realizando unha gran carreira, destacandose xa dende a primeira volta e abrindo oco cos seus rivais a cada paso por meta. En Feminas Junior, a victoria era para Noela Saa, que tamén realizaba unha moi boa carreira.
En Cadetes , Hugo Álvarez quedaba as portas do podium entrando en meta 4º , estando a un moi bo nivel. En Feminas Cadete, Sarela Conde era 5ª .
Asi pois moi bo balance para os nosos rapazes e rapazas nun día de moito moito barro.

COPA GALICIA CICLOCROSS CARRAL



Este sábado disputabase unha nova cita da Copa Galicia de Ciclocross, na localidade coruñesa de Carral. Nunha tarde chuviosa e nun circuito con moito barro, os nosos rapazes/as completaban boas carreiras. Destacar a gran carreira de Andrea García , que finalizaba 2ª Sub23 (3ª na xeral final) .
En Juniors, Marco Nube finalizaba 4º e Brais Fernández 5º , amosando ambos un moi bo nivel, nun circuito complicado. En Cadetes, Hugo Álvarez finalizaba 5º , cada vez maís cerca do podium, e Sarela Conde era 4ª a un gran nivel.

7 dic 2019

VICTORIAS DE SAUL LOPEZ E NOELA SAA NA COPA GALICIA CX DE BOIRO






Saul Lopéz sumaba unha victoria mais na Copa Galicia de CX, esta vez en Boiro, afianzandose como lider da mesma. Non era a unica victoria para o noso equipo  ACADEMIA POSTAL -A BANCA - MACEDA, xa que en Feminas Junior chegaba o doblete , con Noela Saa 1ª e Aida González 2ª nunha gran carreira de ambas. En Juniors, Brais Fernández acadaba o seu primeiro podium , sendo 3º .Tamén subia o podium, Andrea García , 2ª en Feminas Sub 23. Non subían o podium pero realizaban grandes carreiras, Sarela Conde, 4ª en Feminas Cadete, Marco Nube 6º en Junior e Hugo Álvarez 10º en Cadetes.
Exitosa xornada pois para a nosa canteira

1 dic 2019

SAUL LOPEZ 9º NA COPA ESPAÑA CX PONTEVEDRA




Este domingo disputabase en Pontevedra unha nova cita da Copa de España de CX, esta vez no mesmo circuito que no mes de Xaneiro vai acoller os Campionatos de España . Os/as nosos/as corredores estaban a un moi bo nivel acadando os seguintes resultados:

9º Elite : Saul Lopez
6ª Femina Sub23 : Andrea Garcia
13º Junior : Marco Nube
15º Junior : Brais Fernandez
5ª Fem Junior : Noela Saa
9ª Fem Junior: Aida González
19º Cadete : Hugo Alvarez
31º Cadete: Breogan Perez
13º Fem Cadete : Sarela Conde

30 nov 2019

VICTORIA DE SAUL LOPEZ NA COPA GALICIA CX DE PONTEVEDRA


Saul Lopez, vencia na proba da Copa Galicia de CX celebrada no Hipodromo de Campañón, en Pontevedra, sumando asi unha nova victoria que lle vale para situarse como lider da Copa Galicia.
Maña a cita sera na Copa de España de CX en Pontevedra onde xa participará todo o equipo ACADEMIA POSTAL -A BANCA -MACEDA

18 nov 2019

COPA ESPAÑA CX ALCOBENDAS



Este fin de seman celebrabase en Alcobendas unha das probas da Copa de España de Ciclocross 2019-20 , nunha xornada sin choiva nin barro pero fria.
En Elite , Saul Lopez, finalizaba o 22º , nunha carreira moi rapida , na que non daba pillado ben o ritmo.
En Juniors, moi boas carreiras de Brais Fernandez  e Marco Nube, que finalizaban 11º e 14º respectivamente, cerca do Top Ten . En feminas Junior, Noela Saa era 5ª e Aida Gonzalez 7ª .
En feminas Elite Sub 23, Andrea Garcia , finalizaba 17ª (6ª Sub23)
Reseñar que a victoria absoluta era para un gran Ivan Feijoo (Nesta) , con Carlos Canal (BH Burgos) en 5º lugar.



14 nov 2019

VII ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



Co gallo do Día Internacional contra a violencia de Xenero, a Secretaria Xeral da Igualdade , organiza:

VII ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO "CAMIÑO AO RESPECTO" 
(DOMINGO 24 DE NOVEMBRO ÁS 11:00 HORAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA)

Dende o noso clube queremosvos convidar e animar a participar, é cousa de TOD@S !!

Para inscribiros debedes facelo neste enlace:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSft7irwP5j_3PkyhC5BTN_DUM-Y4is4VhuoLigx3I9hcfYnow/viewform

11 nov 2019

COPA DE ESPAÑA CICLOCROSS KARRANTZA




Nunha xornada dura no metereoloxico, con moita choiva, tormenta e frio, os nosos rapazes e rapazas tomaban parte este domingo en Karrantza nunha nova proba puntuable para a Copa de España de CX, nun circuito embarrado .
Todo estaban a un gran nivel , e algun que outro problema mecanico impedia millores resultados.
Asi o mais destacado era o 7º posto de Noela Saa en Feminas Junior, con Aida Gonzalez 11ª.
En Juniors , Brais Fernandez era 27º , o igual que Hugo Alvarez en Cadetes.

10 nov 2019

SAUL LOPEZ VENCE NA COPA GALICIA DE CICLOCROSS DE DUMBRIA


Saul Lopéz sumaba este sádado a sua terceira victoria na Copa Galicia de CX , esta vez en Dumbria. Saul conta este ano a suas participacion por victorias, e xa van tres de tres .
Nun circuito embarrado, Saul exercia o su dominio e entraba a meta con 2 minutos de ventaxe.
Marco Nube, debía retirarse por problemas fisicos.

4 nov 2019

VICTORIA DE SAUL LOPEZ NA COPA GALICIA CX DE ESMELLE





Saul Lopez acadaba a victoria absoluta na Copa Galicia de Ciclocross en Esmelle , dominando a proba dende xa a primeira volta na que xa abria un oco que mantiña ata o final. 
En Feminas Junior, Aida Gonzalez era 4ª e Noela Saa 5ª. En Juniors, Brais Fernandez era 10º ao igual que Hugo Alvarez en Cadetes. 
Sarela Conde era 2ª en Feminas Cadete, dando o 2º podium o noso equipo

3 nov 2019

VICTORIA DE SAUL LOPEZ NA COPA GALICIA DE CULLEREDO








Saul Lopez estrenabase nesta tempada de Ciclocross e facia con unha victoria nun dos circuitos mais completos, xa non so de Galicia, o de Culleredo. Gran carreira de Saul que amosaba neste seu comezo de tempada que se atopa en moi bo momento.
En Feminas Junior, gran carreira de Aida Gonzalez que era 2ª.  Tamén era 2ª en Feminas Cadete, Sarela Conde subindo ambas o podium.
En Juniors, tamén Marco Nube realizaba unha gran carreira quedando as portas do podium e finalizando 4º .  Hugo Alvarez era 7º en Cadetes . Noela Saa e Brais Fernandez sufrian sendo percanzes mecanicos que os obrigaban a retirarse. Maña a cita e en Esmelle.

28 oct 2019

ZIKLOKROSSA ELORRIO- COPA DE ESPAÑA CX





Segunda proba da Copa de España do fin de seman, esta vez en Elorrio, nun circuito que este ano estaba seco. Gran rendimento dos nosos rapazes e rapazas, con unha gran carreira de Brais Fernandez, que finalizaba 19º nunha proba internacional , na que por diante del se colaban 10 corredores extranxeiros. En Feminas Junior, Aida Gonzalez era 9ª ,. En Cadetes Hugo Gonzalez milloraba o resultado do dia anterior e finalizaba 36º. Sarela Conde era 14ª en Feminas cadete, nunha moi boa carreira.

27 oct 2019

COPA DE ESPAÑA DE CX LLODIO.




Comezaba este fin de seman a Copa de España de CX, e o facia en Llodio ata onde se desprazaban 5 rapazes e rapazas da noso equipo ACADEMIA POSTAL - A BANCA.
Para algun deles era a estrea en unha competicion como é a Copa de España , e ademais unha proba internacional.
Boas carreiras de todos eles , Brais Fernandez (junior) Noela Saa e Aida Gonzalez (feminas Junior) Hugo Alvarez  (Cadetes) e Sarela Conde (Feminas Cadete)

25 oct 2019

CICLOCROSS DE VILLARCAYO





Segundo dia por terras burgalesas e segunda competicion, esta vez en Villarcayo, no clasico circuito do parque do rio. Bos resultados para os nosos rapazes a os que a persares de non acompañarlle demasido a sorte defenderonse ben no barro.
FEMINAS JUNIOR
9ª Noela Saa
12ª Aida Gonzalez
JUNIOR
17º Brais Fernandez
25º Martín Gonzalez
FEMINAS CADETE
10ª Sarela Conde

CICLOCROSS MEDINA DE POMAR



Bo nivel o amosado polos nosos rapazes e rapazas na proba de Ciclocross celebrada en Medna de Pomar, na primeira cita a nivel estatal, e que ven marcando o comezo dunha nova tempada de CX.
Destacar o 3º posto de Noela Saa en Feminas Junior.
Resultados:
FEMINAS JUNIOR
3ª Noela Saa
5ª Aida Gonzalez
JUNIOR
9º Martín González
10º Brais Fernandez
FEMIAS CADETE
10ª Sarela Conde

13 oct 2019

SARELA CONDE 3ª CADETE NA COPA GALICIA CX DE MARIN


Este domingo disputabase en Marin a segunda proba da Copa Galicia de CX, e chegaba o barro. A pequena do grupo conseguia o seu primeiro podium, ao ser 3º en Feminas Cadete.
Destacar a boa actuaión de todos/as eles , sendo Brais Fernandez 7º junior, Aida Gonzalez 5ª Fem Junior, Hugo Alvarez 13º Cadete e Martin González 23º Junior nunha carreira chea de percances.

6 oct 2019

ANDREA GARCIA 3ª NA COPA GALICIA CX DE POIO


Este domingo, arrancaba unha nova edición da Copa Galicia de Ciclocross, esta vez na localidade de Poio, onde o resultado mais destacado era o acadado por Andrea Garcia que finalizaba 3ª en Feminas Sub23, subindo asi o podium. Boas carreiras neste arranque de tempada de todos eles e elas , Brais Fernandez 8º Junior, Hugo Alvarez 14º cadete, Noela Saa 4ª e Aida Gonzalez 5ª Fem Junior ,  e Sarela Conde 9ª Fem Cadete

19 ago 2019

MINI BTT MACEDA , A FESTA DO MINI BTT GALEGO - COPA DEPUTACION DE OURENSE











Fin de seman de festa total para os rapazes e rapazas do Mini BTT de Galicia, o vivido durante estes dias en Maceda, con multiples actividades.
Dende o xoves 15, mais de un millar de persoas permanecian acampadas nas instalacións das piscinas municipais de Maceda, e daban un ambiente festivo e de convivencia.
O Sabado desprazabamonos todos ata Xunqueira de Espadanedo para tomar parte no I MINI DH de Xunqueira, organizado pola nosa xente do DH XUNQUEIRA.  Xa ese mesmo dia pola noite, chegaba a III MARCHA DAS VAGALUMES, que saia das piscinas , e levabanos ata o Castelo , iluminando e enchendo de bicis todas as ruas de Maceda. A festa continuaba o domingo ca celebración do XV MINI BTT de Maceda . E para pechar a festa, actuación de DANI BARREIRO & FRIENDS .

18 ago 2019

ANE SANTESTEBAN CHOCA DO ANO


A ciclista profesional Ane Santesteban recibía no transcurso do Mini BTT de Maceda , a Choca que a a acredita como CHOCA DO ANO do CC Maceda, recoñecemento a unha traxectoria espectacualar que a ten situado como unha das millores ciclistas do Estado Español, e tamén das millores escaladoras a nivel mundial.
Ane, se une xa numeroso plantel de ciclistas que teñen recibido do noso clube este premio. Entre os galardonados estan Miguel Indurain, Oscar Pereiro, Ezequiel Mosquera, Marcos Serrano, José Antonio Hermida, Chechu Rubiera,  Gustavo Cesar Veloso e Pablo Rodriguez.

14 ago 2019

XV MINI BTT DE MACEDA - COPA DEPUTACION DE OURENSE


Este fin de seman , presentase intenso para o noso CLUBE , xa que chega un dos grandes eventos do ano, a grande FESTA DO MINI BTT  , que este ano inclue a celebracion do XV MINI BTT DE MACEDA, proba da COPA DEPUTACION DE OURENSE,  que se celebrará o domingo 18 de agosto a partir das 11:00 horas. 
Pero o fin de semana deparará mais actividades , xa que o 17 de Agosto , a partir das 21:30 horas celebrarase o III PASEO DAS VAGALUMES, marcha que partira ao porse o dia das instalacions das piscinas percorrendo Maceda e voltando ao lugar de partida. Ademais, nestes 3 dias habera concertos, Pump Track , saidas en bici, e moita convivencia para os 400 nenos e nenas das diferentes Escolas de Ciclismo que encheran Maceda, acampando na zona das piscinas. 

9 jul 2019

MINI BTT VILABOA E BTT EN POIO



Fin de seman con dobre actividade; o sábado os mais pequenos e pequenas da ESCOLA tomaban parte na proba de Mini BTT en Vilaboa e o domingo o equipo ACADEMIA POSTAL - MACEDA participaban na ultima proba puntuable para a Copa Galicia XCO.
Na proba de Poio, que chega a sua XI edición , Andrea García vencía en Juniors, facendose co maillot final do Open nesa categoría. En Juniors, Brais Fernandez era 5º, na mentras que en Elite, Raul Gonzalez finalizaba 9º na xeral sendo 7º Elite. En Cadetes, Hugo Álvarez era 9º.