25 abr 2010

DOBRE VICTORIA NO BTT DE PONTEVEDRA




Nunha tarde chuviosa, no parque de Monteporreiro de Pontevedra, celebrouse a 2ª proba do Calendario Galego de BTT XC con 2 victorias, Pablo en Juniors e Xulio en Master 40 e 3 podiums mais, con J.Ramon 3º en juniors, Marcos 3º en Cadetes e Diego 3º en Seniors.
Ademias Iago foi 5º en juniors e David 12º , e moitos problemas na bici, e Iago Saa 13º en Cadetes. Laura non poido rematar a proba de feminas.
Foi pois unha moi boa xornada, nun circuito diseñado pola xente de Moto Bike, no parque, moi vistoso para a xente que acudiu a ver a proba.


19 abr 2010

FINAL PROVINCIAL DUATLON ESCOLAR CARBALLIÑO

Onte, os integrantes da Escola de Ciclismo J.A. Hermida do CC Maceda , participaron na final provincial do Duatlón Escolar , en Carballiño. En Alevin , Ivan Feijoo acadou a victoria seguido de Roman Saa, con Samuel Gonzalez 7º e Aroon Lopez 8º, vencendo na clasificacion por equipos. En Infantil , Xiana Conde acadou a victoria en Feminas, e Ivan Conde foi 3º en Masculino con Ruben García 5º. E en Cadetes David Rodriguez foi 2º con Iago Saa 4º.

VICTORIA NA TAÇA DE PORTUGAL DE BTT




O CC Maceda- Academia Postal- Actyon tivo unha gran actuación na 2ª proba da Taça de Portugal, celebrada no parque Diverlanhoso en P. de Lanhoso. Nunha proba de máximo nivel , Pablo Rodriguez acadou a victoria en juniors, despois de dominar a carreira dende a 2ª volta. A gran actuación de Pablo viuse acompañada pola tamén gran actuación dos outros corredores junior, asi Iago Garcia, rematou tamén en posición de podium ao finalizar 5º , e J. Ramon Villanueva foi 9º . Deste xeito os tres corredores remataron entre os 10 primeiros nunha proba tan importante como e a Taça de Portugal. En cadetes Marcos Villar , que voltaba a competición despois de ter parado por lesión, remataba o 19º. En Master 40 Xulio Conde , pisaba tamén o podium, ao finalizar 5º.

En resume , 3 podiums.

11 abr 2010

OPEN ESPAÑA BTT - AVILES


A terceira foi a vencida. Foi na 3ª proba do OPEN DE ESPAÑA DE BTT, e na localidade asturiana de Aviles, onde chegou o primeiro podium para o CC MACEDA, na categoria de juniors, por medio de PABLO . Foi 2º, despois dunha carreira moi intensa e na que estivo rodando en cabeza. Ao final apenas 30 seg separaronno da victora. Na mesma categoria Iago, foi 15º e J. Ramon, 16º. Un exito, para o clube o situar 3 corredores entre os 16 primeiros. En cadetes un pinchazo privou a David de rematar, e en Master 40 , Xulio foi 7º.

4 abr 2010

V DUATLON ESCOLAR DE MACEDA


Este domingo o CC Maceda organizou o V DUATLON ESCOLAR DE MACEDA, e no que participaron casi 60 corredores e corredoras de diferentes clubes de Duatlon de Ourense, Lugo e Pontevedra. Nunha maña soleada, os corredores e corredoras , das categoria cadetes , infantis e alevins, tiveron unha actuacion destacada, acadando varios podiums. Destacar , tamén o mini Duatlon , que puxo punto final a xornada e na que participaron os maís pequenos e as máis pequenas do clube.

1 abr 2010

X TROFEO BTT LA VEIGUILLA - BENAVENTE




Doblete en juniors no X TROFEO LA VEIGUILLA DE BTT , de Benavente; con Pablo 1º e Jose Ramón 2º. Destacar a actuación tanto de J. Ramón que na súa 2ª carreira logrou rematar 2º. Pablo ,pola sua parte, dominou totalmente a carreira, dende a saída. Iago , non puido rematar por unha caida, sen consecuencias físicas pero que lle doblou a roda dianteira. En cadetes, David rematou 11º, e Marcos Villar tivo que retirarse. En senior, Diego Rodriguez, rematou 16º e en Master 40 Xulio 7º.