24 mar 2024

VICTORIA PARA IVAN FEIJOO NA TRANSGALAICA DE SILLEDA






Aproveitando as "vacacions" mentras agarda pola sua praza do MIR , despois de ter superado esta proba, Ivan Feijoo retomaba os seus adestramentos , e competia este fin de seman en Silleda, onde vencia con autoriadade, amosando asi a sua gran clase, e confirmando o dito, de quen tuvo retuvo. 

Ivan Feijoo, un autentico referente e exemplo, tanto no mundo da bicicleta , como no mundo dos estudios. 

19 mar 2024

ALEJANDRO GARCIA 31º NA UCI JUNIOR SERIES DE MARSELLA







Unha averia no pior momento da carreira, a pouco da saída, obrigaba a Alejandro Garcia a entrar na zona técnica a trocar de roda , perdendo moitas posicións . De ahi en adiante , toda a carreira , consitiu en tratar de remontar posicións , nun circuito no que adiantar e complicado , para remantar o 31º dun total de 130 juniors. 

11 mar 2024

ALEJANDRO GARCIA 2º JUNIOR , E SAUL LOPEZ 17º NA COPA DE ESPAÑA XCO DE VALLADOLID

 










Podium para Alejandro Garcia,  2ºen Junior, na proba da Copa de España de Valladolid, nunha carreira emocionante, que se decidia ao sprint, entre Hugo Franco e Alejandro Garcia. Nestor Frias finalizaba o 30º

En Elites Sub23, Saul Lopez, realizaba unha das suas millores carreiras, rodando toda a carreira no grupo do 7º clasificado, e cedendo na ultima volta , no apreton final, para finalizar nun moi meritorio 17º posto. Estefan Gonzalez, finalizaba o 60º.

En Cadete, moi boa carreira de Marcos Rodriguez, que saido dende atras finalizaba o 16º . 


ELITE SUB23

17º Saul Lopez

60º Estefan Gonzalez

JUNIOR 

2º ALEJANDRO GARCIA

33º Nestor Frias

CADETE

16º Marcos Rodriguez

5 mar 2024

BRAIS FERNANDEZ 2º SUB23 NO CAMPIONATO GALEGO DE RESISTENCIA

 




Brais Fernandez acadaba a 2ª posicion en Sub23 , no Campionato Galego de Resistencia celebrado este fin de seman en Naron. 

Na proba por parellas cadete, na que non se optaba o titulo, era 2ª Noela Gonzalez .

VICTORIA DE ALEJANDRO GARCIA EN JUNIORS NA TAÇA DE PORTUGAL DE MELGAÇO

 



Alejandro Garcia sumaba a sua primeira victoria da tempada de BTT, na categoria junior, na primeira das probas puntuables para a Taça de Portugal, disputada en Melgaço, no circuito que no ano que ven acollerá os Campionatos de Europa de XCo. Proba internacional, na que ademais sumaba puntos para o rankin UCI. En cadetes , estreabase , Marcos Rodriguez , que remataba as portas do podium , ao finalizar 4º . 

Resultados

ELITE-SUB23

51º Hugo Alvarez

JUNIOR

1º Alejandro Garcia

25º Nestor Frias

CADETES

4º Marcos Rodriguez