24 oct 2010

MARCOS E PABLO 2º NO CICLOCROSS DE MEDINA DE POMAR



Gran xornada para o CC Maceda, no Ciclocross Internacional de Medina de Pomar, en Burgos, na que acadou 2 podiums. Marcos Villar foi 2º en cadetes , nunha intensa carreira, na que o vencedor foi o vasco Eneko Corrales, acando asi o seu primer podium nunha proba a nivel estatal. En Juniors Pablo Rodriguez , foi tamen 2º detras do vasco Jonathan Lastra, despois dunha gran carreira que se decidiu nos ultimos metros. Na mesma categoria David Rodriguez rematou 26º. En Elite Sub-23 , Iago Garcia foi 33º(13º sub 23) , nunha proba na que venceu o belga Sveen Beleen. En Master 40 Xulio Conde foi 7º.

Mais información da proba en

21 oct 2010

CICLOCROSS INTERNACIONAL MEDINA DEL POMAR - BURGOS

Este fin de semán un total de 5 corredores do CC Maceda, das categorias cadetes, junior, sub 23 e master 40 acudirán a localidade burgalesa para participar no CICLOCROSS INTERNACIÓNAL MEDINA DEL POMAR, no que se daran cita os mellores especialistas de ciclocross do panorama estatal asi como corredores belgas e franceses.
Lembrar que esta proba, dado o seu caracter internacional, otorga puntos UCI nas catagorias junior e elite sub 23.
Esta é a segunda proba da tempada para os corredores macedáns xa que anteriormente tiñan participado na proba de Villarcayo , tamén en Burgos.
As carreiras disputaranse o sabado cos seguinte horarios

13:00 Master 40
15:00 Cadetes
16:00 Junior
17:00 Elite sub23

18 oct 2010

COMEZOU O CICLOCROSS EN VILLARCAYO


Este sábado, na localidade burgalesa de Villarcayo, no VIII CILCLOCROSS INTERNACIONAL DE VILLARCAYO, na que se deron cita os e as mellores corredores e corredoras do Ciclocross estatal, ademais de unha ampla representacion de correderes belgas e doutros pais, arrancou a temporada de ciclocross para o CC MACEDA. Ata ali acudiron 4 corredores do clube,o Sub-23 Iago, os juniors Pablo e David e o cadete Marcos. Comezou a xornada coa proba de Cadetes ,na que Marcos, completou unha gran carreira , rematando 8º; en juniors, Pablo , tivo que plantexar unha carreira de remontada, xa que foi colocado a final de parrilla de saida ,e cando xa rodaba cerca dos primerios sufriun un pinchazo que o fixo de novo retrasar; ao final 9º. David completou a sua primeira carreira como junior rematando 32. E Iago, estrenouse na cateroria sub23, e cando estaba realizando unha gran carreira situado entre os primerios sub 23 , sufriu unha caida na zona de asfalto que lle obrigou a retirarse.
A vindeira cita tera lugar na tamén localidade burgalesa de Medina del Pomar o vindeiro fin de seman.
Máis información da proba en