25 nov 2014

IVAN FEIJOO SUMA A SUA 5TA VICTORIA NA COPA DE ESPAÑA EN NAVIA




Nunha xornada dantesca, de choiva , vento e moito barro, o cadete Ivan Feijoo sumaba a sua 5ta victoria na Copa de España de Ciclocross. Nun circuito , cheo de barro e que tivo que ser modificado a ultima hora debido a o temporal que azotaba a localidade de Navia, Ivan controlou a carreira ,e foi a falta de media volta cando abriu un oco cos seus rivais. Ivan , deste xeito reforza a sua posición ao frente da Xeral da Copa a falta de tres probas puntuables. En Junior, Xiana Conde remataba 5ª , despois de sufrir unha averia en carreira ,que lle obrigou a patear un bo treito do circuito. Con este resultado sigue 4ª na xeral da Copa. En Elite Sub 23, Raul Gonzalez, finalizaba 23 na xeral e 6º sub 23 nunha moi boa carreira. En master 40 Xulio Conde finalizaba o 17º e en M50 Jose Manuel Gonzalez era 13º.

18 nov 2014

RAUL GONZALEZ 3º SUB23 E ABEL FRANCO 4º EN CADETES NO CICLOCROS DE SANTIAGO



Na maña do domingo , celebrabase en Santiago a segunda cita do calendario galego de Ciclocross; a xornada presentabase chuviosa , e o barro fixo aparicion no circuito de a Granxa do Xesto, que esta ano presentaba modificacións no trazado con respeto a anos anteriores , millorando considerablemente. En Cadetes, ante a ausencia de Ivan Feijoo , por descanso, Abel Franco , realizaba unha gran carreira pelexando en todo o momento por un posto no podium e entrando finalmente en meta 4º, a escasos segundos do 3º. En Elite Sub 23 Raul Gonzalez, era 3º en meta , finalizando 7º na xeral absoluta. En Master 40 Xulio era 8º e en Master 50 J. Manuel, era 5º. Destacar que ao igual que noutras probas celebradas este fin de seman, se aproveitou para revindicar a igualdade de trato para as chicas no mundo do ciclismo.

RAUL GONZALEZ 2º SUB 23 E VICTORIA DE IVAN FEIJOO EN CADETES NO CICLOCROS DE O ROSAL





Este sábado arrancaba a temporada galega de ciclocross, en O Rosal, no xa tradicional circuito situado na praia de As Eiras. Na primeira das carreiras a de cadetes, vencía con autoridade o actual lider da Copa de España , Ivan Feijoo. Ivan marchabase en solitario na primeira volta chegando a meta con un amplo marxe. O seu compañeiro de equipo ,Abel Franco , que realizaba unha gran carreira, era 4º , quedando as portas do podium. En Elite Sub 23, Raul Gonzalez ,amosaba un moi bo nivel, entrando en meta 5º na xeral e 2º Sub23. En Master 40, Xulio era 6º e en Master 50 Jose Manuel Gonzalez 7º

9 nov 2014

IVAN REPITE 2º POSTO NA COPA DE ESPAÑA DE ELORRIO E MANTEN O LIDER. XIANA 4ª



O domingo celebrabase na localidade vizcaina de Elorrio, a 6ª proba puntuable para a Copa de España de Ciclocross, nunha maña na que ainda que non chovia, o circuito estaba con barro. En cadetes, Ivan Feijoo, que a pesares dunha non moi boa saida, era quen de remontar e rematar 2º , realizando unha gran carreira ,e mantendo a camisola amarela como lider da Copa de España. Abel Franco, realizaba tamen unha gran carreira, sendo o 19º entre os cadetes. En feminas junior, Xiana Conde, era 4ª , quedando as portas do podium , despois de estar pelexando toda a carreira pola 3ª posicion e sufrindo un pinchazo na penultima volta. Raul , non tiña o seu dia , era o 14º entre os Sub23, 44 na xeral.

Clasificacions completas:
http://rfec.com/sites/default/files/Elorrio%202014.%20Clasificacion.pdf

8 nov 2014

IVAN FEIJOO 2º CADETES NA COPA DE ESPAÑA DE AMTEZAGA.




Ivan Feijoo, subía unha vez mais ao podium nunha proba da Copa de España , ao finalizar 2º na proba celebrada este sabado na localidade alavesa de Ametzaga nun circuito duro ,e con barro.  Con este resultado Ivan, manten o maillot amarelo de lider da Copa. O seu compañeiro de equipo, Abel Franco, entraba en meta no posto 22º. Xiana Conde, era 6ª entre as junior. Raul Gonzalez, realizaba unha gran carreira , na categoria raiña, a de Elite Sub23, sendo 9º entre os Sub23 , e rematando o 29 na xeral.

Clasificacions completas:
http://rfec.com/sites/default/files/San%20Andres%20Ametzaga%202014.%20Clasificaciones.pdf

4 nov 2014

VICTORIA DE IVAN FEIJOO EN CADETES E XIANA CONDE 3ª EN JUNIORS EN MUSKIZ





Ivan Feijoo sumaba a sua cuarta victoria nesta temporada na Copa de España , no ciclocross de Muskiz. Ivan vencia con autoridade xa que na primeira volta tomaba unha diferencia que iba ir aumentando volta a volta para entra en meta con casi 20 segundos sobre o 2º clasificado. Deste xeito , Ivan sigue a aumentar a sua diferencia como lider da xeral da Copa. En juniors, Xiana Conde , tamén subia ao podium ,xa que finalizaba 3ª nunha gran carreira, na que apesares de sair ultima , iba remontando volta a volta para entrar en meta 3ª a escasos metros da 2ª clasificada, a tamen galega Irene Trabazos. Destacar que o podium nesta categoria estivo copado polas galegas , xa que a vencedora era Desiree Duarte. Abel Franco, era o 24 en cadetes . Raul Gonzalez , que non tiña o seu dia, xa que sufria caida e averias, ao final era o 11º entre os Sub23 e o 50º na xeral.

2 nov 2014

VICTORIA DE IVAN FEIJOO EN CADETES NA COPA DE ESPAÑA DE LLODIO.



Ivan Feijoo sumaba unha nova victoria este sabado , na proba de cadetes, na proba da Copa de España de Llodio, nunha carreira emocionante que se decidia ao sprint, entre Ivan e o corredor catalan J. Cullel. Terceiro era o tamen galego Guillermo García ( CC Marin). Deste xeito Ivan aumenta un pouco máis a sua diferencia como lider da Xeral. O outro cadete, Abel Franco, entraba en meta 15º despois dunha carreira na que tivo un par de caidas . En junior, Xiana finalizaba 6ª. En Elite Sub 23, Raul Gonzalez, que tambien era victima de las caidas, era o 9º entre os Sub23 e 38º na xeral. Asi pois bo balance.