9 nov. 2014

IVAN REPITE 2º POSTO NA COPA DE ESPAÑA DE ELORRIO E MANTEN O LIDER. XIANA 4ª



O domingo celebrabase na localidade vizcaina de Elorrio, a 6ª proba puntuable para a Copa de España de Ciclocross, nunha maña na que ainda que non chovia, o circuito estaba con barro. En cadetes, Ivan Feijoo, que a pesares dunha non moi boa saida, era quen de remontar e rematar 2º , realizando unha gran carreira ,e mantendo a camisola amarela como lider da Copa de España. Abel Franco, realizaba tamen unha gran carreira, sendo o 19º entre os cadetes. En feminas junior, Xiana Conde, era 4ª , quedando as portas do podium , despois de estar pelexando toda a carreira pola 3ª posicion e sufrindo un pinchazo na penultima volta. Raul , non tiña o seu dia , era o 14º entre os Sub23, 44 na xeral.

Clasificacions completas:
http://rfec.com/sites/default/files/Elorrio%202014.%20Clasificacion.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario