30 dic 2014

A CESTA DE NADAL XA TEN DONO




Durante o transcurso dos Campionatos de Galicia de Ciclocross , o 28 de decembro, procedeuse o sorteo da xa tradicional cesta de Nadal, procedendose a sua entrega ao remate da proba. Houbo ademais sorteos de cazadoras cedidas pola marca DARE2B.

29 dic 2014

IVAN FEIJOO CAMPION GALEGO CADETE. ABEL 3º . XIANA CONDE 3ª JUNIOR.







Gran actuacion dos nosos corredores e corredoras nos Campionatos de Galicia de Ciclocross que este ano se celabraban en Maceda, diante dun numerosisimo publico, e nunha proba que mereceu os parabens de todos os participantes. O circuito, diseñado , nos arredores do Castelo ,gustaballe a todos os participantes , e destacaba pola sua dureza, a pesares de estar bastante seco.
No que se refire a os resultados, destacar a victoria na proba absoluta de JOSE ANTONIO HERMIDA, que acudia a proba en calidade de invitado, ao non poder disputar o titulo de Campion Galego. Este tittulo foi parar para o macedán PABLO RODRIGUEZ (MMR) que nunha emocionatisima e disputada carreira vencia con un marxe de 5 segundos. Destacar a gran carreira de SAUL LOPEZ , que entraba en meta en 4º lugar, como 4º Sub23, e o que so unha caida na penultima volta privabao de loitar pola victoria. RAUL GONZALEZ era 5º Sub23 nunha gran carreira nunha gran temporada.
En Cadetes , IVAN FEIJOO faciase co titulo , vencendo con claridade, e sumando unha victoria máis nunha gran temporada. ABEL FRANCO, era 3º , e colleitaba unha medalla, despois de ter realizado tamen unha moi boa carreira, na que estivo a loitar polo segundo posto toda a carreira. En Juniors, XIANA CONDE era 3ª e sumaba un podium mais. En juniors, ROMAN SAA estaba a moi bo nivel sendo 9º.  En Infantis, victoria de CARLOS CANAL. ANTIA MARTINEZ 2ª en Feminas Infantis e NOELA SAA 3ª.
A nivel organizativo , a proba foi todo un exito, tanto pola gran cantidade de publico que asistiu como polos parabens recibidos. Destacar tamen a homenaxe recibida por parte do mundiño do Ciclocross a Vicente Allo.

27 dic 2014

JOSE ANTONIO HERMIDA E PABLO RODRIGUEZ PREMIOS CHOCAS DO ANO




Os bikers JOSE ANTONIO HERMIDA e PABLO RODRIGUEZ , foron galardonados polo noso clube cos premios CHOCAS DO ANO, pola sua gran traxectoria no mundo do BTT. J.A. Hermida, unha lenda no BTT, foi campión do mundo en todas as categorias (Junior, Sub23,Ellite, Team Relay) ademais de medalla olímpica en Atenas.... PABLO RODRIGUEZ, corredor formado na Escola JA Hermida, e o futuro do BTT non so español, si non mundial. Pablo , varias veces Campion de España en Ciclocross e BTT , ven de finalizar 6º na xeral Copa do Mundo de BTT. En categoria junior, Pablo , subiu ao podium nunha proba na Copa do Mundo.
Anterioremnte tiñan recibido este premio, OSCAR PEREIRO, MARCOS SERRANO, O EQUIPO XACOBEO, EZEQUIEL MOSQUERA, GUSTAVO CESAR VELOSO, CHECHU RUBIERA E MIGUEL INDURAIN.

VISITA DE HERMIDA NO 10º ANIVERSARIO DA ESCOLA JA HERMIDA





Coincidindo cos 10 anos da Escola de Ciclismo JA Hermida, e coa celebracion dos Campionatos de Galicia de Ciclocross en Maceda, JOSE ANTONIO HERMIDA , aproveitou para visitar a todos os seus alumnos/as , ademais de participar nos actos do 10º aniversario da Escola e na proba dos Campionatos de Galicia de Ciclocross, como invitado. Hermida, poido adestrar con todos os rapazes e rapazas da Escola durante a maña previa a celebracion dos Campionatos .

26 dic 2014

OS CAMPIONATOS DE GALICIA DE CICLOCROSS EN MACEDA O 28






Xa todo esta preparado en Maceda , para acoller o vindeiro domingo 28 os Campionatos de Galicia de Ciclocross,  no xa clasico circuito dos arredores do Castelo. A proba contara coa presencia , ademais dos millores ciclocrosman galegos, de Jose Antonio Hermida, que acudira en calidade de invitaddo. As probas comenzaran a partires das 10:30 horas.

21 dic 2014

VICTORIA DE IVAN FEIJOO EN CADETES NO 38º TROFEO VILA DE LOURO -PORRIÑO





Ivan Feijoo sumaba unha victoria mais , na proba celebrada no velodromo de Porriño a unha seman dos campionatos de Galicia. Ivan dominaba claramente a proba de cadetes e faciase coa victoria. O seu compañeiro ,Abel Franco sufria averia e finalizaba 8º. En Juniors Roman Saa era o 18º. Na carreira de Elite ,gran carreira de Saul Lopez, que rodaba durante toda a carreira pelexando pola victoria e entrando en meta finalmente 4º (3º Sub23). Raul Gonzalez era o 11. En infantis , victoria de Antia , e 2º lugar para Noela Saa.

17 dic 2014

MELLOR EQUIPO ABSOLUTO NOS PREMIOS + DEPORTE DE LA REGION.



O suplemento de deportes + Deporte , do xornal La Region, concedianos este ano o premio ao millor equipo absoluto, durante a gala do premios + Deporte, celebrada no auditorio municipal de Ourense. O noso equipo chegaba a gala como finalista e finalmente resultaba vencedor na categoria de + Deporte, o que constitue un gran exito.

15 dic 2014

IVAN FEIJOO GAÑA A COPA DE ESPAÑA DE CICLOCROSS CADETE DESPOIS DE SER 2º EN VALENCIA




Ivan Feijoo , gañaba este domingo a Copa de España de Ciclocross na categoria de cadetes , despois de ter finalizado 2º na ultima das probas celebrada en Valencia, no Ciclocross Internacional Ciutat de Valencia. Ivan  foi o gran dominador da Copa , de feito , gañou 6 das 10 probas que este ano formaban a Copa, e nas outras 4 fixo 2º. A carreira , celebrada no centro parque do Turia, en pleno corazon de Valencia , foi emocionate, e foi perfectamente controlada por Ivan, ao que un lle chegaba con un 5º posto para asegurarse a Copa. Pero a pesares de ter sufrido unha pequena caida, Ivan , no perdeu os nervios e mostrouse moi centrado toda a carreira, e entraba 2º na liña de meta, nunha proba , na que o vencedor era o seu maximo rival nesta temporada o catalán Jofre Cullel, Destacar tamén o 4º posto de Xiana Conde, na categoria de Feminas Junior, nunha gran carreira, na que estivo loitando polo podiumn, a pesares das molestias na cadeira. Ao final , Xiana finalizaba 4ª na xeral Final da Copa, quedando as portas do podium.

13 dic 2014

ANTIA 2º E NOELA 3º EN INFANTIS NO CICLOCROSS DE MARIN



Na tarde do sabado disputouse unha nova edicion do Ciclocross de Marin, que chegaba este ano a sua XXII edicion. En Cadetes, a mala sorte acompañaba a Abel Franco cando marchaba 2º e a falta de menos de unha volta para o final sufria un pinchazo que o obrigaba a abandonar. En Elite Sub23, Raul Gonzalez, que tamen sufria pinchazo, era o 14º. Na carreira de infantis, Antia era 2ª e Noela Saa a 3ª.

8 dic 2014

IVAN FEIJOO VENCE NA COPA DE ESPAÑA DE CICLOCROSS E MANTENSE LIDER. RAUL 4º EN SUB23



Ivan Feijoo sumaba unha nova victoria mais, na Copa de España de Ciclocross, esta vez na localidade cantabra de Pte Viesgo, e na penultima proba da Copa, mantendose como lider a falta dunha proba. Ivan mantiña , como ven facendo durante toda a tempada, unha dura loita co catalan Jofre Cullel . Ivan sumaba asi unha importante victoria a falta da proba de Valencia. Destacar , tamén a gran carreira de Raul Gonzalez, que remataba 4º Sub 23 e 20º na xeral absoluta de Elite Sub23, realizando a sua millor carreira da temporada nun circuito moi embarrado. Raul esta amosando carreira a carrreira a súa progresion e o seu bo facer. Abel Franco debia de retirarse por averia , e Xiana Conde, sufria unha dura caida , tendo que ser trasladada ao Hospital , pero quedando todo nun golpe na cadeira.

7 dic 2014

IVAN FEIJOO 2º NA COPA DE ESPAÑA DE IGORRE E MANTENSE LIDER DA COPA



Ivan Feijoo conseguia un importante 2º posto na "catedral" do Ciclocross, en Igorre, na sua loita por acadar a xeral da Copa de España de Ciclocross Cadete. Nun circuito moi embarrado, Ivan mantiña unha bonita pugna co seu rival o catalán Jofre Cullel, que ao final resultaria vencedor da proba por escaso marxe. O seu compañeiro de equipo, Abel, entraba en meta o 16º, realizando tamen unha moi boa carreira. En juniors Xiana Conde , non tiña sorte e un problema con unha zapatilla e posteriormente unha rotura da patilla do cambio, apartabanna da loita polos postos de podium. En Elite Raul Gonzalez , realizaba unha boa carreira e finalizaba o 7º Sub23, 30º na xeral.

6 dic 2014

NOELA 2º E ANTIA 3ª INFANTIS NA SUA ESTREA NO CICLOCROSS EN BOIRO. SAUL




Na proba do calendario galego de Ciclocross celebrada o sabado na localidade de Boiro, as infantis Noela Saa e Antia Martinez, subian ao podium na categoria de infantis na sua estrea nesta disciplina. Destacar a volta a competicion de Saul Lopez, que era o 6º na carreira de Elite Sub 23 , amosando un bo nivel. 

4 dic 2014

VICTORIA DE IVAN EN DUMBRIA E PODIUMS DE ABEL, XIANA E MARCO





Este sabado a cita era en Dumbria , nunha nova proba do calendario galego de ciclocross. En cadetes ,Ivan Feijoo, voltaba a vencer, e sumar unha victoria con autoridade, marcando xa o ritmo dende a primeira volta. O seu compañeiro Abel Franco, era 3º en meta, e subia ao podium por primeira vez nunha carreira de Ciclocross, despois de ter realizado unha gran carreira. En Feminas, Xiana Conde, era 3ª en Junior. Na carreira de Elite, Sub 23, Raul Gonazalez , realizaba, outra vez mais, unha moi boa carreira e entraba en meta 5º na xeral absoluta e 2º Sub23. Na proba de infantis, Marco Nube , na sua primeira experiencia enriba dunha bici de ciclocross era 2º. Completaban a xoranda as carreiras de Master, con Xulio 5º en M40 e Jose Manuel 5º en Master 50. Asi pois moi bo balance.