15 dic 2014

IVAN FEIJOO GAÑA A COPA DE ESPAÑA DE CICLOCROSS CADETE DESPOIS DE SER 2º EN VALENCIA




Ivan Feijoo , gañaba este domingo a Copa de España de Ciclocross na categoria de cadetes , despois de ter finalizado 2º na ultima das probas celebrada en Valencia, no Ciclocross Internacional Ciutat de Valencia. Ivan  foi o gran dominador da Copa , de feito , gañou 6 das 10 probas que este ano formaban a Copa, e nas outras 4 fixo 2º. A carreira , celebrada no centro parque do Turia, en pleno corazon de Valencia , foi emocionate, e foi perfectamente controlada por Ivan, ao que un lle chegaba con un 5º posto para asegurarse a Copa. Pero a pesares de ter sufrido unha pequena caida, Ivan , no perdeu os nervios e mostrouse moi centrado toda a carreira, e entraba 2º na liña de meta, nunha proba , na que o vencedor era o seu maximo rival nesta temporada o catalán Jofre Cullel, Destacar tamén o 4º posto de Xiana Conde, na categoria de Feminas Junior, nunha gran carreira, na que estivo loitando polo podiumn, a pesares das molestias na cadeira. Ao final , Xiana finalizaba 4ª na xeral Final da Copa, quedando as portas do podium.

No hay comentarios:

Publicar un comentario