27 jun 2011

I MINI BTT CHAN D´ARQUIÑA EN DOMAIO


Na maña do domingo os máis pequenos e pequenas do clube, os integrantes da ESCOLA DE CICLISMO JA HERMIDA, acudían a DOMAIO, para participar nunha proba máis do OPEN GALEGO DE MINI BTT, nunha xornada de moito calor , e marcada polo gran numero de participantes. Disfrutaron dunha bonita xornada deportiva e festiva, acadando vairas posicións nos podiuns; asi XIANA CONDE vencia na proba de Infantis Feminas. En Alevins , IVAN FEIJOO era 2º e en Principiantes feminas, AIDA GONZALEZ era 3ª. Un total de 18 foron os corredores e corredoras da Escola que acudiron para participar na cita.

23 jun 2011

J.RAMON VILLANUEVA VENCE NO I G.P. BTT DE OLEIROS


Nunha xornada marcada polo calor, celebrouse o sábado , nos arredores das instalación do INEF , en Oleiros (A Coruña) o I GRAN PREMIO CONCELLO DE OLEIROS, proba puntuable para o OPEN GALEGO BTT -NOVACAIXAGALICIA; os corredores do ACADEMIA POSTAL -ACTYON-MACEDA voltarón a ter unha actuación moi destacada , xa que acadaron 4 victorias. Destacar a victoria de JOSE RAMON VILLANUEVA , na categoria Elite, con que se volta a meter de novo na loita polo maillot branco de lider do Open. J.Ramon, mantivo unha dura loita cos seus rivais Alejandro Mesias e Manuel Parada, a os que nas últimas voltas logrou distanciar.
Pero non foi J.Ramón , o único que acadaou a victoria para o clube macedán, xa que na categoria junior , foron tres os corredores do clube os que coparon o podium con PABLO RODRIGUEZ en primeiro lugar, SAUL LOPEZ , 2º e DAVID RODRIGUEZ 3º, amosando a fortaleza do clube nesta categoria. O 2º posto de SAUL, valialle para manter o maillot de lider do OPEN. En Cadetes , MARCOS VILLAR sumaba unha victoira máis , logrando sumar os puntos necesarios para situarse como lider do OPEN. E a cuarta vitoria chegaba en Master 40 de mán de XULIO CONDE.
Asi pois , gran xornada para o club macedán a unha seman dos CAMPIONATOS GALEGOS que se celebrarán o vindeiro fin de semán en Sanxenxo.




16 jun 2011

PRESENTACION DE DARE 2B



Nestes dias vennos de visitar o responsable para España da marca DARE 2b, Olivier Pelous , xunto con Alberto Dominguez; esta marca de roupa vense de incorporar como patrocinadora do clube, co que os nosos corredores vestiran roupa facilitada por esta marca adicada o mercado deportivo outdoor. Dende aca queremos agradecer o seu apoio e seu interes amosado polo nosos proxecto deportivo.

13 jun 2011

PABLO VENCE NO OPEN DE ESPAÑA JUNIOR E MARCOS 3º EN CADETES



Onte finalizou o OPEN DE ESPAÑA BTT 2011 na localidade avulense de Navaluenga, e non o puido facer de millor xeito para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA, xa que o seu corredor junior, PABLO RODRIGUEZ , vencia na proba, e proclamábase vencedor da Xeral Final do Open. Pero non era o único integrante do clube macedán , que subia o podium, xa que MARCOS VILLAR finalizaba como 3º na Xeral de Cadetes. Pablo , partía como lider na proba , e a pesares de que na saída sufriu un pequeno problema o que o relegou aos ultimos postos, pronto comezou a recuperar posicións, nun circuito sumamente técnico, e xa o final da primeria volta chegaba a cabeza de carreira, a partir de ahi empezou a marcar un ritmo forte , que fixo que chegara a meta con un marxe importante,1:57, sobre o segundo clasificado, o andaluz Antonio Santos. En cadetes, Marcos Villar, tamén subia o podium da Xeral ao rematar a proba en 5º lugar , despois de ter sufrido unha averia cando ia 2º; ao final este posto serviulle para poder rematar en 3º lugar o Open.



Os restantes corredores cumpriron nesta última proba e asi J. RAMON VILLANUEVA era 26º en Elite-sub23 (11º Sub 23) , SAUL LOPEZ 6º e DAVID RODRIGUEZ 17º en Juniors, IVAN CONDE 16º en Cadetes, e XULIO CONDE 6º en Master 40

9 jun 2011

ESTE DOMINGO FINAL DO OPEN DE ESPAÑA EN AVILA


Este domingo , a partir das 9:30 celebrase na localidade de Navaluenga, en Avila, a última proba puntuable para o OPEN DE ESPAÑA DE BTT 2011. Para os corredores do ACADEMIA POSTAL-ACTYON -MACEDA, volta a ser unha cita importante, xa que a esta ultima proba , en juniors chega como lider da Clasificación Xeral, e con un 8º posto , chegarialle para proclamarse gañador da Xeral final da Copa de España. Na mesma categoria, o seu compañeiro Saul Lopez, tentara acadar unha nova posición no podium. David, pelexara por entrar entre os 10 primeiros, neste seu primer ano como junior. En Cadetes , Marcos Villar, chega como 2º da Xeral , e asi tentar rematar, xa que non ten opcións de alcanzar o lider da Xeral. Acompañaran a Marcos , tanto Ruben Garcia como Ivan Conde que a esta proba acude co CGTD. Tamén participaran J. Ramón Villanueva , que tentara medirse cos seus rivais da categoria sub-23 , co fin de valorar as súas opcións de cara o Campionato de España .Tamen acudirá Xulio Conde en M-40.

7 jun 2011

BALANCE PROVISONAL DA TEMPORADA 2011



Cando xa se leva disputado case que a metade da temporada de BTT , tanto a nivel estatal como a nivel galego, e entramos na fase decisiva da mesma , xa que nos vindeiros dous meses decidiranse os gañadores do OPEN DE ESPAÑA, do OPEN GALEGO de BTT , os campions Galegos, campións de España, Campións de Europa e Campións do Mundo, o ACADEMIA POSTAL –ACTYON –MACEDA, fai balance dos resultados acadados na súa participación nas diferentes competicións nas que esta a participar.

No OPEN DE ESPAÑA DE BTT , cando xa so resta unha proba para o seu remate, o balance non pode ser positivo ,xa que tres corredores do clube, Pablo Rodriguez, Saul Lopez e Marcos Villar, conseguiron subir o podium, nas categorias de Cadetes e Juniors; ademais Pablo leva vencido en tres das 4 probas disputadas, sendo o lider da clasificación xeral a falta dunha proba. Marcos Villar e segundo na xeral de Cadetes.

No OPEN GALEGO DE BTT , os corredores do clube macedán , estan a ser o grandes domiñadores , tendo conseguido numerosas victorias e podiums; asi J. Ramon Villanueva, Iago García, Saul López,Pablo Rodriguez, Marcos Villar e Xulio Conde, xa conseguiron vencer en probas do Open Galego. Outros corredores como David Rodriguez e Ivan Conde teñen xa subido o podiun. Saul López e lider da xeral en Juniors.

Destacar tamén a victoria de J. Ramón Villanueva , na xeral da TRANSGALAICA 2011, despois de ter vencido nunha das probas e ser segundo noutra, na que venceu o seu compañerio de equipo Pablo Rodriguez ,que este ano contou con tres probas puntuables, e sobre todo con unha participación de gran nivel, xa que estivo a disputar a xeral a corredores exprofesionais como Alejandro Magallanes, Gustavo Cesar Veloso, Marcos Serrano, ..

A nivel Internacional destacar a actuacion de Pablo Rodriguez que esta a competir na COPA DO MUNDO DE BTT , e que ven de acadar un 9º posto na ultima proba en Offenburg (Alemaña), e un 11º en Dalby Forest (Gran Bretaña) ademais dunha victoria na Taça de Portugal.


Destacar , que tamén veñen de iniciar a súa temporada os máis pequenos e pequenas do clube, os integrantes da ESCOLA J.ANTONIO HERMIDA, habendo disputado xa 2 probas do calendario galego ,que este ano conta con un total de 15 probas.

Asi pois , gran temporada a que ata agora levan realizado os integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA, neste 2011.


Resultados mási destacados:

Categoria Elite-Sub 23:
Jose Ramón Villanueva:
1º Xeral Transgalaica 2011 (foron tres probas)
1º Transgalaica Cotobade
2º Transgalica Pontevedra
1º Open Galego BTT Costa Vella
2º Open Galego BTT Samieira-Poio

Iago García Búa
1º Open Galego BTT Vigobikecontest 2011
3º Open Galego BTT Gondomar

Categoria Juniors:
Pablo Rodriguez Guede
9º Copa do Mundo BTT Offenburg
11º Copa do Mundo BTT Dalby Forest
Lider Copa España BTT a falta dunha proba
1º Copa España Aviles
1º Copa España BTT Menorca
1º Copa España BTT Huelva
2º Copa España BTT Madrid
1º Taça Portugal Poboa de Lanhoso
1º Trofeo Internacional Nigran
1º Transgalaica de Pontevedra

Saul Lopez Alvarez
2º Copa de España BTT Aviles
3º Copa de España BTT Menorca
4º Transgalaica de Pontevedra
Lider Open Galego BTT
1º Open Galego BTT VigoBikecontest
1º Open Galego BTT Samieira Poio
1º Open Galego BTT Gondomar
1º Open Galego BTT Arteixo
1º Open Galego BTT Cambre

David Rodriguez Guede
3º Open Galego BTT Samieira Poio
3º Open Galego BTT Costa Vella
2º Open Galego BTT Gondomar
2º Open Galego BTT Arteixo
2º Open Galego BTT Cambre

Categoria Cadetes
Marcos Villar Perez
2º na Xeral da Copa de España de BTT a falta dunha proba
2º Copa España BTT Aviles
4º Copa España BTT Menorca
5º Copa España BTT Huelva
2º Open Galego BTT Nigran
1º Open Galego BTT Vigobikecontest
1º Open Galego BTT Samieira Poio
1º Open Galego BTT Gondomar
1º Open Galego BTT Arteixo
1º Open Galego BTT Cambre

Ivan Conde
3º Open Galego BTT Cambre
3º Open Galego BTT Arteixo
3º Open Galego BTT Gondomar
3º Open Galego BTT Vigobikecontest