31 ago 2010

MINI BTT MONTEFERRO


Este sábado celbrouse unha nova edición do MINI BTT de Monteferro, puntuable para o Open Galego de MINI BTT. Nunha xornada calurosa e con unha importante participación os corredores e corredoras da Escola de Ciclismo JA HERMIDA , acadaron varios podiums e un par de victorias. Asi as feminas Desiree Duarte , e Aida Gonzalez venceron nas súas respectivas categorias , Infatis e Promesas, mantendose como lideres do Open. Os restantes podiums viñeron de man de Ivan Conde, 2º en Infantis, Ivan Feijoo 2º en Alevins, Xiana Conde 2ª en Infantis. Destacar que foron un total de 17 corredores e corredoras da Escola os que estiveron participando na proba.

A vindeira cita tera lugar o proximo sabado en Cambre, onde rematará o OPEN GALEGO DE MINI BTT.


Clasificacións completas da carreira en:




26 ago 2010

ADESTRANDO NO BIKE PARK DE MANZANEDA


Este mércores varios dos corredores e corredoras do Clube desprazaronse a Manzaneda para disfrutar dunha tarde no Bike Park , acompañando asi a Pablo , que continua coa sua preparación de cara os mundiais de BTT en Canada, tendo elixido as magnificas instalacións do Bike Park para o seu traballo sobre a bici de BTT.

23 ago 2010

MINI BTT CASTELO DE MACEDA: CARREIRA E FESTA


Este sábado disputouse o VI MINI BTT CASTELO DE MACEDA, a nosa carreira. Foron 110 os rapaces e rapazas de todo Galicia os que tomaron a saída na proba, nunha xornada moi calurosa e nun paraxe xa clásico no mundo do ciclismo como é o entorno do Castelo de Maceda. Os corredores e corredoras da ESCOLA DE CICLISMO JA HERMIDA do CC MACEDA , cumpriron sobradamente diante da sua xente, e acadaron varias victorias e podiums, asi en Promesas Feminas, venceu Aida Gonzalez con Noela Saa en 3º lugar. En Principiantes feminas , Antía Martinez foi 3ª. En Alevins Ivan Feijoo foi 2º e en Infantis Feminas doblete con Xiana Conde 1ª e Desiree Duarte 2ª, na mentres que en Infantis Masculino Ivan Conde foi 2º. Ao remate da carreira comezou a FESTA DO MINI BTT, que durou ata altas horas da madrugada, cun xantar multitudinario con mais de 300 persoas do MINI BTT, piscina, videos, cea, karaoke e acampada..... Agardamos que toda a xente que participu o pasara ben.


Resutados carreira corredores e corredores CC MACEDA:


INFANTIS MASCULINO: 2º Ivan Conde; 5º Ruben Garcia; 12º Ismael Del Campo

INFANTIS FEMINAS: 1ª Xiana Conde;2ª Desiree Duarte

ALEVINS MASCULINO: 2º Ivan Feijoo; 4º Roman Saa; 8º Daniel Fontela; 11º Samuel Gonzalez; 20º Aroon Lopez;

PRINCIPIANTES MASCULINO: 10º David Hermida; 14º Hugo Vazquez

PRINCIPIANTES FEMENINO: 3ª Antía Martínez

PROMESAS MASCULINO: 9º Pablo Hermida; 11º Martin Gonzalez;23º Manuel Firvida; 25º Hugo Gonzalez;27º Alvaro Gonzalez; 28º Noe Gonzalez;

PROMESAS FEMENINO: 1ª Aida Gonzalez; 3ª Noela Saa.

Resultados completos carreira:

20 ago 2010

PABLO ACUDIRÁ AO MUNDIAL DE BTT EN CANADA


Onte o seleccionador español Cristobal , fixo publica a lista de 13 corredores e corredoras que acudiran coa selección española a participar nos Campionatos do Mundo de BTT na disciplina de rali que se disputará do 31 de agosto ao 5 de setembro en mont Sainte Ainne (Canada). Entre os corredores convocados esta o junior do CC MACEDA , PABLO RODRIGUEZ GUEDE. Esta vai ser a primeria experiencia mundialista para PABLO na disciplina de BTT, anteriormente xa participou este ano nos mundiais de Ciclocross na Republica Checa. Pablo esta a completar unha gran temporada que agora pretende redondear nos mundiais de BTT. Neste ano, ademais de numerosas victorias e podiums en carreiras de máximo nivel, como campionatos de España, estivo presente en probas da Copa do Mundo de BTT coa seleccion española. Cabe destacar que seran so 2 os juniors os que acudan a cita mundialista.
Para o noso clube , a presenza de Pablo no mundial constitue unha gran alegria, e mais si cabe que ademais de Pablo ,este tamén presente no mundial, J.A. Hermida na categoria elite, asi podemos presumir de que 2 macedans participarán nos mundiais de Canada. MOITA SORTE OS DOUS!!!

15 ago 2010

VI MINI BTT CASTELO DE MACEDA E I FESTA MINI BTT GALEGO


Este sábado o CC Maceda, organiza a partires das 11 horas, nos arredores do Castelo de Maceda, unha nova edición do MINI BTT CASTELO DE MACEDA, que chega asi a súa 6ª edición.
Aproveitando esta carreira os diversos clubes galegos , que habitualmente veñen participando no calendario galego de MINI BTT , levarán a cabo unha xornada de convivio entre os corredores, corredoras , pais , nais, e resposables dos clubes, consistente nun xantar, xogos, cea, karaoke, e acampada, e que se desevolvera nas instalacións da piscina municipais de Maceda. Preveese que maís dun centenar de corredores e corredoras participen na proba e na I FESTA DO MINI BTT GALEGO

13 ago 2010

WWW.HERMIDABIKE.COM

A web oficial de JOSE ANTONIO HERMIDA www.hermidabike.com conta dende xa con un enlace directo ao blog do CC MACEDA - ESCOLA CICLISMO JA HEMIDA, asi os seguidores e seguidoras de HERMIDA, poderán acceder a información e resultados dos corredores e corredoras da súa escola.

10 ago 2010

MINI BTT PORRIÑO DEPUTACION PONTEVEDRA


Este sábado , disputouse no velodromo de Porriño , e organizada pola Fundación Oscar Pereiro unha nova proba puntuable de MINI BTT. Ata ela se desprazaron 18 corredores e corredoras do CC Maceda-Escola de Ciclismo JA Hermida para participar nas diferentes categorias. Os podiums chegaron de man de Desiree e Xiana en Infantis Feminas, Ivan Feijoo en Alevins e Aida Gonzalez en Promesas.

Resultados:

INFANTIS MASCULINO

5º Ruben Garcia

INFANTIS FEMINAS

1ª Desiree Duarte; 2ª Xiana Conde

ALEVINS MASCULINO

2º Ivan Feijoo; 4º Roman Saa; 9º Daniel Fontela; 11º Samuel Gonzalez ; 14º Aroon Lopez

PRINCIPIANTES MASCULINO

14º David Hermida

PROMESAS MASCULINO

9º Pablo Hermida; 11º Martin Gonzalez; 19º Alvaro Gonzalez;22º Breixo Atrio; 23º Hugo Gonzalez; 34º Noe Gonzalez

PROMESAS FEMENINO
1ª Aida González; 4ª Noela Saa.

CEA FESTA DAS NEVES


Como xa ven sendo habitual o CC MACEDA, participou na cea de asociacións , que se celebrou o venres 5 de agosto e que marca o inicio das Festas das Neves 2010 de Maceda.