Este sábado celbrouse unha nova edición do MINI BTT de Monteferro, puntuable para o Open Galego de MINI BTT. Nunha xornada calurosa e con unha importante participación os corredores e corredoras da Escola de Ciclismo JA HERMIDA , acadaron varios podiums e un par de victorias. Asi as feminas Desiree Duarte , e Aida Gonzalez venceron nas súas respectivas categorias , Infatis e Promesas, mantendose como lideres do Open. Os restantes podiums viñeron de man de Ivan Conde, 2º en Infantis, Ivan Feijoo 2º en Alevins, Xiana Conde 2ª en Infantis. Destacar que foron un total de 17 corredores e corredoras da Escola os que estiveron participando na proba.
A vindeira cita tera lugar o proximo sabado en Cambre, onde rematará o OPEN GALEGO DE MINI BTT.
Clasificacións completas da carreira en:
No hay comentarios:
Publicar un comentario