Extraordinaria actuación a do junior macedán do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA, a PABLO RODRIGUEZ GUEDE na proba da COPA DO MUNDO na localidade alemana de Offenburg. Pablo entraba no top ten nunha proba da Copa do Mundo , e era 9º, despois dunha grandisima carreira, na que participaban máis de 120 corredores; Pablo que partia dende a posición 12º da grella de saída ,e xa na primeira volta pasaba entre os 10 primeiros; o ritmo era alto nun circuito técnico e cheo de raices que non permitía fallos, e o que Pablo adaptábase perfectamente. As distancia coa cabeza de carreira eran pequenas, e asi se mantivo ao longo das 4 voltas, pelexando polos postos 8 e 9º pero a escasos 30 segundos dos 5 primeiros. Ao final 9º e moi ledo nesta súa segunda proba da Copa do Mundo nesta tempada, na que tantos exitos esta acadando. Este posto o situa entre os millores juniors do panorama mundial , a este xoven corredor formado na Escola de ciclismo JA HERMIDA; Agora so lle resta rematar a Copa de España da que queda unha proba e vai lider para centrarse xa nos campionatos de España e as probas da Copa do Mundo que seran previas ao mundial que se celebrará no primeiro fin de semán de setembro en Suiza.
28 may 2011
PABLO 9º NA COPA DO MUNDO DE OFFENBURG
Extraordinaria actuación a do junior macedán do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA, a PABLO RODRIGUEZ GUEDE na proba da COPA DO MUNDO na localidade alemana de Offenburg. Pablo entraba no top ten nunha proba da Copa do Mundo , e era 9º, despois dunha grandisima carreira, na que participaban máis de 120 corredores; Pablo que partia dende a posición 12º da grella de saída ,e xa na primeira volta pasaba entre os 10 primeiros; o ritmo era alto nun circuito técnico e cheo de raices que non permitía fallos, e o que Pablo adaptábase perfectamente. As distancia coa cabeza de carreira eran pequenas, e asi se mantivo ao longo das 4 voltas, pelexando polos postos 8 e 9º pero a escasos 30 segundos dos 5 primeiros. Ao final 9º e moi ledo nesta súa segunda proba da Copa do Mundo nesta tempada, na que tantos exitos esta acadando. Este posto o situa entre os millores juniors do panorama mundial , a este xoven corredor formado na Escola de ciclismo JA HERMIDA; Agora so lle resta rematar a Copa de España da que queda unha proba e vai lider para centrarse xa nos campionatos de España e as probas da Copa do Mundo que seran previas ao mundial que se celebrará no primeiro fin de semán de setembro en Suiza.
26 may 2011
PABLO ACUDE ESTE FIN DE SEMÁN A COPA DO MUNDO DE OFFENBURG
22 may 2011
PABLO 11º NA COPA DO MUNDO DE DALBY FOREST
Pablo Rodriguez do ACADEMIA POSTAL -ACTYON- MACEDA , ven de acadar na segunda proba puntuable para a COPA DO MUNDO de BTT ,na localidade inglesa de DALBY FOREST, unha gran 11ª posición , despois de estar loitando toda a carreira entre os 10 primeiros;
OPEN GALEGO EN ARTEIXO
Nunha tarde fresca, e nun circuito moi técnico , na localidade coruñesa de Arteixo, tiña lugar unha nova cita do OPEN GALEGO DE BTT ; e de novo os integrantes do ACADEMIA POSTAL -ACTYON -MACEDA , completaban unha gran xornada , e vencián en tres das categorias. Asi Marcos Villar era 1º en cadetes con Ivan Conde en 3º posto. En juniors Saul López vencia con David Rodriguez 2º, e en master 40 chegaba a terceira victoria da xornada de man de Xulio Conde. Con estes resultados , Saul Lopez sigue como lider do Open en categoria Junior, na mentras que J. Ramón Villanueva perdia o lider na categoria Elite, ao non poder rematar a carreira, victima dunha caida.
MINI BTT O ROSAL
Na praia das Eiras do Rosal, celebrouse a segunda proba puntuable para o Open Galego de MINI BTT; nunha nova xornada con moita participación , os corredores e corredoras da Escola de Ciclismo JA HERMIDA de Maceda, completaban unha gran xornada, unha vez máis.
19 may 2011
PABLO ACUDE ESTE SABADO A COPA DO MUNDO DE DALBY FOREST
O junior macedán Pablo Rodríguez ,acudirá este fin de semán , formando parte da selección española de BTT , a localidade inglesa de Dalby Forest , para participar na proba puntuable para a Copa do Mundo de BTT. Pablo , que esta a completar unha gran temporada , na que vai lider da Copa de España de BTT despois de ter vencido en tres das 4 probas disputadas, acude a esta cita coa intención de acadar unha boa posición entre a elite mundial de BTT. A proba disputarase o sábado a partires das 10:30 horas, nunha xornada na que se prevee tempo seco.
17 may 2011
J. RAMON VILLANUEVA VENCEDOR NA XERAL DA TRANSGALAICA
A ponte da Letras Galegas , pechábase coa última proba puntuable para a TRANSGALAICA , que este ano contaba con tres puntuables e que se pechaba coa cita deste 17 de maio en Sanxenxo. Na proba vencia Enrique Salgueiro, corredor profesional de estrada , en Portugal . Pero a clasificación xeral , estaba entre J.RAMON VILLANUEVA e Alejandro Magallanes. Finalmente, era o corredor do ACADEMIA POSTAL -ACTYON -MACEDA o que se facía coa victoria final grazas o 10º posto acadado , nunha proba na que o nivel era moi alto, xa que eran varios ciclistas exprofesionais os que copaban as primerias posicions.
TRIPLE PODIUM NA COPA DE ESPAÑA DE AVILES , CON VICTORIA DE PABLO
Gran xornada a vivida polo ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA , na penultima proba puntuable para a Copa de España de BTT, na localidade astuariana de Aviles, xa que os integrantes do clube macedán voltaban a casa con tres podiums. Asi na categoria junior , Pablo Rodriguez afianzabase como lider da clasificación xeral , con unha victoria máis, e xa van tres; e sobre todo , con esta victoría , Pablo parte cara a súa primeira cita coa COPA DO MUNDO , este fin de semaán en INGLATERRA, formando parte da Selección Española coa moral moi alta de cara a acadar un posto destacable entre a elite mundial. Pero si importante era a victoria de Pablo , que ao achega máis a victoria final, tamén eran importantes os 2º posto de Saul Lopéz en Juniors e o tamén 2º de Marcos Villar en Cadetes. Estes dous corredores , que tamén están a realizar unha gran temporada, e xa están entre os millores a nivel estatal nas súas respectivas categorias. Tamén e destacable a actuación dos restantes corredores macedáns , con Ivan Conde 13º en Cadetes, David Rodriguez 14º en Juniors e Xulio Conde 6º en M40. Asi pois, máis non se pode pedir.
COMEZOU O MINI BTT EN CORUXO
Na tarde do sábado , nunha xornada calurosa, e con 180 participantes, o que da idea do nivel que esta adquirindo o MINI BTT como canteira do ciclismo galego, disputouse o II Trofeo Montes de Coruxo, no monte de Fragoselo, e organizado polo CC Coruxo. Comezaba, asi a temporada para os maís pequenos e pequenas da Escola de Ciclismo JA Hermida do clube macedán. Destacar as victorias de Aida Gonzalez en Principiantes Feminas con Antia Martinez 3ª , e de Desiree Duarte en Infantis Feminas con Xiana Conde 2ª e tamén o 2º posto de Ivan Feijoo en Alevins, a pesares da caida sufrida. Tamén non se pode esquecer a gran actuación dos restantes integrantes da Escola que , ademais de disfrutar da gran xornada festiva, acadaron meritorios postos en todas as categorias. A vindeira cita do MINI BTT será este sábado no Rosal.
12 may 2011
ESTE FIN DE SEMAN COPA DE ESPAÑA EN AVILES E MINI BTT EN CORUXO
Este volvera a ser un fin de semán intenso para o CC MACEDA ,xa que por unha parte o ACADEMIA POSTAL -ACTYON-MACEDA acudira a penultima proba puntuable para a Copa de España de BTT , na localidade asturiana de Aviles, proba que se disputará na maña do domingo, nun circuito diseñado practicamente no centro da cidade. A esta proba Pablo Rodriguez chega como lider da categoria Junior e tentara unha nova victoria para tratar de distanciar os seus rivais na clasificación xeral. Ademais de Pablo , tamén estarán presentes Saul Lopez, David Rodriguez en juniors, Marcos Villar e Ivan Conde en Cadetes ademais de J. Ramon Villanueva en Sub 21.
A outra cita importante para o clube, e tamén na matinal do domingo, a partir das 11 horas , en Coruxo (Vigo), no lugar de Fragoselo, onde comeza a temporada de MINI BTT , e ali estarán os integrantes da ESCOLA DE CICLISMO JA HERMIDA.
Mais información sobre a proba en http://www.fgalegaciclismo.es/calendario.aspx?id=780
8 may 2011
OPEN GALEGO EN GONDOMAR: UN BO DIA
Este sábado celebrouse na localidade pontevedresa de Gondomar a 4ª proba puntuable para o Open Galego de BTT, e os integrantes do conxunto ACADEMIA POSTAL-ACTYON -MACEDA, que estan a alternar as competicións a nivel estatal coas probas do calendario galego, tiveron unha actuación destacada, xa que na proba de Elite, Iago Garcia foi 3º con J. Ramón en 4º lugar, mantendo J.Ramón a sua condicion de lider do Open. En juniors Saul López era 1º e lider e David Rodriguez 2º, e en Cadetes, Marcos Villar 1º e Ivan Conde 3º; na carreira por equipos, o conxunto macedán presentou dous equipos ,acadando finalmente a 1ª e 2ª posición ,co que pechaban unha gran xornada, unha vez máis copando os podiums; a vindeira cita , será a proxima semán na penultima proba puntuable para a Copa de España na localidade asturiana de Aviles.