![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh7UJ0-NcP8O-YCbj8gw5lANnNTaeNMMVOCECyup6MbwAC1MeQYQ1pWxA7gj6-_vVMu8o-ALt6Z6sRKoEqL6aodu5gqL-5rGwiAEgTSX82IEniaaNvu3Wfn1S-oJfVu0oQ481oHoNMVES8/s320/Presentacion_Pablo1.jpg)
Pablo , acude este fin de semán a unha proba da Copa do Mundo de BTT , a segunda este ano, formando parte da selección española de BTT . A cita será esta vez na localidade alemana de Offenburg, o sábado a partir da 12 horas. O corredor do ACADEMIA POSTAL-ACTYON -MACEDA, que tan boa actuación tivo a semán pasada na proba de Dalby Forest, na que rematou 11º , partiu coa intención de voltar a Maceda, con un posto que o situe entre os 10 primeiros. Este xoves, a súa chegada a Alemaña , xa poderá adestrar nun circuito que xa coñece, xa que será o segundo ano que corre nesta carreira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario