8 may. 2011

OPEN GALEGO EN GONDOMAR: UN BO DIA


Este sábado celebrouse na localidade pontevedresa de Gondomar a 4ª proba puntuable para o Open Galego de BTT, e os integrantes do conxunto ACADEMIA POSTAL-ACTYON -MACEDA, que estan a alternar as competicións a nivel estatal coas probas do calendario galego, tiveron unha actuación destacada, xa que na proba de Elite, Iago Garcia foi 3º con J. Ramón en 4º lugar, mantendo J.Ramón a sua condicion de lider do Open. En juniors Saul López era 1º e lider e David Rodriguez 2º, e en Cadetes, Marcos Villar 1º e Ivan Conde 3º; na carreira por equipos, o conxunto macedán presentou dous equipos ,acadando finalmente a 1ª e 2ª posición ,co que pechaban unha gran xornada, unha vez máis copando os podiums; a vindeira cita , será a proxima semán na penultima proba puntuable para a Copa de España na localidade asturiana de Aviles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario