23 ene 2012

VICTORIA DE XIANA NO CX DE BURGOS


Ven de rematar , a temporada de CX , a nivel estatal, coas probas deste fin de semán, e o para o Academia Postal-Actyon-Merida, pechase a temporada coa victoria da Femina Cadete, Xiana Conde , na proba celebrada , o sábado , na cidade de Burgos. Nun bonito circuito , trazado no Parque Fonte Prior , na capital Burgalesa, ao que acudiu moito público a presenciar unha proba con unha boa participación , a cadete macedán, impúñase súa categoria. Agora ,toca , descanso para empezar a preparar a vindeira tempada de BTT.

DUATLON CROSS DE BEARIZ


Na primeira proba da temporada de Duatlon Cross, celebrada o domingo 15 de Xaneiro, na localidade ourensán de Beariz, nunhas condición climatolóxicas duras, o corredor do CC Maceda, o sub 23 JOSE RAMON VILLANUEVA,  na súa primeria participación nunha proba de Duatlon, realizaba unha extraordinaria carreira, sendo 3º na xeral absoluta. Tamén , o macedán IVAN CONDE,  realizaba un extraordinaria carreira, xa que se impuña na categoría junior , cando ainda é cadete, baseando a súa victoria no sector de BTT ,onde realizou o 14º mellor tempo a pesares de ser o segundo participante máis xove da proba.

10 ene 2012

CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CICLOCROSS EN GANDIA


Remataron xa os Campionatos de España de CX, na localidade de Gandía, e toca facer balance. Foron uns campionatos atípicos , polo calor que facía e polo "extraño" circuito no que se disputaron. Foron un total de 4 os corredores e corredoras do noso clube os que acudiron a cita, tres de eles , integrados na selección galega. Faltaban outros dous, os juniors David e Marcos, que foron baixa; os que acudiron , estiveron a un bo nivel, aínda que a sorte non acompañou moito. Abría a participación macedá a cadete Xiana; era 8ª na súa proba; en  cadetes masculinos, Ivan Conde, estaba a realizar unha gran carreira, estando moi perto das posicións de podiun cando unha inoportuna e forte caída, primeiro, e despois un pinchazo facialle perder todas as opcións retrasandoo ata as últimas posicións. Ao final, finalizaba o 25º. En Sub23 , Saul Lopez era o 22º , non podendo rendir a un bo nivel , como consecuencia da gripe que o tivo durante a semén en cama. O representante en Master 40 , Xulio era o 18º.

2 ene 2012

SAUL, IVAN E XIANA CONVOCADOS COA SELECCION GALEGA DE CX




Os corredores SAUL LOPEZ (SUB 23) IVAN CONDE (CADETE) e XIANA CONDE (CADETE FEM) veñen de ser convocados polo seleccionador galego de Ciclocross , Moises Leboso, para formar parte da selección galega de Ciclocross que acudirá este fin de semán aos Campionatos de España de Ciclocross , que terán lugar na localidade valenciana de Gandía durante os días 6,7 e 8 de xaneiro. A expedición galega partirá cara Gandía o vindeiro xoves. Tamén , o corredor junior , David Rodriguez, fora convocado, pero una inoportuna lesión , impidelle que poida acudir a cita.
Asi pois, unha boa nova  neste inicio de ano , que ata tres corredores formen parte da Selección Galega de ciclocross