10 ene. 2012

CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CICLOCROSS EN GANDIA


Remataron xa os Campionatos de España de CX, na localidade de Gandía, e toca facer balance. Foron uns campionatos atípicos , polo calor que facía e polo "extraño" circuito no que se disputaron. Foron un total de 4 os corredores e corredoras do noso clube os que acudiron a cita, tres de eles , integrados na selección galega. Faltaban outros dous, os juniors David e Marcos, que foron baixa; os que acudiron , estiveron a un bo nivel, aínda que a sorte non acompañou moito. Abría a participación macedá a cadete Xiana; era 8ª na súa proba; en  cadetes masculinos, Ivan Conde, estaba a realizar unha gran carreira, estando moi perto das posicións de podiun cando unha inoportuna e forte caída, primeiro, e despois un pinchazo facialle perder todas as opcións retrasandoo ata as últimas posicións. Ao final, finalizaba o 25º. En Sub23 , Saul Lopez era o 22º , non podendo rendir a un bo nivel , como consecuencia da gripe que o tivo durante a semén en cama. O representante en Master 40 , Xulio era o 18º.

No hay comentarios:

Publicar un comentario