30 abr 2012

SAUL 2º EN POIO E J.RAMON LIDER DO OPEN GALEGO




O ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, colleita un total 4 podiums na 2ª proba puntuable para o Open Galego de BTT XCO , celebrada este fin de semán na localidade pontevedresa de Poio, situando ademais a JOSE RAMON VILLANUEVA como lider na categoria Elite e a IVAN CONDE como lider na categoria de Cadete. Asi, pois , extraordinario balance para o clube Macedan nesta proba. 
Na categoría Elite, SAUL LOPEZ, era 2º despois de manter unha dura pugna con Alberto Pedreira, e decidirse a carreira nos metros finais. Na mesma categoria , JOSE RAMON VILLANUEVA, era 5º , o que lle valia para situarse como lider do Open Galego de BTT , na categoria Elite. 
En cadetes, o corredor macedan IVAN CONDE vencia con autoridade, e situabase tamen lider da categoria, vestindo o maillot branco que o acredita como lider. Na mesma categoria RAUL GONZALEZ era 4º , quedando as portas do podium. En Feminas, XIANA CONDE era tamén 2ª ,detras de Desiree Duarte. O ultimo podium conseguido era en M-40 con Xulio Conde como 3º.

23 abr 2012

SAUL E JOSE RAMON 10º E 12º NO OPEN DE ESPAÑA DE CORUXO

 

Saúl Lopez e Jose Ramón remataron o 10 e 12 entre os Sub23 no Open de España de BTT en Coruxo, na carreira disputada na maña do domingo nos arredores da cidade de Vigo. A carreira foi intensa, e foi o corredor catalan Cristofer Bosque o que acadaba a victoria , nunha carreira na que foron varios os corredores que rodaron en cabeza entre eles o ex corredor do noso Clube , Pablo Rodriguez, que comandou a carreira na súa maior parte, e so unha averia o afastou da victoria. Nun circuito moi esixente, o que provocou numerosas averias, os corredores do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, sufriron algún percanze técnico, que os relegou algunha posición, pero ainda asi amosarón un bo nivel , pelexando por estar entre os millores a nivel estatal. Saúl consegui estar de novo no top ten, co que sigue entre os 10 millores sub23 a nivel estatal neste seu primer ano na categoria. Os restantes corredores macédans que estiveron en Coruxo , tamén rendiron a un bo nivel, colleitando os seguintes resultados en Cadetes, Ivan Conde foi 12º con Raul Gonzalez 18º e Sergio Movilla 27º. En Feminas Cadetes Xiana Conde foi 6ª. A vindeira cita o próximo fin de semán na proba do calendario galego en Poio.
Clasificacións completas da proba:
http://rfec.trackglobe.com/noticias/adjuntos/Clasificacion%20XC%20VigoBikeContest%202012.pdf

20 abr 2012

ESTE DOMINGO OPEN DE ESPAÑA DE BTT EN VIGO


Este fin de semán o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA , participará na segunda proba puntuable para o Open de España de BTT XC, que se celebrará en terras galegas, en Coruxo (Vigo). A proba de Coruxo, esta incluida no calendario internacional da UCI , polo que se prevee unha participación importante e de máximo nivel. O clube macedán contara con presencia nas categorias de Cadetes, Sub 23 e Master.
As principais opcións serán os Sub23 Jose Ramón Villanueva e Saul Lopez, que tan boa actuación tiveran na primeira proba do Open, en Bejar, onde remataran como 5º e 7º da categoria respectivamente. En Cadetes, serán 4 os corredores con Ivan Conde, Raul Gonzalez, Sergio Movilla, e a Femina Cadete, Xiana Conde.
Os horarios das competicións son as seguintes:
10:00 Cadetes, Feminas e Master
12:00 Elite Sub 23 e Juniors
Mais información en www.vigobikecontest.com e en www.rfec.com

16 abr 2012

JOSE RAMON 2º NO BTT XCO DE DIVERLANHOSO EN PORTUGAL


O corredor sub 23  do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA realizou unha extraordinaria carreira na proba celebrada na localidade portuguesa de Povoa de Lanhoso,  finalizando 2º na proba de Elites, nun circuito espectacular que transcurre polas instalacións do parque multiaventura de Diverlanhoso. Jose Ramon, que partía de posicións retrasadas na grella de saída , enseguida remontou e achegouse a posicións de cabeza de carreira rodando casi toda a carreira en 2º lugar. O xoven corredor do clube macedán esta a amosar un moi bo nivel neste comezo de tempada e asi se viu nesta carreira.
O outro corredor sub 23 , Saul Lopez , que tamén participaba na proba , tivo mala sorte, xa que un pinchazo , cando rodaba en 2º lugar e xa iba máis de media carreira , obrigouno a retirarse, dunha carreira , na que esta a pelexar pola victoria.
A vinderia cita para os integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA ,será o fin de semán que ven na Copa de España de BTT XCO en Vigo.

DUATLON ESCOLAR DE MASIDE


Na tarde do sábado celebrouse en Maside a final provincial de Duatlón Escolar. Nunha tarde con choiva, @s mais pequen@s do noso clube disfrutaron dunha bonita xornada, desafiando a climatoloxía e rendindo a un moi bo nivel, conquistando numerosos podiums e victorias. A vindeira cita nesta disciplina será na final galega de Boiro o 12 de maio.

Resultados:
Benxamins Fem:
2ª Aida Gonzalez                   Esc. JA Hermida-Maceda
3ª Noela Saa                         Esc. JA Hermida-Maceda

Benxamins Masc:
2º Breogan Diz                      Esc. JA Hermida-Maceda
3º Martin Gonzalez                Esc. JA Hermida-Maceda

Alevin Masc
1º David Hermida                 Esc JA Hermida-Maceda

Infantil Mas
1º Ivan Feijoo                       Esc JA Hermida-Maceda
2º Roman Saa                       Esc JA Hermida-Maceda

Cadetes Fem
1ª Xiana Conde                     Esc JA Hermida-Maceda

Cadetes Masc
1º Raul Gonzalez                   Esc JA Hermida-Maceda
2º Ivan Conde                       Esc JA Hermida-Maceda

13 abr 2012

DUATLON ESCOLAR EN MASIDE E BTT EN PORTUGAL ESTE FIN DE SEMAN


Este fin de semán , a actividade será por partida doble para o noso clube. O sábado, os pequenos e pequenas da Escola JA Hermida , acudirán a final provincial de Duatlón Escolar en Maside. A proba comezará a partir das 16:30 horas nos arredores do Pavillon de Maside.
O domingo ,a cita será para os corredores Sub 23 do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, que se desprazaran ata a localidade portuguesa de Lanhoso para participar a partir das 16:30 horas, no 3º BTT XCO de DIVERLANHOSO, nun circuito espectacular e no que este ano xa se disputou unha proba da Taça de Portugal. Ali estaran J.Ramón Villanueva e Saul Lopez, coa intención de refrendar a súa boa actuación e co fin de afinar a sua preparación de cara a próxima cita do Open de España de BTT, que terá lugar o vindeiro fin de semán en Vigo.

2 abr 2012

SENSACIONAL ACTUACION DE JOSE RAMON E SAUL NO OPEN DE ESPAÑA DE BEJAR

Bo comenzo para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, na primeria proba do Open de España , na localidade salamantina de Bejar. Destacar, a sensacional actuación de JOSE RAMON VILLANUEVA e SAUL LOPEZ, na categoria raiña de Elite Pro, na que ambos se situaban entre os millores Sub23 do panorama estatal. A saída para ambos , non era facil, xa que partían dende unha posición moi retrasada. Pero pronto amosaron , que iba ser un bo dia para ambos e volta a volta iban recuperando posicións. Ao final entraban na meta 17º e 19º na carreira , sendo 5º e 7º , respectivamente entre os Sub 23, quedando diante de corredores como Adria Noguera, Umbert Almenara, Antonio Santos....
Jose Ramon, sufria incluso ,mediada a carreira un percanze técnico , que lle facia perder posicións, obrigandoo de novo a ter que remontar, pero amosou estar en boa condición física, marcando incluso na última volta o 7º millor tempo da xeral  e o millor entre os Sub23, demostrando ser  un dos corredores que mais forte remataba a carreira. Ao remate da proba , amosaba a súa satisfación ca carreira, neste seu 2º ano na categoria, e no que continua a progresar ao mesmo ritmo que na temporada pasada. 
Saúl , que corría a súa 3ª carreira como Sub 23 en BTT, e a primeira a nivel estatal, desmostraba que de agora en diante vai ser un dos Sub23 a ter en conta neste pais, e xa era capaz de enfrentarse cos millores.
Asi pois , a satisfación , de ambos ao remate da proba foi grande por este inicio de Open. A seguinte proba do Open, sera o 25 de abril en Vigo. 
En Cadetes, ante a ausencia de Ivan Conde, que se tiña que quedar na casa con fiebre, a presencia macedá corría a cargo de Raul Gonzalez e Sergio Movilla, que acudía por primeira vez a unha cita do Open de España. Raul , finalizaba o 21º, con problemas na cadea, que lle restaron algun posto na clasificación. Sergio, era o 33º .En Feminas Cadete/junior , Xiana Conde non podia finalizar ao sufrir dous pinchazos. Comentar con respecto a esta categoria, a nosa disconformidade con que as cadetes carezan de clasificacion xeral no Open, e que se vexan obrigadas a competir coas corredoras junior. 
Para rematar, en Master 30 , Jose Manuel Ramos era o 25º e en Master 40, Xulio Conde o 12º.
Clasificacións completas: http://rfec.trackglobe.com/noticias/adjuntos/Clasificacion%20XC%20B%C3%A9jar%202012.pdf