30 abr. 2012

SAUL 2º EN POIO E J.RAMON LIDER DO OPEN GALEGO




O ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, colleita un total 4 podiums na 2ª proba puntuable para o Open Galego de BTT XCO , celebrada este fin de semán na localidade pontevedresa de Poio, situando ademais a JOSE RAMON VILLANUEVA como lider na categoria Elite e a IVAN CONDE como lider na categoria de Cadete. Asi, pois , extraordinario balance para o clube Macedan nesta proba. 
Na categoría Elite, SAUL LOPEZ, era 2º despois de manter unha dura pugna con Alberto Pedreira, e decidirse a carreira nos metros finais. Na mesma categoria , JOSE RAMON VILLANUEVA, era 5º , o que lle valia para situarse como lider do Open Galego de BTT , na categoria Elite. 
En cadetes, o corredor macedan IVAN CONDE vencia con autoridade, e situabase tamen lider da categoria, vestindo o maillot branco que o acredita como lider. Na mesma categoria RAUL GONZALEZ era 4º , quedando as portas do podium. En Feminas, XIANA CONDE era tamén 2ª ,detras de Desiree Duarte. O ultimo podium conseguido era en M-40 con Xulio Conde como 3º.

No hay comentarios:

Publicar un comentario