23 abr. 2012

SAUL E JOSE RAMON 10º E 12º NO OPEN DE ESPAÑA DE CORUXO

 

Saúl Lopez e Jose Ramón remataron o 10 e 12 entre os Sub23 no Open de España de BTT en Coruxo, na carreira disputada na maña do domingo nos arredores da cidade de Vigo. A carreira foi intensa, e foi o corredor catalan Cristofer Bosque o que acadaba a victoria , nunha carreira na que foron varios os corredores que rodaron en cabeza entre eles o ex corredor do noso Clube , Pablo Rodriguez, que comandou a carreira na súa maior parte, e so unha averia o afastou da victoria. Nun circuito moi esixente, o que provocou numerosas averias, os corredores do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, sufriron algún percanze técnico, que os relegou algunha posición, pero ainda asi amosarón un bo nivel , pelexando por estar entre os millores a nivel estatal. Saúl consegui estar de novo no top ten, co que sigue entre os 10 millores sub23 a nivel estatal neste seu primer ano na categoria. Os restantes corredores macédans que estiveron en Coruxo , tamén rendiron a un bo nivel, colleitando os seguintes resultados en Cadetes, Ivan Conde foi 12º con Raul Gonzalez 18º e Sergio Movilla 27º. En Feminas Cadetes Xiana Conde foi 6ª. A vindeira cita o próximo fin de semán na proba do calendario galego en Poio.
Clasificacións completas da proba:
http://rfec.trackglobe.com/noticias/adjuntos/Clasificacion%20XC%20VigoBikeContest%202012.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario