2 abr. 2012

SENSACIONAL ACTUACION DE JOSE RAMON E SAUL NO OPEN DE ESPAÑA DE BEJAR

Bo comenzo para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, na primeria proba do Open de España , na localidade salamantina de Bejar. Destacar, a sensacional actuación de JOSE RAMON VILLANUEVA e SAUL LOPEZ, na categoria raiña de Elite Pro, na que ambos se situaban entre os millores Sub23 do panorama estatal. A saída para ambos , non era facil, xa que partían dende unha posición moi retrasada. Pero pronto amosaron , que iba ser un bo dia para ambos e volta a volta iban recuperando posicións. Ao final entraban na meta 17º e 19º na carreira , sendo 5º e 7º , respectivamente entre os Sub 23, quedando diante de corredores como Adria Noguera, Umbert Almenara, Antonio Santos....
Jose Ramon, sufria incluso ,mediada a carreira un percanze técnico , que lle facia perder posicións, obrigandoo de novo a ter que remontar, pero amosou estar en boa condición física, marcando incluso na última volta o 7º millor tempo da xeral  e o millor entre os Sub23, demostrando ser  un dos corredores que mais forte remataba a carreira. Ao remate da proba , amosaba a súa satisfación ca carreira, neste seu 2º ano na categoria, e no que continua a progresar ao mesmo ritmo que na temporada pasada. 
Saúl , que corría a súa 3ª carreira como Sub 23 en BTT, e a primeira a nivel estatal, desmostraba que de agora en diante vai ser un dos Sub23 a ter en conta neste pais, e xa era capaz de enfrentarse cos millores.
Asi pois , a satisfación , de ambos ao remate da proba foi grande por este inicio de Open. A seguinte proba do Open, sera o 25 de abril en Vigo. 
En Cadetes, ante a ausencia de Ivan Conde, que se tiña que quedar na casa con fiebre, a presencia macedá corría a cargo de Raul Gonzalez e Sergio Movilla, que acudía por primeira vez a unha cita do Open de España. Raul , finalizaba o 21º, con problemas na cadea, que lle restaron algun posto na clasificación. Sergio, era o 33º .En Feminas Cadete/junior , Xiana Conde non podia finalizar ao sufrir dous pinchazos. Comentar con respecto a esta categoria, a nosa disconformidade con que as cadetes carezan de clasificacion xeral no Open, e que se vexan obrigadas a competir coas corredoras junior. 
Para rematar, en Master 30 , Jose Manuel Ramos era o 25º e en Master 40, Xulio Conde o 12º.
Clasificacións completas: http://rfec.trackglobe.com/noticias/adjuntos/Clasificacion%20XC%20B%C3%A9jar%202012.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario