20 abr. 2012

ESTE DOMINGO OPEN DE ESPAÑA DE BTT EN VIGO


Este fin de semán o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA , participará na segunda proba puntuable para o Open de España de BTT XC, que se celebrará en terras galegas, en Coruxo (Vigo). A proba de Coruxo, esta incluida no calendario internacional da UCI , polo que se prevee unha participación importante e de máximo nivel. O clube macedán contara con presencia nas categorias de Cadetes, Sub 23 e Master.
As principais opcións serán os Sub23 Jose Ramón Villanueva e Saul Lopez, que tan boa actuación tiveran na primeira proba do Open, en Bejar, onde remataran como 5º e 7º da categoria respectivamente. En Cadetes, serán 4 os corredores con Ivan Conde, Raul Gonzalez, Sergio Movilla, e a Femina Cadete, Xiana Conde.
Os horarios das competicións son as seguintes:
10:00 Cadetes, Feminas e Master
12:00 Elite Sub 23 e Juniors
Mais información en www.vigobikecontest.com e en www.rfec.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario