30 sept 2012

IVAN FEIJOO E AIDA GONZALEZ VENCEN NA ULTIMA PROBA DE MINI BTT EN MARIN


Hoxe puxose punto e final a tempada galega de MINI BTT , coa proba celebrada nos arredores do Lago de Castiñeiras en Marin, e organizada polo CC Marin. A Escola JA HERMIDA, colleitaba duas victorias, e un total de 4 podiums. IVAN FEIJOO, vencía con autoridade , na categoria de Infantis, sumando unha victoria mais, no seu primer ano na categoria. AIDA GONZALEZ vencía en Principiantes Feminas. ANTIA MARTINEZ  era 4 en Alevins e BREOGAN DIZ, 5º en Principiantes. Destacar a actuación de todos e cada un dos corredores da nosa Escola que acudiron a cita , xa que todos estiveron a un gran nivel, nunha proba que contou con unha importante participación en todas as categorías.
Destacar tamen , que hoxe ROMAN SAA despediase do Mini BTT, despois de 7 anos competindo, xa que cambia de categoria e pasa a ser cadete.

22 sept 2012

SETE PODIUMS NO IV MINIBTT DE MOS CON VICTORIAS DE IVAN E AIDA


Unha boa xornada para a Escola de Ciclismo JA HERMIDA a vjvida hoxe no IV MINI BTT de Mos, organizada pola Fundación Oscar Pereiro, e na que ata 7 corredores e corredoras do clube macedán subirón o podium. Asi na categoría de Principiantes, Breogan Diz era 4º; na mesma categoría , pero en feminas, vencia Aida Gonzalez, con Noela Saa na 4ª posición e Aixa Gonzalez 5ª. Na categoría de Feminas Alevins, Antía Martínez era 5ª. E na categoria raiña, a de infantis, nova victoria de Ivan Feijoo, acompañado no podium por Aaron López, que entraba 5º. Pero non so rendiron a gran nivel estes corredores e corredoras, xa que os seus compañerios estaban tamén a un gran nivel. En total foron unha veintena os corredores e corredoras da nosa Escola as que acudiron a cita  desta proba do calendario galego de Mini BTT. E o domingo que ben, chega a ultima proba do calendario galego , ca cita de Marin.

17 sept 2012

VICTORIAS DE IVAN FEIJOO E AIDA GONZALEZ NO II MINIBTT CONCELLO DE VIGO



Onte domingo, celebrouse no parque de Castrelos o II MINI BTT Concello de Vigo, organizado pola Fundación Oscar Pereiro. Nunha maña soleada, foron máis de 150 @s participantes na antepenultima proba do calendario galego de Mini BTT. Entre @s corredores/as macedáns , destacar a victoria de IVAN FEIJOO na categoría de Infantis, con Aaron López 8º e Manuel Souto 10º. Ivan ,sumaba asi unha victoria máis nesta exitosa tempada. AIDA GONZALEZ, tamén vencía en principiantes Feminas. Na mesma categoria de Principiantes, Breogan Diz era 4º, Martin Gonzalez 8º e Breixo Atrio 17º. Asi pois bos resultados para @s corredores/as da Escola de Ciclismo JA Hermida. A vindeira cita, o próximo fin de semán en Mos.

4 sept 2012

PABLO E HERMIDA NO MUNDIAL DE BTT ESTE FIN DE SEMAN



Este xoves comezan na localidade austriaca de Saalfelden os Campionatos do Mundo de BTT ,. Tanto o corredor macedán PABLO RODRIGUEZ, como o corredor oriundo de Maceda, JOSE ANTONIO HERMIDA estarán presentes integrando o combinado español.
Pablo Rodriguez , que xa leva participado en 6 mundiais, participara na categoria Sub 23 por primeira vez, despois de ter gañado este seu primer ano na categoria tanto o Campionato de España como a Copa de España. Pablo , ven desmostrando un grandisimo nivel neste  seu primer ano, adaptandose perfectamente a esta dificil categoria, polo que seguro que fara un gran mundial.
Jose Antonio Hermida, que ven de ser 4º nos recentes Xogos Olimpicos en Londres , tentará voltar a ser Campion do Mundo , como xa fixera fai un par de anos en Canada, tendo grandes opcións de repetilo.
Hermida, acumula , sen dubida un dos palmares máis importantes a nivel mundial, dentro do mundo do BTT,  sendo un dos grandes neste deporte.
Os horarios das probas son:
Xoves 17:00 hrs: TEAM RELAY (equipo a decidir)
Venres 14:00 hrs: CAMPIONATO MUNDO SUB 23 con Pablo Rodriguez
Sábado 14:00 hrs: CAMPIONATO MUNDO ELITE con JA Hermida

Dende aca queremos desexarlle toda a sorte do mundo a ambos corredores......
FORZA PABLO!!! FORZA JOSE!!!

3 sept 2012

MINI BTT DE CAMBRE


Na tarde do sábado celebrouse unha edición máis do Mini BTT de Cambre, nunha xornada soleada coa participación de 115 corredores e corredoras chegados de toda Galicia. Foron un total de 13 os corredores e corredoras na nosa Escola os que estiveron presentes na proba. Destacar a victoria, de Aida na categoria de Principiantes Feminas. No que respecta o resto de corredores e corredoras, sinalar que varios de eles quedaron as portas do podium , completando boas actuacións.

VISTANDO A VUELTA A ESPAÑA 2012

Con Purito, lider da Vuelta a España


Con Alberto Contador

Nestes días a Vuelta a España 2012 visitou terras galegas, transcurrindo ata 5 etapas por Galicia. Aproveitando esta circunstancia, os rapazes e rapazas da Escola de Ciclismo puideron ver en directo algunha das etapas, visitando os seus idolos. Asi facendo coincidir co viaxe o Mini BTT de Cambre, os maís pequenos , estiveron na saída da etapa en Palas de Rei. Tamén estiveron ,ademais na crono de Pontevedra e no final de etapa de Ezaro.