17 sept. 2012

VICTORIAS DE IVAN FEIJOO E AIDA GONZALEZ NO II MINIBTT CONCELLO DE VIGO



Onte domingo, celebrouse no parque de Castrelos o II MINI BTT Concello de Vigo, organizado pola Fundación Oscar Pereiro. Nunha maña soleada, foron máis de 150 @s participantes na antepenultima proba do calendario galego de Mini BTT. Entre @s corredores/as macedáns , destacar a victoria de IVAN FEIJOO na categoría de Infantis, con Aaron López 8º e Manuel Souto 10º. Ivan ,sumaba asi unha victoria máis nesta exitosa tempada. AIDA GONZALEZ, tamén vencía en principiantes Feminas. Na mesma categoria de Principiantes, Breogan Diz era 4º, Martin Gonzalez 8º e Breixo Atrio 17º. Asi pois bos resultados para @s corredores/as da Escola de Ciclismo JA Hermida. A vindeira cita, o próximo fin de semán en Mos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario