30 jul 2012

O ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA GAÑA O OPEN GALEGO BTT XC


Este fin de seman se puxo punto e final ao o OPEN GALEGO DE BTT XC, coa proba celebrada en Sanxenxo. Decidianse nesta proba os vencedores finais do Open Galego. Por equipos, o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA proclamabase vencedor final, colleitando asi un exito máis. A nivel individual, IVAN CONDE levabase a victoria xeral en Cadetes. RAUL GONZALEZ e SAUL LOPEZ, finalizaban 2º en Cadete e Elite respectivamente, ao igual que XIANA CONDE en Feminas cadetes-junior. Xulio Conde era 3º en Master 40 e Jose Manuel Gonzalez 2º en Master 50. Por todo elo, o balance, non pode considerarse mais que positivo, nunha temporada na que a persares das diferentes baixas, o noso clube logrouse proclamar como vencedor na xeral por equipos.
No que respeta a proba destacar sobre todo a victoria de RAUL GONZALEZ na categoria de cadetes, o que supuña un xusto premio a un corredor que o longo de toda a tempada perseguiu a victoria, e chegoulle na ultima proba. En elites, SAUL LOPEZ, foi 2º en dura loita co vencedor final do open, o vigues Alberto Pedreira. Ponse asi, punto e final a tempada de BTT...

18 jul 2012

SAUL LOPEZ, CA SELECCION GALEGA NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE LORCA


Despois da participación dos corredores cadetes Ivan, Raul e Xiana o pasado fin de semán, coa selección galega, nos Campionatos de España de BTT en Oviedo, agora tocalle o turno a SAUL LOPEZ, que acudira  convocado coa seleción galega , para participar nos Campionatos de España Absolutos, que este fin de semán se celebran na localidade murciana de Lorca. Xunto con Saul , acudirá Xulio Conde como responsable da seleción.
Os campionatos abriranse na xornada do venres coa carreira de Team Relay. O sabado seran as carreiras de expert , e master. Na mentras que a proba de Sub 23, na que participa Saul, será o domingo de maña, a partir das 9 horas. Saul , parte , ca intención de estar entre os 10 millores sub 23 , neste seu primer ano na categoría, despois de ter estado  no podium de junior o ano pasado, no que foi 3º.
Información completa da proba en: http://www.cclahoya.lorca.es/

15 jul 2012

IVAN, RAUL E XIANA NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA BTT XC CADETES


Este fin de seman celebraronse en Oviedo os Campionatos de España de BTT XC , na categoria de Cadetes ,coa participacion dos corredores macedáns , Ivan Conde, Raul Gonzalez e Xiana Conde. A sorte , non acompañou, e asi Ivan foi 18º , Raul Gonzalez 31º, na mentras , que a femina Xiana Conde ,sufría unha rotura de cadea ,cando ia en 7º lugar,o que lle obligou a abandonar.
Os xovéns corredores de Maceda , poideron disfrutar dunhas xornadas de convivio con un gran numero de corredores e corredoras , das especialidades de BTT e Estrada, que participan nestes Campionatos de España en Idade Escolar, organizados polo Consello Superior de Deportes.

10 jul 2012

XIANA , IVAN E RAUL CONVOCADOS PARA OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA CADETES

XIANA CONDE
IVAN CONDE

RAUL GONZALEZ

Os corredores cadetes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA que tan boa temporada esta a realizar ,  IVAN CONDE,   e RAUL GONZALEZ, e a corredora  XIANA CONDE veñen de ser convocados pola selección galega para participar este fin de semana nos Campionatos de España de BTT XC, que se celebrarán en Asturias  este fin de semán . En concreto , a proba de BTT, celebrarase o sábado pola maña, sendo a saída da  Cadete Feminina as 9:30 horas e a Cadete Masculina as 11.00 horas , no circuito do Parque de la Acebera, en Lugones.

Máis información sobre a proba en http://www.cecasturias2012.es/
Plano e track do circuito en http://connect.garmin.com/player/193853933

CAMPIONATOS DE GALICIA BTT XC -MACEDA 2012



SAUL LOPEZ SUBCAMPION GALEGO BTT XCO SUB 23
IVAN CONDE CAMPION GALEGO , E RAUL GONZALEZ SUBCAMPÌON GALEGO BTT XC CADETES 2012
XIANA CONDE , SUBCAMPIONA GALEGA BTT XC FEMINAS CADETE 2012







8 jul 2012

DOUS TITULOS E 5 MEDALLAS NOS CAMPIONATOS GALEGOS XCO DE MACEDA



O Este sábdo ,celebraronse en Maceda os CAMPIONTOS DE GALICIA XCO 2012, organizados polo noso clube. Era a cita máis importante do ano, a nivel do calendario galego, e máis este ano , no que o noso clube está a conmemorar os 25 anos , e a verdade e que non defraudou , tanto polo número de participantes , como pola gran cantidade de público que presencio na proba.
O equipo local, o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, corría en casa , no seu circuito, e diante do seu público. E non fallou. O final foron un total de 5 medallas , entre elas 2 titulos.
A xornada comezaba as 17 hroas , coas carreiras de  Cadetes, Juniors , Feminas e Master. En feminas Cadetes, Xiana Conde era 2ª , loitando pola victoria ata os ultimos metros con Desiree Duarte, que o final proclamabase Campiona Galega. En Master 40, Xulio Conde, vencia e daba o primer titulo ao clube macedán. En Cadetes, chegaba o segundo titulo, con victoria incontestable de Ivan Conde, que tan boa temporada está a facer, diante do seu compañeiro de equipo , Raul Gonzalez, que entraba en meta 2ºcompletando o doblete do clube macedán na categoría cadete.
As 18:30 , dabase a saída a carreiras de Elite, Sub23, senior e master 3.Na carreira máis importante, a de Elite-Sub 23, Saul Lopez era 2º , detras do excorredor do noso clube, Pablo Rodriguez, un dos millores bikers a nivel estatal, e que se proclamaba campion de Galicia Sub23 na sua "casa". Saul Lopez, tamén realizaba unha grandisima carreira , e entraba en meta 2º , e proclamabase subcampión galego Sub23, dando unha medalla máis o noso equipo.
Así , pois, gran xornada para o clube macedán, nestes campionatos galegos, nos que máis de 130 corredores/as toman parte na proba. Un bonito día para lembrar.....

2 jul 2012

CAMPIONATO GALEGO BTT XC EN MACEDA O SABADO 7 DE XULLO


Este sábado ,celebrarase en Maceda, a partires das 17:00 horas nos arredores das piscinas de Maceda, os CAMPIONATOS GALEGOS DE BTT XC 2012 , e nos que se poran en xogo , os titulos autonómicos nas diferentes categorias. A sáida e chegada serán nas instalacións das piscinas municiapais, e o circuito transcurre polo paseo do rio cara a zona de Francos. Tratase dun circuito , rapido, pero esixente fisicamente, nunha sucesion de subidas e baixadas. Xa esta todo listo, para que Maceda poida disfrutar do millor BTT Galego, neste ano no que o noso clube esta a conmemorar o 25 aniversario.
Horarios:
17:00 horas: Junior, Feminas, Cadetes, Master 40,50,60
18:30 horas: Elite-Sub23, Senior, Master 30
As inscripción realizaranse no lugar da sáida ata as 16:00 horas.

Podedes ver o plano do circuito neste enlace:
http://connect.garmin.com/activity/193731753

1 jul 2012

SAUL E IVAN CONTINUAN LIDERES DO OPEN GALEGO XCO


Despois da proba deste fin de semán , en Castro Barbudo, nun circuito sumamente técnico, os corredores do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA , Saul Lopez e Ivan Conde, continuan de lideres nas categorías de Elite e Cadete , respectivamente. Saul, que sufria un pinchazo na primeira volta, e perdia moito tempo, lograba ao final manter o maillot de lider , cun 4º posto.
Ivan , vencia en Cadetes, con doblete, xa que o seu compañeiro de equipo Raul Gonzalez, era 2º, nunha gran carreira, nun circuito moi dificil.
A vindeira cita, o proximo sábado, en Maceda, cos titulos galegos en xogo.

VICTORIA DE IVAN NO MINI BTT DE ARBO


Este sábado celebrouse en Arbo, e organizada pola Fundacion Oscar Pereiro , unha proba máis do calendario galego de Mini BTT, nunha maña nublada, foron moitos os rapazes e rapazas de toda Galicia os que se achegaron ata ali. Entre eles 15 corredor@s da nosa Escola. Raiaron a unha gran altura, destacando Ivan Feijoo que venceu con autoridade na proba de Infantis, e Aida Gonzalez, 2ª en Principiante Feminas.