21 mar 2016

CARLOS CANAL VENCE NA CRONO DO OPEN DE ESPAÑA DE VALLADOLID E 3º NO RALI. IVAN FEIJOO E 3º NA CRONO




Fin de semana exitoso o que nos depararon na segunda proba do Open de España de BTT XCO en Valladolid, os integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON. Na crono do sabado, Carlos Canal , acadaba a vitoria na categoria de Cadetes. Ivan Feijoo era 3º en juniors, Roman Saa era 15º e Abel Franco era 17º. Destacada tamen era a actuacion de Saul Lopez en el grupo Pro, finalizando en 9ª posicion.  Raul Gonzalez finalizaba tamén 17º no grupo Pro. En Feminas Cadete, Antia Martinez finalizaba as portas do podium sendo 4ª. A carreira estivo marcada polo moito barro,  e a choiva.
O domingo , amanecia soleado, e a medida que avanzaba a maña o circuito iba secando. 
Na primeira carreira da xornada , Carlos Canal , voltaba a pisar o podium ,finalizando 3º en Cadetes. Antia era 5ª en feminas Cadete. Na segunda carreira , Ivan Feijoo era o 5º en junior, despois de ceder un par de posicions na ulitma volta cando marchaba 3º. Abel Franco finalizaba o 19º. Na carreira raiña, a do grupo Pro, destacar a actuación de Saul Lopez, que lograba un meritorio 10º posto. Raul Gonzalez finalizaba o 28º.

Clasificación completas: 
Rali:

Crono: 

14 mar 2016

CARLOS CANAL VENCE EN CADETES NA TAÇA DE PORTUGAL DE VIANA DO CASTELO. IVAN FEIJOO 4º EN JUNIORS



Carlos Canal acadaba unha meritoria victoria, en cadetes, nunha proba de prestixio como e a TAÇA DE PORTUGAL, na localidade de Viana do Castelo. Deste xeito , Carlos Canal, na sua segunda carreira de BTT , na categoria de cadetes ,subia o mais alto do podium despois de sair nas ulitmas posicions , nunha proba na que tomaban parte ata 74 cadetes. En juniors, Ivan Feijoo, tamén acadaba un gran resultado o entrar en meta 4ª, na categoria de junior, sumando asi os seus primeiros puntos UCI , xa que se trataba dunha proba de caracter internacional. Tamén na categoria junior, Roman Saa , debia baixarse por averia. En Elite Sub23, Raul Gonzalez era o 37.  Saul Lopez tiña que retirarse despois de ter pinchado.

Clasificacións completas: http://www.uvp-fpc.pt/ficheirossite/13032016212939.pdf

7 mar 2016

CARLOS CANAL, CADETE, SUMA 2 PODIUMS EN CHELVA NO OPEN DE ESPAÑA DE BTT XCO



Este fin de semana comenzabamos unha nova temporada de BTT , coa participación na primeira proba puntuable para o Open de España de BTT XCO, na localidade valenciana de Chelva. Na crono do sabado,  O open arrancaba ca proba crono do sabado, na que Carlos Canal subia ao podium en Cadetes, sendo 2º. Ivan Feijoo era o 6º entre os junior, na mentras que Saul Lopez era o 11º na carreira de Elite Pro. Antia Martinez era tamén 6ª entre as feminas cadete.
O domingo disputabase o rali, e na primeira carreira da maña, a dos cadetes, Carlos Canal, que corria a sua primeria carreira de BTT como cadete, estreabase cun podium a nivel estatal , sendo 3º. Antia Martinez era 4ª despois de estar loitando polo podium. Na carreira de juniors, Ivan Feijoo, que se estreaba como junior en BTT , e voltaba a competicion despois dun periodo de descanso tras a sua exitosa tempada de Ciclocross, acusaba o seu catarrro, e entraba en meta 11º. Na carreira de elite, Saul Lopez, lograba un moi meritorio 26º posto , nunha carreira con unha participacion de moito nivel , xa que habia varios corredores estranxeiros habituales das copas do mundo e con moi bos resultados.
Asi pois bo arranque para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON de Maceda.