23 nov 2015

IVAN FEIJOO E CARLOS CANAL VENCEN NA COPA DE ESPAÑA DE CICLOCROSS EN ALCOBENDAS




Como xa fai 5 anos ,  o ACADEMIA POSTAL-ACTYON voltou a sumar 2 victorias na Copa de España de Alcobendas. Si daquela foran Pablo Rodriguez (Junior) e Marcos Villar (Cadetes) os que venceran, desta vez foron Ivan Feijoo (Juniors) e Carlos Canal (Cadetes) os que acadaron de novo este bonito e significativo doblete. Tanto Ivan como Carlos dominaron as suas respectivas carreiras casi que dende o principio, e chegaron a meta en solitario. Deste xeito , Ivan mantense como lider da xeral , na mentras que Carlos Canal sube o 4º posto da xeral en Cadetes. Pero tamen foron importantes os resultados acadados por outros corredores , asi en juniors , Roman Saa foi 7º e  Abel Franco foi 11º. En feminas Elite Sub 23 , Xiana Conde foi 17 (7ª Sub 23). Hugo Vazquez rematou o 28º. A vindeira cita da Copa de España en 15 dias en Igorre.

16 nov 2015

COMEZOU A COPA DE GALICIA DE CICLOCROSS COS PODIUMS DE RAUL NO ROSAL E ABEL EN SANTIAGO







Este fin de seman, e coincidindo ca proba da Copa de España , arrancaba a Copa de Galicia de Ciclocross, coas probas de O Rosal , o sabado e a de Santiago o domingo. Parte do noso equipo, os que non se desplazaron a Les Franqueses, acudiu a ambas probas. Destacar , na carreira do sabado en O Rosal , o 3º posto de Raul Gonzalez en Sub23, e a victoria de Noela Saa na proba de promocion. O domingo Raul era 4º , na mentras que en juniors , Abel Franco subia ao podium , ao ser 3º, amosando que xa se recuperara da forte caida do sabado.

Clasificacions completas:
http://www.fgalegaciclismo.es/carrera/xv-trofeo-concello-de-santiago
http://www.fgalegaciclismo.es/carrera/17-trofeo-comunidade-montes-de-eiras

IVAN FEIJOO 2º JUNIOR NA COPA DE ESPAÑA DE CX EN LES FRANQUESES



Este fin de seman na proba puntuable para a Copa de España de CX, en Les Franqueses, Ivan Feijoo, finalizaba 2º , en juniors , mantendose como lider da Xeral cando xa van 5 probas disputadas de un total de 8. A loita pola victoria voltouse a centrar entre os 3 corredores que encabezan a xeral, decantandose finalmente a favor do catalan Cullel. Terceiro en meta era Jokin Alberdi. Roman Saa, noutra moi boa carreira , era 8º. En Cadetes, Carlos Canal, que durante toda a carreira pelexaba polo podium, finalmente era 5º na liña de meta. En Feminas cadete, Antia Martinez era 6º, na mentras que na carreira de feminas Elite, Xiana Conde , finalizaba a 13ª , 2ª entre as Sub23. Asi pois bo balance

Calsificacions completas:
http://www.rfec.com/sites/rfec.com/files/CX%20Les%20Franqueses%202015.%20Clasificaciones_0.pdf

9 nov 2015

IVAN FEIJOO VENCE NA COPA DE ESPAÑA JUNIOR DE CX EN ELORRIO E SITUASE LIDER DA XERAL. CARLOS CANAL 3º EN CADETES





Ivan Feijoo sumaba en Elorrio, a sua segunda victoria nesta Copa de España en Juniors , que lle valia ademais para situarse como lider da xeral junior. Ivan vencia con autoridade, en Elorrio, nun circuito , que este ano estaba totalmente seco, a diferencia de outros anos. Ademais de Ivan , tanto Roman como Abel voltaban a estar a un gran nivel, sendo Roman 7º de novo e Abel 15º , despois de sufrir un pinchazo, o que lle valia os tres para levarse a clasificacion por equipos junior. Carlos Canal voltaba a subir a un podium e era 3º en Cadetes. Asi pois de novo extraordinaria actuacion nunha proba de maximo nivel.

Clasificacions completas:
http://www.rfec.com/sites/rfec.com/files/CX%20Elorrio%202015.%20Clasificaciones.pdf

IVAN FEIJOO 3º EN JUNIORS E CARLOS CANAL 3º CADETES NA COPA DE ESPAÑA DE AMETZGA




Nunha maña de sol e calor, extraño para esta epoca do ano, disputouse na localidade alavesa de Ametzaga, a 3ª proba puntuable para a Copa de España de Ciclocross . De novo destacada actuacion da canteira do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MMR , tanto en cadetes como en junior. Asi en Cadetes, Carlos Canal se estrenaba nun podium a nivel estatal , sendo 3º , nunha carreira intensa e emocionate que se decidiu na ultima volta. En juniors, Ivan Feijoo , tamen era 3º, nunha carreira na que lle tocou remontar despois de verse involucrado nunha caida na saida. Extraodinaria tamen eran as carreiras de Roman Saa 7º e Abel Franco 11º en juniors. En Feminas cadete, Antia Martinez era 5ª.

Clasificacions completas:
http://www.rfec.com/sites/rfec.com/files/CX%20Amezaga%202015.%20Clasificaciones.pdf

3 nov 2015

IVAN FEIJOO VENCE EN JUNIORS NA COPA DE ESPAÑA DE MUSKIZ


Ivan Feijoo acadaba este fin de seman , a sua primeira victoria como junior, e mais nunha cita importante como e a Copa de España de Ciclocross, na localicade de Muskiz, onde xa tiña vencido como cadete o ano pasado. Ivan lograba unha importante victoria ,superando ao actual campion de España Junior, Jokin Alberdi, nunha carreira moi intensa e emocionante. Ivan deste xeito se situa como 2º na xeral do Copa de España  Junior. Roman Saa era o 21º. na mentras que Abel Franco, victima dunha caida e despois de ter que dar casi toda a volta ao circuito ca bici a costas, ata chegar a boxes, era finalmente o 40º en juniors.
En Cadetes, tampouco tiña moita sorte Carlos Canal, que rompia a cadea, moi lonxe de boxes, cando marchaba , 3º, e finalmente era o 44º , na mentras que Hugo Vazquez era o 29º. En Feminas Cadete , Antia Martinez era 6ª, Xiana Conde era 13º , 5ª entre as Sub23 , na carreira de feminas Elite.

Clasificacions completas:
http://www.rfec.com/sites/rfec.com/files/CX%20Muskiz%202015.%20Clasificaciones.pdf

IVAN FEIJOO 3º NA COPA DE ESPAÑA DE CICLOCROSS DE LAUDIO



Este fin de seman comezaba en Euskadi a Copa de España de Ciclocross coa dobre cita en Laudio , o sabado e o domingo en Muskiz. O sábado, o mais destacado era o 3º posto de Ivan Feijoo en Juniors, nunha carreira, na que a persares dunha caida , sin maiores consecuencia, era quen de reporse e loitar polo podium entrando en meta como 3º. Grande tamen era a carreira doutro dos junior, Roman Saa , que pelexaba por entrar no top ten, e o final era 12º .Abel Franco era 25º nunha carreira con varios problemas.  En Cadetes , Carlos Canal, era 12º , na mentras que Hugo Vazquez era o 25º.
En Feminas Cadete, Antia Martinez , era a 7ª e en feminas Elite era a 17º (6ª Sub23)

Clasificacions completas
http://www.rfec.com/sites/rfec.com/files/CX%20Laudio%202015.%20Clasificaciones.pdf